Este sitio web utiliza Cookies propias y de terceros de análisis para recopilar información con la finalidad de mejorar nuestros servicios, así como para el análisis de su navegación. Si continua navegando, supone la aceptación de la instalación de las mismas. El usuario tiene la posibilidad de configurar su navegador pudiendo, si así lo desea, impedir que sean instaladas en su disco duro, aunque deberá tener en cuenta que dicha acción podrá ocasionar dificultades de navegación de la página web.

[ACEPTAR]      [CÓMO CONFIGURAR]
DETALLE DE LA SUBVENCIÓN

Axudas destinadas á primeira adquisición dun buque de pesca.(CERRADA)

01 oct
2016
Axudas destinadas á primeira adquisición dun buque de pesca.(CERRADA)

Orde do 15 de setembro de 2016 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para tripulantes de buques pesqueiros cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convocan para o ano 2016 (DOG nº 187 do 30 de setembro de 2016),
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas a tripulantes de buques pesqueiros para fomentar unha pesca sostible desde unha perspectiva medioambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva.

Beneficiarios:
Pescadores tripulantes de buques pesqueiros.


Requisitos:
1. Estar enrolado nun buque con porto base en Galicia e ter o domicilio fiscal en Galicia.

2. Non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións nin san¬ción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira

3. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Non ter cometido infracción grave:
- da PPC definidas como tales en actos lexislativos do Parlamento europeo e do Consello; - do Regulamento (UE) nº 1005/2008, do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada e do Regulamento (UE) nº 1224/2009, do Consello polo que se establece un réxime comunitario de control; durante os 12 meses anteriores á data da presentación de solicitudes, se o operador ten nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento UE) nº 404/2011. Cada punto de infracción acumulado que se engada aos nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento UE) nº 404/2011, suporá un mes adicional de inadmisibilidade da axuda por punto acumulado.

5. No marco do FEP ou FEMP, non ter sido declarado culpable de cometer fraude, segundo a definición do artigo 1 do Convenio relativo á protección dos intereses financeiros das Comunidades Europeas (DOUE serie C 316 do 27.11.1995),

6. Non estea nin estivera nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comu¬nitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ou de buques que nin estea nin estiveran nos últimos 12 meses enarbolando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes ao abeiro do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro de 2008, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.

7. Antes de que se dite a proposta de resolución de concesión, deben estar ao corrente nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autó¬noma de Galicia.

8. Á solicitude acompañarase unha declaración responsable, por parte do solicitante, do cumprimento dos requisitos establecidos nos puntos 2 a 6 del artículo 5º.

Sen prexuizo do anterior, o beneficiario deberá cumprir os seguintes requisitos:
- Ter menos de 40 anos de idade no momento de presentar a solicitude de axuda.
- Estar de alta no Rexime dos Traballadores do mar
- Ter traballado, cando menos, cinco anos como pescador ou ter a titulación profesional esixida segundo o tipo de embarcación a adquirir (segundo o establecido no Real decreto 36/2014 do 24 de xaneiro).
- O buque que adquira ten que estar operativo e inscrito no Censo de Frota Pesqueira Operativa e no Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia, ter unha eslora total inferior a 24 m, entre 5 e 30 anos de antigüidade, estar equipado para a pesca mariña e pertencer a un segmento de flota que no informe de capacidade pesqueira, vixente no momento da solicitude, ao que se refire o artigo 22.2 do Regulamento (UE) nº 1380/2013, amose equilibrio coas posibilidades de pesca
- A compra debe realizarse na súa totalidade, non admitíndose compras parciais.
- A adquisición non poderá ter lugar na mesma familia ata o 2º grado de parentesco, inclusive.
- Os investimentos para os que se solicite axuda, non poderán estar iniciados antes de que se acredite o non inicio nos termos indicados no artigo 12º desta Orde e non poderán estar finalizados, con independencia dos pagos realizados antes da data de presentación da solicitude.

DOCUMENTACIÓN
Solicitude segundo o Anexo I.
Copia do DNI da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
Copia do DNI da persoa representante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
Compromiso de adquisición do buque indicando, nome, matrícula, importe do custo asinado polo potencial vendedor e comprador.
Informe de vida laboral emitido na mesma data que a presentación da solicitude.
Copia de todas as follas de todos os cadernos de inscrición marítima que deberán estar actualizados.
Certificado de navegabilidade do buque, certificado de conformidade (se procede) en vigor.
Plan de empresa.
De ser o caso, documento acreditativo de ter a titulación profesional esixida segundo o tipo de embarcación a adquirir: patrón local de pesca, patrón costeiro polivalente ou superior segundo R.D. 36/2014.
Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias.
Plan de financiamento do proxecto: información detallada do financiamento do proxecto e achegar a disposición de recursos necesarios para realizar o proxecto:
Certificados bancarios actualizados das contas bancarias do solicitante onde consten os fondos propios dispoñibles para realizar o investimento e tamén dos recursos alleos (préstamos de entidades de crédito).
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do for-mulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entida¬des dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calque¬ra dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do do-cumento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en cal¬quera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novem¬bro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación comple-mentaria para cada procedemento.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten a disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na trami¬tación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Datos solicitude
Prazo de presentación : 01/10/2016 - 31/10/2016.

Un mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución : Tres meses

Sentido do silencio administrativo : Negativo

Asemar, asesoría de empresas en Vilagarcía de Arousa relacionadas relacionadas con la pesca, el marisqueo, y la acuicultura. Asemar ofrece a sus clientes un asesoramiento especializado y diferenciado, que les permite la obtención de los mejores resultados dentro del ámbito de sus negocios. Informamos de las ultimas subvenciones, noticias de interes y de los cambios importantes en la legislación en lo que al sector del mar se refiere para ayudar a nuestros clientes en el desarollo de su actividad.