Este sitio web utiliza Cookies propias y de terceros de análisis para recopilar información con la finalidad de mejorar nuestros servicios, así como para el análisis de su navegación. Si continua navegando, supone la aceptación de la instalación de las mismas. El usuario tiene la posibilidad de configurar su navegador pudiendo, si así lo desea, impedir que sean instaladas en su disco duro, aunque deberá tener en cuenta que dicha acción podrá ocasionar dificultades de navegación de la página web.

[ACEPTAR]      [CÓMO CONFIGURAR]
DETALLE DE LA SUBVENCIÓN

AYUDAS ACUICULTURA 2016 (CERRADA)

29 sep
2016
AYUDAS ACUICULTURA 2016 (CERRADA)

Orde do 13 de setembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para investimentos produtivos en acuicultura cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 186 do 29 de setembro de 2016).
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas á realización das actuacións que a continuación se detallan, co fin de fomentar unha acuicultura sustentable desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva:
a) Investimentos produtivos na acuicultura.
b) Diversificar a produción acuícola e as especies cultivadas.
c) Modernizar os centros acuícolas.
d) Melloras e modernización relacionadas coa saúde e o benestar dos animais, incluída a adquisición de equipamentos destinados a protexer as explotacións dos predadores salvaxes.
e) Investimentos na mellora da calidade do produto acuícola ou para incrementar o seu valor.
f) Recuperar estanques ou lagoas acuícolas existentes mediante a eliminación do lodo ou investimentos para previr os depósitos de lodo.
g) Diversificar os ingresos das empresas acuícolas mediante o desenvolvemento de actividades complementarias.

Beneficiarios:

As empresas acuícolas.

Requisitos:

a) Non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións nin sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira.

b) Non concorrer nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Non ter cometido infracción grave:
- Da política pesqueira común definida como tal en actos lexislativos do Parlamento Europeo e do Consello;
- Do Regulamento (UE) nº 1005/2008, do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) nº 1224/2009, do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control; durante os 12 meses anteriores á data da presentación de solicitudes, se o operador ten nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) nº 404/2011. Cada punto de infracción acumulado que se engada aos nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) nº 404/2011 suporá un mes adicional de inadmisibilidade da axuda por punto acumulado.

d) No marco do FEP ou FEMP, non ter sido declarado culpable de cometer fraude, segundo a definición do artigo 1 do convenio relativo á protección dos intereses financeiros das Comunidades Europeas (DOUE serie C 316, do 27.11.1995).

e) Non estar nin ter estado nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ou de buques que nin estean nin estivesen nos últimos 12 meses enarborando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes ao abeiro do Regulamento (CE) nº 1005/2008, do Consello, do 29 de setembro, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.

f) Non ser unha empresa en crise de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise (2004/C244/02).

g) Non ter cometido ningún dos delitos establecidos nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE, con carácter xeral serán inadmisibles as solicitudes presentadas por un operador que cometese un dos delitos recollidos no artigo 3 durante un período de 12 ou 24 meses en función de se foi cometido por neglixencia grave ou con dolo. No caso de delitos recollidos no artigo 4 da citada directiva, o período de inadmisibilidade será, con carácter xeral, de 24 meses.

h) Para os titulares de concesións na zona marítima e na marítimo-terrestre, ter unha produción declarada, nos tres anos anteriores á convocatoria, que supere o 50 % da media da produción do polígono ou zona en que se encontra situada.

i) Estar en posesión dun seguro de responsabilidade civil que garanta posibles danos a terceiros, agresións ao ambiente ou perdas por circunstancias extraordinarias nas propias instalacións.

j) Estar en posesión das preceptivas concesións, autorizacións, permisos ou licenzas para levar a cabo os investimentos previstos ou ter presentadas as solicitudes destas. En todo caso, os documentos presentados para a solicitude da subvención deberán ser copias fidedignas dos presentados para a obtención dos permisos.

k) Acreditar, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

As posibles beneficiarias, ao formalizaren a súa solicitude, someteranse voluntariamente ao cumprimento das condicións que se establezan para as axudas en materia de acuicultura tanto para o pagamento das subvencións como para a concesión e demais requisitos exixibles pola normativa vixente que sexa de aplicación.

DOCUMENTACIÓN

•Solicitude segundo o Anexo I.
•Anexo II. Declaración de non inicio do investimento, se é o caso.
•Anexo III. Formulario do investimento.
•Anexo IV. Pluralidade de persoas físicas, se é o caso.
•Anexo V. Relación de ofertas solicitadas e elixidas, se é o caso.
•Anexo VI. Declaración de empresas asociadas e vinculadas, se é o caso.
•Documentación complementaria:
•1. Documentación xurídico-administrativa da entidade solicitante: ◦1.1. Para persoas xurídicas: ◾Copia do DNI da persoa representante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
◾Plan de financiamento do proxecto: información detallada do financiamento do proxecto e achegar a documentación económico-financeira que acredite a disposición dos recursos necesarios para realizar o proxecto:
- Recursos propios: ampliación de capital e certificados bancarios actualizados das contas do solicitante onde consten os fondos propios dispoñibles para realizar o investimento.
- Recursos alleos: préstamos de entidades de crédito.
◾Estudo e análise de viabilidade económico-financeira do proxecto (proxección a 5 anos) e explicación detallada da súa evolución: balance de situación, conta de perdas e ganancias, estado de fluxos de efectivo, plan de investimentos e cadros de amortización, previsións de ingresos e gastos, diferenciando gastos fixos de variables, previsións de resultados, evolución do activo circulante e a súa rotación, previsións de entradas e saídas de tesourería, estado de orixe e aplicación de fondos, cash-flow, ratios económico-financeiras, ratios de rendibilidade, análise de custos e cálculo do punto de equilibrio ou limiar de rendibilidade, cálculo do VAN, TIR, prazo de recuperación do investimento e apancamento operativo e financeiro.
◾Copia do NIF da entidade solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
◾Certificación rexistral actualizada dos estatutos sociais e da escritura de constitución.
◾Copia do poder de representación da persoa que asina a solicitude en caso de que tal poder non figure na certificación rexistral.
◾Certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais depositadas no último exercicio económico pechado, incluíndo informe de auditoría, se é o caso.
◾Imposto de sociedades do último exercicio económico pechado en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación.
◾Declaración resumo anual do IVE do último exercicio económico pechado e das liquidacións trimestrais ou mensuais dispoñibles do exercicio en curso en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, se é o caso.
◾No caso de existir grupo empresarial, achegar certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais consolidadas depositadas no último exercicio económico pechado, incluíndo informe de auditoría, se é o caso.
◾Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias.
◾Co fin de aplicar o criterio de valoración establecido no artigo 16.C) I d., informe de vida laboral dos últimos 3 anos (2013, 2014 e 2015).

◦1.2. Para persoas físicas: ◾Copia do DNI da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
◾Plan de financiamento do proxecto: información detallada do financiamento do proxecto e achegar a disposición de recursos necesarios para realizar o proxecto:
- Certificados bancarios actualizados das contas bancarias da persoa solicitante onde consten os fondos propios dispoñibles para realizar o investimento e tamén os recursos alleos (préstamos de entidades de crédito).
◾Estudo e análise de viabilidade económico-financeira do proxecto (proxección a 5 anos) e explicación detallada da súa evolución: balance de situación, conta de perdas e ganancias, plan de investimentos e cadros de amortización, previsións de ingresos e gastos, ratios de rendibilidade, prazo de recuperación do investimento. Malia o anterior, dependendo do tipo de proxecto que se solicite, pode ser necesario que a Administración requira máis información para determinar que a viabilidade económica da operación estea garantida.
◾Declaración da renda dos últimos tres anos da persoa solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
◾Declaración resumo anual do IVE do último exercicio económico pechado e das liquidacións trimestrais ou mensuais dispoñibles do exercicio en curso en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, se é o caso.
◾Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias.
◾Informe de riscos expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España.
◾Co fin de aplicar o criterio de valoración establecido no artigo 16.C) I d., informe de vida laboral dos últimos 3 anos (2013, 2014 e 2015).

◦1.3 Se a solicitude corresponde a unha pluralidade de persoas: ◾Copia do DNI de cada persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta (anexo IV).
◾Plan de financiamento do proxecto: información detallada do financiamento do proxecto e achegar a disposición de recursos necesarios para realizar o proxecto: certificados bancarios actualizados das contas bancarias de cada persoa solicitante onde consten os fondos propios dispoñibles para realizar o investimento e tamén dos recursos alleos (préstamos de entidades de crédito).
◾Estudo e análise de viabilidade económico-financeira do proxecto (proxección a 5 anos) e explicación detallada da súa evolución: balance de situación, conta de perdas e ganancias, plan de investimentos e cadros de amortización, previsións de ingresos e gastos, ratios de rendibilidade, prazo de recuperación do investimento. Malia o anterior, dependendo do tipo de proxecto que se solicite, pode ser necesario que a Administración requira máis información para determinar que a viabilidade económica da operación estea garantida.
◾A conta bancaria sinalada neste anexo deberá estar a nome de todas as persoas solicitantes. En caso contrario, deberase achegar documento asinado por todas as persoas solicitantes, conforme non existe inconveniente en que segue a axuda a esa conta.
◾Declaración da renda dos últimos 3 anos, de cada persoa solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
◾Declaración resumo anual do IVE do último exercicio económico pechado e das liquidacións trimestrais ou mensuais dispoñibles do exercicio en curso en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, de cada solicitante, se é o caso.
◾Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias, de cada solicitante.
◾Informe de riscos expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España, de cada solicitante.
◾Co fin de aplicar o criterio de valoración establecido no artigo 16.C) I d., informe de vida laboral dos últimos 3 anos (2013, 2014 e 2015).


•2. Declaración doutras axudas solicitadas (incluíndo préstamos subvencionados), concedidas ou que se pretendan solicitar a calquera outra Administración pública, destinadas a subvencionar total ou parcialmente o proxecto para o cal se solicita a subvención. Esta declaración está incluída neste anexo de declaracións do solicitante. Deberá achegarse a resolución da axuda, de ser o caso.
•3. Facturas ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamento detallado de gastos previstos para a realización de cada unha das actividades ou adquisicións para as cales se solicita subvención. Cando o importe do gasto unitario supere a contía de 50.000 euros no caso de execución de obras, ou de 18.000 euros, no caso de subministración de bens ou servizos, o beneficiario deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
•4. Certificacións emitidas polos organismos competentes acreditativas de que cada persoa solicitante estea ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
•5. As persoas empresarias que estean entrando no sector deberán presentar un plan empresarial que inclúa unha avaliación do impacto ambiental e, cando o custo dos investimentos sexa superior a 50.000 euros, un estudo de viabilidade. As axudas previstas en materia de acuicultura só se concederán cando se demostre claramente, mediante un informe independente de comercialización, que existen boas perspectivas de comercialización ssustentable para o produto.
•6. Seguro de responsabilidade que garanta posibles danos a terceiros, agresións ao ambiente ou perdas por circunstancias extraordinarias nas propias instalacións.
•7. No caso de que a axuda se solicitase para a execución de obra civil ou instalacións, presentaranse as facturas pro forma ou orzamentos da empresa construtora ou instaladora, desagregadas por unidades de obra.
•8. No caso de que a axuda se solicitase para investimentos en maquinaria, deberá achegarse o catálogo do provedor e detallarse a marca e o modelo sempre que sexa posible.
•9. Proxecto técnico visado de forma oficial en caso necesario, de acordo coa normativa sectorial que sexa de aplicación, e asinado por técnico competente. Deberase xuntar tamén en soporte informático: formato jpg ou pdf e deberán ser os mesmos que os presentados para a obtención dos permisos sinalados no parágrafo que segue, se é o caso.
•10. Se a realización do investimento require autorización, concesión, permisos ou licenzas para levar a cabo os investimentos previstos, deberá achegar o documento que acredita estar en posesión dela ou solicitude de telo presentado.
•As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365
(https://sede.xunta.es/chave365).


•Tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.


•A documentación complementaria poderá presentarse electrónicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
•A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel (en orixinal e unha copia simple) en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
•As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
•Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
•No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación destes de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, os protocolos e o tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
•A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
•No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último do mes.

Datos solicitude

Prazo de presentación : 30/09/2016 - 29/10/2016.  

Un mes. contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.  

Prazo de resolución :  Tres meses 

Sentido do silencio administrativo : Negativo

Asemar, asesoría de empresas en Vilagarcía de Arousa relacionadas relacionadas con la pesca, el marisqueo, y la acuicultura. Asemar ofrece a sus clientes un asesoramiento especializado y diferenciado, que les permite la obtención de los mejores resultados dentro del ámbito de sus negocios. Informamos de las ultimas subvenciones, noticias de interes y de los cambios importantes en la legislación en lo que al sector del mar se refiere para ayudar a nuestros clientes en el desarollo de su actividad.