Este sitio web utiliza Cookies propias y de terceros de análisis para recopilar información con la finalidad de mejorar nuestros servicios, así como para el análisis de su navegación. Si continua navegando, supone la aceptación de la instalación de las mismas. El usuario tiene la posibilidad de configurar su navegador pudiendo, si así lo desea, impedir que sean instaladas en su disco duro, aunque deberá tener en cuenta que dicha acción podrá ocasionar dificultades de navegación de la página web.

[ACEPTAR]      [CÓMO CONFIGURAR]
DETALLE DE LA SUBVENCIÓN

Axudas autonómicas para a paralización definitiva de buques pesqueiros (CONVOCATORIA CERRADA)

24 ene
2015
Axudas autonómicas para a paralización definitiva de buques pesqueiros (CONVOCATORIA CERRADA)

 

DATOS SOLICITUDE:

Prazo de presentación : 22/01/2015 - 21/02/2015.  

Un mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.  

Prazo de resolución :  Sete meses 

Sentido do silencio administrativo : Negativo 

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas á paralización definitiva das actividades de pesca de buques pesqueiros, de conformidade co disposto no artigo 23 do Regulamento
(CE) 1198/2006 do Consello, do 27 de xullo de 2006, relativo ao Fondo Europeo de Pesca, así como proceder á súa convocatoria para o exercicio 2015.

A finalidade das axudas reguladas nesta orde é adecuar a capacidade pesqueira da frota coa dispoñibilidade dos recursos mariños mediante a redución do esforzo pesqueiro e, lograr así un equilibrio sustentable que asegure que a pesca siga sendo unha actividade de desenvolvemento económico para esta comunidade.

A paralización definitiva poderase materializar por despezamento, asignación definitiva a tarefas non pesqueiras ou reconversión en arrecifes artificiais.


BENEFICIARIOS:

Os propietarios de buques pesqueiros da 3º lista do Rexistro de Matrícula de Buques, excepto os incluídos no Plan de xestión integral da pesca de baixura no caladoiro nacional do Cantábrico-Noroeste.

Os beneficiarios deberán cumprir as seguintes obrigas:
a) Executar as actuacións obxecto da subvención dentro do prazo conferido para o efecto, e con cumprimento das condicións establecidas na respectiva resolución de concesión e demais normativa de aplicación.
b) Someterse ás actuacións de comprobación que poida efectuar o órgano concedente ou calquera outra comprobación ou control financeiro que poidan realizar a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas ou calquera outro órgano de control competente, tanto nacional como comunitario, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
c) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos durante un mínimo de cinco anos desde a percepción do último pagamento, para os efectos de comprobación e control.
d) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable específico en relación con todas as transaccións relacionadas coa subvención que permita seguir a pista de auditoría.
e) Comunicarlle á Consellería do Medio Rural e do Mar a obtención doutras subvencións e axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente, tanto públicos como privados.
f) Comunicarlle á Consellería do Medio Rural e do Mar calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución dos fins para os cales foi concedida a axuda.
g) Acreditar, mediante declaración responsable, que non teñen pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións.
h) Acreditar con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión que se encontran ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
i) Dar a adecuada publicidade ao carácter público do financiamento do investimento realizado, con expresa mención á participación do Fondo Europeo de Pesca, nos termos regulamentariamente establecidos.
l) No caso das frotas que teñan dereitos de pesca asignados de xeito individual, o propietario do buque que se vaia paralizar deberá comprometerse a traspasar o 100% dos dereitos de pesca a buques con porto base en Galicia ou a buques de empresas que teñan o seu domicilio fiscal en Galicia. A permanencia do receptor na nosa Comunidade Autónoma (porto base ou domicilio fiscal) terá que ser por un tempo de 5 anos desde que se realice a transferencia de dereitos. O seu incumprimento implicará o reintegro prorrata temporis da axuda. Para este efecto para proceder ao pagamento cubrirase o anexo VI desta orde.
m) Con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión da axuda, o buque debe estar de alta no Censo de frota pesqueira operativa e no Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia.


REQUISITOS:

a) O buque ten que ter unha antigüidade mínima de dez anos, ter o seu porto base na Comunidade Autónoma de Galicia e estar de alta no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia e no Censo de Frota Pesqueira Operativa.
b) O buque deberá ter unha actividade pesqueira mínima de 90 días de pesca en cada un dos dous períodos de doce meses anteriores á data de solicitude de paralización definitiva ou 120 días de pesca nos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude de paralización definitiva. O órgano xestor das axudas comprobará o cumprimento dos días de actividade pesqueira mediante a consulta dos datos do Centro de Seguimento de Pesca español para buques que dispoñan do dispositivo de localización caixa azul. Se o buque non dispón deste dispositivo, a comprobación realizarase mediante a consulta dos datos dos rexistros oficiais de vendas. Tamén se poderán consultar outros medios que, a xuízo do dito órgano, acrediten suficientemente a actividade pesqueira.
c) O buque non deberá estar achegado como baixa para unha nova construción ou modernización.
d) O buque ten que estar incluído nun plan do axuste do esforzo pesqueiro segundo o artigo 21, letra a) do Regulamento (CE) nº 1198/2006, relativo ao Fondo Europeo de Pesca.
Se ao longo do exercicio orzamentario se aprobasen novos plans de axuste do esforzo pesqueiro, e existise crédito orzamentario abondo, poderase abrir un novo prazo de presentación de solicitudes para as embarcacións que estean afectadas polos ditos plans.
e) Que ao solicitar a axuda o buque estea libre de cargas e gravames, salvo que a súa cancelación estea suficientemente garantida ou se presente autorización para solicitar esta axuda, expresa e non sometida a condicións, emitida pola entidade crediticia ou pola persoa física ou xurídica titular do dereito garantido.
f) O buque deberá estar en condicións de navegar e realizar a actividade pesqueira nas condicións que exixe a normativa en vigor.
g) Ademais dos anteriores requisitos, deberán cumprirse as condicións recollidas no artigo 23 do Regulamento (CE) 1198/2006 do Consello, d 27 de xullo de 2006, relativo ao Fondo Europeo de Pesca e no programa operativo para o sector pesqueiro español.

Non poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Os solicitantes da axuda, antes de que se dite a proposta de resolución, deben estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

DOCUMENTACIÓN:

•A solicitude e demais anexos normalizados está formada por: ◦Anexo I desta orde relativo ao modelo de solicitude de axuda.
◦Anexo IV de compromiso de retirada da actividade pesqueira.
◦Anexo V, de relación de pescadores que formen parte da tripulación do buque obxecto da solicitude de paralización cos NIF e número de afiliación no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar, no momento da solicitude da axuda, xunto coa fotocopia compulsada da inscrición dos tripulantes no rol de dotación do buque. No suposto de que no momento da convocatoria das axudas o buque estivese pescando en caladoiros afastados, presentarase certificación da capitanía marítima coa relación da tripulación enrolada a bordo.
◦Só no caso de que o solicitante sexa una pluralidade de persoas físicas: ◾Anexo III.
◾Anexo VIII (compromiso de execución e de non disolución da agrupación ata que transcorran catro anos desde a concesión da axuda).


•A documentación complementaria está formada por: ◦Se o solicitante é a persoa física propietaria do buque: ◾Copia cotexada do DNI só no caso de non autorización ao órgano xestor para comprobar os datos de identidade mediante consulta ao Sistema de verificación de datos segundo o Decreto 255/2008, do 23 de outubro de 2008 (DOG nº 221, do 13 de novembro de 2008), e Orde do 7 de xullo de 2009 (DOG nº 134, do 10 de xullo de 2009).

◦Se o solicitante é unha persoa xurídica: ◾Copia cotexada da tarxeta de identificación fiscal.
◾Certificación rexistral actualizada en que figure a constitución da sociedade e os estatutos vixentes.
◾Poder suficiente do representante no caso de que tal poder non figure nos estatutos.
◾Copia cotexada do DNI do representante só no caso de non autorización do representante ao órgano xestor para comprobar os datos de identidade mediante consulta no Sistema de verificación de datos segundo o Decreto 255/2008, do 23 de outubro (DOG nº 221, do 13 de novembro), e Orde do 7 de xullo de 2009 (DOG nº 134,
do 10 de xullo).

◦Se os solicitantes son unha pluralidade de persoas, deberán presentar: ◾Acordo de nomeamento de representante ou apoderado para os efectos da axuda asinado por todos.
◾Copia cotexada do DNI de cada un dos propietarios da embarcación só no caso de non cubrir no anexo III a autorización ao órgano xestor para comprobar os datos de identidade mediante consulta ao Sistema de verificación de datos segundo o Decreto 255/2008, do 23 de outubro (DOG nº 221, do 13 de novembro) e Orde do 7 de xullo de 2009 (DOG nº 134, do 10 de xullo).
◾CIF da comunidade de bens ou sociedade civil.
◾Copia cotexada da escritura de constitución e a porcentaxe de participación de cada un dos seus membros, só no caso de non presentar o anexo III. En calquera caso deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación.

◦Se a paralización se vai materializar mediante asignación definitiva a actividades non relacionadas coa pesca: ◾Memoria explicativa do destino do buque.
◾Estatutos da entidade a que se transfira a propiedade do buque.

◦Outra documentación: ◾Se o buque está en réxime de gananciais, autorización do cónxuxe ou parella de feito para a presentación do buque ás axudas de paralización definitiva.
◾Certificación do Rexistro de Bens Mobles, Sección de Buques, en que conste a titularidade e o estado de cargas ou gravames do barco.
◾Para o caso de que no certificado da alínea anterior consten cargas ou gravames, autorización para solicitar a axuda, expresa e non sometida a condicións, emitida pola entidade crediticia ou pola persoa física ou xurídica titular do dereito garantido.
◾Certificación de despachos, expedida pola Capitanía Marítima correspondente, acreditativa de que o buque foi despachado para a actividade pesqueira.
◾Copia certificada e actualizada da folla de asento do buque.
◾No caso de que o buque estea afectado polo establecido no artigo 11, punto 2, letra d), o solicitante da axuda deberá indicar nun documento o convenio ou acordo a que fai referencia o dito artigo e achegar certificación acreditativa deste feito, expedida pola entidade correspondente.


•A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
•Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
•A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
•As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
•No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Asemar, asesoría de empresas en Vilagarcía de Arousa relacionadas relacionadas con la pesca, el marisqueo, y la acuicultura. Asemar ofrece a sus clientes un asesoramiento especializado y diferenciado, que les permite la obtención de los mejores resultados dentro del ámbito de sus negocios. Informamos de las ultimas subvenciones, noticias de interes y de los cambios importantes en la legislación en lo que al sector del mar se refiere para ayudar a nuestros clientes en el desarollo de su actividad.