Este sitio web utiliza Cookies propias y de terceros de análisis para recopilar información con la finalidad de mejorar nuestros servicios, así como para el análisis de su navegación. Si continua navegando, supone la aceptación de la instalación de las mismas. El usuario tiene la posibilidad de configurar su navegador pudiendo, si así lo desea, impedir que sean instaladas en su disco duro, aunque deberá tener en cuenta que dicha acción podrá ocasionar dificultades de navegación de la página web.

[ACEPTAR]      [CÓMO CONFIGURAR]
DETALLE DE LA SUBVENCIÓN

AYUDAS A INDUSTRIAS TRANSFORMADORAS DE LOS PRODUCTOS DE LA PESCA Y LA ACUICULTURA. (CERRADA)

04 oct
2016
AYUDAS A INDUSTRIAS TRANSFORMADORAS DE LOS PRODUCTOS DE LA PESCA Y LA ACUICULTURA. (CERRADA)

NORMATIVA

Orde do 15 de setembro de 2016 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos pesqueiros e de acuicultura cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convocan para o ano 2016 (DOG nº 187 do 30 de setembro de 2016).

Beneficiarios:

Persoas físicas, xurídicas ou pluralidade de persoas físicas.

Requisitos:

1. Ser unha peme do sector de transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura.

2. Non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións nin sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira.

3. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Non ter cometido infracción grave:
- Da PPC definidas como tales en actos lexislativos do Parlamento europeo e do Consello.
- Do Regulamento (UE) nº 1005/2008, do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada e do Regulamento (UE) nº 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control; durante os 12 meses anteriores á data da presentación de solicitudes, se o operador ten nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento UE) nº 404/2011. Cada punto de infracción acumulado que se engada aos nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento UE) nº 404/2011, suporá un mes adicional de inadmisibilidade da axuda por punto acumulado.

5. No marco do FEP ou FEMP, non ter sido declarado culpable de cometer fraude, segundo a definición do artigo 1 do Convenio relativo á protección dos intereses financeiros das Comunidades Europeas (DOUE serie C 316, do 27.11.1995).

6. Non estar nin ter estado nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ou de buques que nin estean nin estivesen nos últimos 12 meses enarborando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes ao abeiro do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro de 2008, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.

7. Antes de que se dite a proposta de resolución de concesión, deben estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

8. Á solicitude xuntarase unha declaración responsable por parte do solicitante do cumprimento dos requisitos establecidos no punto 2 a 6 deste artigo. Se se trata dunha sociedade mercantil, todos os socios deberán cumprir os requisitos 4, 5 e 6 deste artigo, e acreditalo mediante declaración responsable.

Sen prexuízo do anterior, o beneficiario deberá cumprir os seguintes requisitos:
a) Os investimentos teranse que realizar nun centro produtivo localizado en Galicia.
b) Deberán figurar de alta na Axencia Española de Administración Tributaria dentro das epígrafes relacionadas coa transformación de produtos procedentes da pesca, marisqueo ou acuicultura.
c) Non ser unha empresa en crise de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise (2004/C244/02).
d) Os investimentos para os que se solicite axuda, non poderán estar iniciados antes de que se acredite o non inicio nos termos indicados no artigo 11 desta orde e non poderán estar finalizados, con independencia dos pagos realizados, antes da data de presentación da solicitude.

DOCUMENTACIÓN
•Solicitude segundo o Anexo I.
•Anexo II. Declaración responsable de non inicio do investimento, se é o caso.
•Anexo III. Formulario do investimento.
•Anexo V. Relación de ofertas solicitadas e elixidas.
•Anexo VI. Declaración de peme.
•Documentación complementaria: ◦Se o solicitante é unha persoa física: ◾Copia do DNI da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
◾Declaración da renda dos últimos tres anos, só no caso de que denegue expresamente a súa consulta.
◾Informe de riscos expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España.
◾Plan de financiamento do proxecto: información detallada do financiamento do proxecto e achegar a disposición de recursos necesarios para realizar o proxecto:
- Certificados bancarios actualizados das contas bancarias do solicitante onde consten os fondos propios dispoñibles para realizar o investimento e tamén dos recursos alleos (préstamos de entidades de crédito).
◾Estudo e análise de viabilidade económico-financeira do proxecto (proxección a 5 anos) e explicación detallada da súa evolución: balance de situación; conta de perdas e ganancias; plan de investimentos e cadros de amortización; previsións de ingresos e gastos; ratios de rendibilidade; prazo de recuperación do investimento. Malia o anterior, dependendo do tipo de proxecto que se solicite, pode ser necesario que a administración requira máis información para determinar que a viabilidade económica da operación estea garantida.

◦Si o solicitante é unha persoa xurídica: ◾Certificación rexistral actualizada na que figure a constitución da sociedade e os estatutos vixentes.
◾Poder suficiente da persoa representante no caso de que tal poder non figure nos estatutos.
◾Copia do DNI da persoa representante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
◾Certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais depositadas no último exercicio económico pechado, incluíndo informe de auditoría, se é o caso.
◾Imposto de sociedades do último exercicio económico pechado no que conste o seu envío telemático ou a súa presentación.
◾No caso de existir grupo empresarial, achegar certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais consolidadas depositadas no último exercicio económico pechado, incluíndo informe de auditoría, se é o caso.
◾Plan de financiamento do proxecto: información detallada do financiamento do proxecto e achegar a documentación económica-financeira que acredite a disposición dos recursos necesarios para realizar o proxecto:
- Recursos propios: ampliación de capital e certificados bancarios actualizados das contas do solicitante onde consten os fondos propios dispoñibles para realizar o investimento.
- Recursos alleos: préstamos de entidades de crédito.
◾Estudo e análise de viabilidade económico-financeira do proxecto (proxección a 5 anos) e explicación detallada da súa evolución: balance de situación; conta de perdas e ganancias; estado de fluxos de efectivo; plan de investimentos e cadros de amortización; previsións de ingresos e gastos, diferenciando gastos fixos de variables; previsións de resultados; evolución do activo circulante e a súa rotación; previsións de entradas e saídas de tesourería; estado de orixe e aplicación de fondos; cash-flow; ratios económicofinanceiros; ratios de rendibilidade; análise de custos e cálculo do punto de equilibrio ou limiar de rendibilidade; cálculo do VAN, TIR, prazo de recuperación do investimento e apalancamento operativo e financeiro.
◾Copia do NIF da entidade solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

◦Se os solicitantes son unha pluralidade de persoas físicas ◾Anexo IV. Pluralidade de persoas físicas.
◾Acordo de nomeamento de representante ou apoderado para os efectos da solicitude da axuda, asinado por todos.
◾Copia do DNI de cada unha das persoas solicitantes, só no caso de non autorizar a súa consulta no anexo IV.
◾Declaración da renda dos últimos 3 anos, de cada solicitante, só no caso de que denegue expresamente a súa consulta.
◾Informe de riscos expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España, de cada solicitante.
◾Plan de financiamento do proxecto: información detallada do financiamento do proxecto e achegar a disposición de recursos necesarios para realizar o proxecto:
- Certificados bancarios actualizados das contas bancarias do solicitante onde consten os fondos propios dispoñibles para realizar o investimento e tamén dos recursos alleos (préstamos de entidades de crédito).
◾Estudo e análise de viabilidade económico-financeira do proxecto (proxección a 5 anos) e explicación detallada da súa evolución: balance de situación; conta de perdas e ganancias; plan de investimentos e cadros de amortización; previsións de ingresos e gastos; ratios de rendibilidade; prazo de recuperación do investimento. Malia o anterior, dependendo do tipo de proxecto que se solicite, pode ser necesario que a administración requira máis información para determinar que a viabilidade económica da operación esté garantida.

◦Outra documentación complementaria: ◾Declaración resumo anual do IVE do último exercicio económico pechado, e as liquidacións trimestrais ou mensuais dispoñibles do exercicio en curso, nos que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, de cada solicitante, se é o caso.
◾Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias, de cada solicitante.
◾Cando o importe do gasto unitario supere a contía de 50.000 euros, no caso de execución de obras ou de 18.000 euros, no caso de subministración de bens ou prestación de servizos, o beneficiario deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
◾Facturas proforma do investimento a realizar. Ademais, cando se trate de maquinaria ou equipamentos: catálogos e especificacións.
◾Se a realización do investimento require autorización, concesión, permisos ou licenzas, para levar a cabo os investimentos previstos, deberá achegar o documento que acredita estar en posesión dela ou solicitude de telo presentado, sen prexuízo da achega destes segundo establece o artigo 20º. En todo caso, os documentos presentados para a solicitude da subvención deberán ser copias fidedignas dos presentados para a obtención dos permisos.
◾Se a realización do investimento require planos ou proxecto técnico, este deberá achegarse e estar asinado por técnico competente. Tamén deberá xuntarse en soporte informático: formato jpg ou pdf. Deberán achegarse os planos de situación e localización e os de antes e despois da realización do investimento que se solicita.
◾Documentación que demostre a titularidade da instalación onde se van desenvolver os investimentos que virá dada pola nota simple do rexistro da propiedade da instalación. En caso de que a instalación estea alugada xuntarase contrato de aluguer elevado a escritura pública notarial.


•As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do for-mulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entida¬des dela dependentes.Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
•Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calque¬ra dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
•A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do do-cumento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
•A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel (en orixinal e dúas copias) en cal¬quera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novem¬bro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
•As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
•Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
•No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación comple-mentaria para cada procedemento.
•A sede electrónica da Xunta de Galicia ten a disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na trami¬tación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
•No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Datos solicitude

Prazo de presentación : 01/10/2016 - 31/10/2016.  

Un mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.  

Prazo de resolución :  Tres meses 

Sentido do silencio administrativo : Negativo 

Asemar, asesoría de empresas en Vilagarcía de Arousa relacionadas relacionadas con la pesca, el marisqueo, y la acuicultura. Asemar ofrece a sus clientes un asesoramiento especializado y diferenciado, que les permite la obtención de los mejores resultados dentro del ámbito de sus negocios. Informamos de las ultimas subvenciones, noticias de interes y de los cambios importantes en la legislación en lo que al sector del mar se refiere para ayudar a nuestros clientes en el desarollo de su actividad.