Este sitio web utiliza Cookies propias y de terceros de análisis para recopilar información con la finalidad de mejorar nuestros servicios, así como para el análisis de su navegación. Si continua navegando, supone la aceptación de la instalación de las mismas. El usuario tiene la posibilidad de configurar su navegador pudiendo, si así lo desea, impedir que sean instaladas en su disco duro, aunque deberá tener en cuenta que dicha acción podrá ocasionar dificultades de navegación de la página web.

[ACEPTAR]      [CÓMO CONFIGURAR]
DETALLE DE LA SUBVENCIÓN

Axudas a proxectos colectivos de acondicionamento mariño e rexeneración . (CERRADA)

14 feb
2015
Axudas a proxectos colectivos de acondicionamento mariño e rexeneración . (CERRADA)

Datos solicitude.

Prazo de presentación : 14/02/2015 - 13/03/2015.

Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución : Cinco meses

Sentido do silencio administrativo : Negativo

Esta orde ten por obxecto fixar o importe máximo, para o ano 2015, da convocatoria,para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos de acondicionamento mariño e rexeneración, financiados polo FEP, que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e que contribúan de forma sustentable a mellorar a xestión e conservación dos recursos mariños vivos.

Con vixencia exclusiva para a convocatoria do ano 2015 serán subvencionables os gastos realizados entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 31 de outubro de 2015.

As bases reguladoras desta convocatoria serán as fixadas pola Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar, do 30 de decembro de 2013 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro de 2014).

Proxectos obxecto de subvención
1. Poderán ser obxecto de subvención, de conformidade con esta orde, as accións colectivas que se desenvolvan na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan por obxecto contribuír de forma sustentable a mellorar a xestión ou conservación dos recursos, mediante o acondicionamento e rexeneración para a mellora da produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción.
2. Non serán obxecto de subvención as accións que resulten financiables segundo outras liñas de axudas convocadas pola Consellería do Medio Rural e do Mar nin os labores habituais de mantemento dos bancos propios da actividade marisqueira ordinaria.
3. En función dos resultados acadados e das dispoñibilidades orzamentarias, para os sucesivos períodos de convocatoria poderase engadir ou modificar algún dos proxectos incluídos no artigo 6.1 da Orde do 30 de decembro de 2013.

Poderán concederse subvencións para os seguintes gastos, sempre que sexan necesarios para a execución dos proxectos referidos no artigo anterior:

a) Os de contratación de empresas, profesionais ou entidades prestadoras de servizos.

b) Os de adquisición de equipamento e material necesario para desenvolver as accións.

c) Os de adquisición de semente de moluscos, coas seguintes condicións:
- Cando se trate de semente de ameixa procedente de posta inducida, esta non deberá ser maior de 18 mm.
- A ameixa procedente de bancos marisqueiros só se admitirá cando se trate de bancos catalogados como C, e por causas excepcionais suficientemente acreditadas. Non deberá ser maior de 35 mm no caso de ameixa fina ou xaponesa, ou de 30 mm no caso de ameixa babosa. Deberá garantirse unha permanencia no banco de destino de, polo menos, dous meses, ou prazo maior que se estableza na resolución.
- Non se aplicarán as anteriores limitacións no caso de sementeiras para rexeneración de bancos que sufrisen mortalidade masiva, suficientemente acreditada, pero non poderá comercializarse antes do prazo dun ano desde a sementeira.
- En calquera caso, requirirase permiso de inmersión segundo o establecido no Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños.

d) Os de redacción de proxecto técnico cando este resulte exixible pola normativa aplicable e sempre que a actuación a que se refira resulte subvencionable.

Non serán subvencionables os gastos relativos a:
a) Alugamentos.
b) Adquisición de terreos e inmobles.
c) Adquisición de material, mobiliario e equipamento de oficina.
d) Adquisición de vestiario e equipamento persoal.
e) Aparellos e materiais de pesca e marisqueo.
f) Gastos de funcionamento, mantemento e conservación dos bens e equipamentos.
g) Gastos de manutención, desprazamento de persoas e representación.
h) IVE, agás nos casos en que se achegue certificado expreso do Ministerio de Facenda na porcentaxe non recuperable del.
i) Modernización ou acondicionamento de maquinaria, instalacións, locais, equipamentos, elementos auxiliares ou calquera outro tipo de ben, comprendidos en proxectos de investimento cuxo financiamento se realizase con axudas públicas, durante os cinco anos inmediatamente anteriores á solicitude.

Beneficiarios:

Poderán ser beneficiarias das subvencións as entidades do sector pesqueiro, sempre que desenvolvan as súas actividades profesionais no sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola e teñan a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.

Estas entidades son as confrarías de pescadores, as organizacións de produtores, as cooperativas do mar, as asociacións de profesionais do sector, e as demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector.

Os beneficiarios deberán:
a) Realizar as actividades para as cales se conceda subvención nos termos e prazos indicados na resolución de concesión e no proxecto que lles sirva de base.
b) Acreditar, mediante declaración responsable, que non teñen pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións.
c) Acreditar, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, que se encontran ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
d) No caso de proxectos conxuntos, ratificar ante o órgano de xestión o acordo de colaboración para a execución do proxecto, unha vez notificada a concesión da axuda.
e) Comunicar ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución ou a consecución dos fins para que foi concedida a axuda de que se trate.
f) Facilitar toda a información que lles sexa requirida en relación ás subvencións e someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar a entidade concedente, así como aos órganos de fiscalización e control da Comunidade Autónoma, da Administración xeral do Estado e da Unión Europea.
g) Facer constar expresamente a participación financeira do FEP en todas as actividades de difusión ou promoción relacionadas coa actividade subvencionada.
h) Destinar os bens subvencionados ao fin concreto para o cal se conceda a subvención durante un período mínimo de cinco anos. Durante este período, se o beneficiario pretender o cambio de destino do ben subvencionado, o seu alleamento, gravames ou substitución por outro ben análogo, deberá solicitar autorización á Consellería do Medio Rural e do Mar.
i) Manter os investimentos e conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos durante un mínimo de cinco anos desde a percepción do último pagamento, para os efectos de comprobación e control.
j) Informar o público sobre a axuda obtida, de conformidade cos artigos 32 e 33 do Regulamento (CE) nº 498/2007 e co artigo 15 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
k) Manter un sistema de contabilidade separado que permita coñecer as transaccións relacionadas coa operación que se subvenciona, co obxecto de facilitar a pista de auditoría, de acordo co artigo 59.d) do Regulamento do FEP.

Requisitos:

Non poderán obter a condición de beneficiario aquelas entidades en que concorra algunha das circunstancias sinaladas no artigo 10, parágrafos 2º e 3º, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

As entidades sinaladas no parágrafo primeiro deste artigo poderán concorrer de xeito individual ou conxuntamente, como unha agrupación de entidades. Neste último caso, deberán facer constar expresamente na solicitude que compromisos corresponderán a cada unha delas na execución das accións, así como o importe da subvención solicitada que corresponderá a cada unha delas. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, que será unha das entidades solicitantes, con poder bastante para cumprir as obrigas que como beneficiaria corresponden á agrupación. Os compromisos de participación conxunta, así como o nomeamento de apoderado, deberán ratificarse mediante documento outorgado ante o órgano de xestión unha vez notificada a concesión da axuda.

No caso de incumprimento por parte dunha agrupación de entidades, consideraranse responsables todos os beneficiarios integrados nela, en relación coas actividades subvencionadas que se comprometesen a realizar, ou solidariamente cando non sexa posible determinar o alcance das obrigas correspondentes a cada un deles.

A agrupación non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, segundo establece o artigo 8 desta lei.

 

Documentación

  • As solicitudes virán asinadas polo representante legal da entidade solicitante; se son formuladas por varias entidades conxuntamente, deberán vir asinadas polo representante legal da entidade que exerza a representación de todas elas.
  • Coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación, acompañada dun índice e ordenada segundo se indica:
    • a) Documentación acreditativa da personalidade:
      • a.1) Certificación do órgano competente en que se acredite o desempeño actual do cargo por parte do asinante e se especifique o acordo polo que se concede a este autorización para formalizar a solicitude. Se actuar en virtude de atribucións fixadas nos estatutos, indicarase así na solicitude, citando a disposición que recolle a competencia.
      • a.2) Ademais, se o solicitante non é unha confraría de pescadores ou unha federación de confrarías, copia dos seus estatutos. Non será necesario achegar este documento cando xa conste nos arquivos da Consellería do Medio Rural e do Mar por telo presentado nun procedemento administrativo nos últimos cinco anos. Neste caso, deberá indicarse o procedemento, a data de presentación e o órgano ante o cal se presentou.
    • b) Antecedentes:
      • b.1) Memoria descritiva do historial produtivo da entidade solicitante nos últimos cinco anos, con especial referencia aos bancos, zonas de produción ou especies obxectivo a que se dirixa o proxecto.
      • b.2) Memoria descritiva das accións emprendidas pola entidade solicitante nos últimos cinco anos dirixidas á mellora da xestión ou da produtividade das zonas explotadas, indicando o custo de cada unha delas e o grao de consecución dos obxectivos esperados.
    • c) Proxecto para o cal se solicita a subvención, que deberá conter, polo menos:
      • c.1) Explicación das necesidades que se pretende cubrir e obxectivos perseguidos.
      • c.2) Descrición das accións que se pretende emprender, calendario de realización e melloras esperadas con cada unha delas. No caso de que o proxecto poida desenvolverse por fases susceptibles de produciren efectos independentes, farase constar de xeito expreso e describirase cada unha delas independentemente.
      • c.3) De ser o caso, plano de localización das accións previstas.
    • d) Orzamento detallado de cada unha das accións propostas, en que o IVE deberá vir separado, segundo o anexo II e acompañado da documentación xustificativa (orzamentos, contratos, facturas pro forma, etc.) dos custos incluídos nese anexo II. Se é o caso, tamén se deberá acreditar a petición de 3 ofertas e a xustificación da seleccionada, de acordo co indicado no artigo 7.3 da orde de bases reguladoras xerais.
    • e) No caso de solicitudes conxuntas, declaración responsable sobre as fontes de financiamento previstas para cada unha das accións (recursos propios, préstamos, outras axudas...) conforme o anexo III.
    • f.)Copia de concesións, autorizacións, permisos ou licenzas, segundo o caso, ou da súa solicitude, necesarias para levar a cabo os investimentos previstos e a súa posterior posta en produción ou a solicitude de obtención destes.
    • g) No caso de denegarse expresamente a obtención polo órgano xestor, certificación de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e de non ter débedas por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma galega.
    • h) No caso de solicitudes conxuntas, declaración responsable de non estar incurso en prohibición para obter a condición de beneficiario de subvencións conforme o anexo IV.
    • i) No caso de solicitudes formuladas conxuntamente engadirase:
      • i.1) Un acordo de nomeamento do representante ou apoderado único para os efectos da subvención, asinado polos representantes de todas as entidades solicitantes.
      • i.2) A distribución dos compromisos que corresponda executar a cada un dos solicitantes, así como o importe da subvención solicitada para cada un deles.
  • No caso de solicitudes formuladas conxuntamente, deberá incluírse a documentación das alíneas a), b), e), g ) e h) anteriores por cada un dos solicitantes.
  • A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

    Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario principal, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

    No caso de que algún dos documentos que presente a persoa solicitante de forma electrónica supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

    Na sede electrónica encóntranse publicados os formatos admitidos para a documentación que se debe presentar. Se o solicitante desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a través de calquera dos rexistros habilitados e a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
  • A documentación sinalada nas alíneas c.2), d), i.1) e i.2) do número 3, xunto cos anexos do formulario de solicitude, considerarase mínimo imprescindible para a tramitación das solicitudes, de xeito que non serán admitidas aquelas en que se aprecie a ausencia dalgún destes documentos e, neste caso, o expediente arquivarase sen máis trámite.
  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

    Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expirará o último día do mes.

 

Asemar, asesoría de empresas en Vilagarcía de Arousa relacionadas relacionadas con la pesca, el marisqueo, y la acuicultura. Asemar ofrece a sus clientes un asesoramiento especializado y diferenciado, que les permite la obtención de los mejores resultados dentro del ámbito de sus negocios. Informamos de las ultimas subvenciones, noticias de interes y de los cambios importantes en la legislación en lo que al sector del mar se refiere para ayudar a nuestros clientes en el desarollo de su actividad.