Este sitio web utiliza Cookies propias y de terceros de análisis para recopilar información con la finalidad de mejorar nuestros servicios, así como para el análisis de su navegación. Si continua navegando, supone la aceptación de la instalación de las mismas. El usuario tiene la posibilidad de configurar su navegador pudiendo, si así lo desea, impedir que sean instaladas en su disco duro, aunque deberá tener en cuenta que dicha acción podrá ocasionar dificultades de navegación de la página web.

[ACEPTAR]      [CÓMO CONFIGURAR]
DETALLE DE LA SUBVENCIÓN

Axudas destinadas a plans de produción e comercialización de organizacións de produtores pesqueiros e de asociacións de organizacións de produtores pesqueiros.

18 nov
2016
Axudas destinadas a plans de produción e comercialización de organizacións de produtores pesqueiros e de asociacións de organizacións de produtores pesqueiros.

OBXETO:.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización das organizacións de produtores pesqueiros e das asociacións de organizacións de produtores pesqueiros no ámbito autonómico galego, segundo establece a sección IV do capítulo II do Regulamento (UE) núm. 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2013.

2. Por outra banda, tamén é obxecto desta orde convocar as axudas para o ano 2016 dos plans de produción e comercialización correspondentes aos anos 2014 e 2015. 

3. As actuacións obxecto de axuda enmárcanse no programa operativo do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca para España, dentro da prioridade 5 do artigo 6 do Regulamento (UE) núm. 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se derrogan os regulamentos (CE) núm. 2328/2003, (CE) núm. 861/2006, (CE) núm. 1198/2006 e (CE) núm. 791/2007 do Consello, e o Regulamento (UE) núm. 1255/2011 do Parlamento Europeo e do Consello.

Sen prexuízo do establecido no anexo «Gastos» da presente convocatoria, serán subvencionables, de xeito xeral, os seguintes gastos:
a) Os gastos derivados da contratación de empresas externas ou profesionais independentes para a preparación ou realización dalgunha ou algunhas das medidas incluídas no plan de produción e comercialización.
b) Gastos de persoal propio, xa sexa de estrutura ou contratado para unha medida concreta do plan de produción e comercialización, incluídos aqueles custos indirectos, segundo establecen os artigos 67 e 68 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013. 
c) Gastos derivados de convenios de colaboración con organismos científicos e outras entidades, que deberán formalizarse por escrito e recollerán o obxecto deles, os traballos que se van realizar, o tempo de execución e o orzamento, debidamente desagregado por capítulos.
d) Obras, adquisicións de bens e subministracións correspondentes a medidas previamente aprobadas no plan de produción e comercialización. 
e) Gastos de desprazamentos, aloxamento e manutención para a asistencia a feiras, congresos, cursos, reunións, xornadas ou eventos semellantes en medidas aprobadas no plan de produción e comercialización.

 

DOCUMENTACIÓN:

 

  • a) Anexo I, de solicitude de axuda.
  • b) Anexo II, declaracións responsables, no cal figurarán as seguintes declaracións:
    • i. Declaración responsable do interesado de non ser debedor por resolución de procedencia do reintegro das causas recollidas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    • ii. Declaración responsable de non ter sido sancionado coa imposibilidade de obtención de préstamos, subvencións ou axudas públicas, de acordo co previsto no título V, artigo 105.1 letra i) da Lei 3/2001, do 26 de marzo, de pesca marítima do Estado e, se for o caso, pola normativa das comunidades autónomas.
    • iii. Declaración responsable da acreditación do valor e volume de produción das organizacións de produtores e as súas asociacións para un período determinado.
  • c) Anexo III, formulario de investimentos por medida.
  • d) Anexo IV, declaración responsable de realización dos investimentos.
  • e) Anexo V, relación de xustificantes.
  • f) Anexo VI, indicadores do proxecto.
  • g) Anexo VII, declaración responsable de empresas vinculadas, se é o caso.
  • A documentación complementaria de solicitude está formada por:
    • a) Copia do NIF da organización profesional solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
    • b) Copia da escritura de constitución e estatutos da sociedade, así como as modificacións ulteriores debidamente inscritas no rexistro correspondente.
    • c) Poder suficiente da persoa representante, no caso de que tal poder non figure nos estatutos.
    • d) Copia do DNI da persoa representante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
    • e) Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias.
    • f) Cando o importe do gasto unitario supere a contía de 50.000 euros, no caso de execución de obras, ou de 18.000 euros no caso de subministración de bens ou prestacións de servizos, o beneficiario deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. Exceptúase a presentación das tres ofertas no caso de tratarse de plans de produción e comercialización correspondentes ao ano 2014 e 2015.
    • g) Certificacións emitidas polos organismos competentes acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, só no caso de que a entidade solicitante denegue expresamente a súa consulta.
  • Asemade, as solicitudes presentaranse acompañadas da seguinte documentación complementaria de xustificación que estará formada por:
    • a) Relación de xustificantes, seguindo o modelo incluído no anexo V, no cal virán relacionados e clasificados por medida os investimentos da actividade, con identificación do provedor, número da factura, o seu importe, data de emisión e data de pagamento.
    • b) Xustificantes dos investimentos efectuados que consistirán, de forma xeral, nas facturas, contratos (de obra ou de servizo) e nóminas orixinais detalladas ao máximo posible. As facturas orixinais que se entreguen ao beneficiario serán marcadas cun selo en que se indique o financiamento do FEMP.
    • c) Certificacións bancarias correspondentes aos pagamentos efectuados. Só se admitirán pagamentos por transferencia bancaria. Estas transferencias bancarias só se poderán ordenar como pagamento dunha ou varias facturas. As certificacións bancarias identificarán a factura ou facturas pagadas e os seus importes.
    • d) Documento coa descrición de funcións desenvolvidas do posto de traballo e relacionadas coas tarefas que se van desenvolver nas medidas que se inclúan nos plans de produción e comercialización.
    • e) Rexistro horario en que se inclúa o número de horas dedicadas á medida, polo persoal que corresponda.
    • f) Xustificante do pagamento das correspondentes cargas sociais e retencións fiscais. Para iso, comprobaranse os documentos TC1 (modelo para a liquidación das cotas de réxime xeral), TC2 (relación nominal de traballadores coas súas bases de cotización) e modelo 110 (retencións e ingresos á conta do IRPF de carácter trimestral).
    • g) Xustificante do pagamento da nómina.
  • Os citados documentos deberán demostrar con claridade que os gastos foron destinados á preparación e/ou execución das medidas dos plans de produción e comercialización, segundo o disposto no anexo «Gastos».
  • Segundo o artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as solicitudes dos interesados irán acompañadas dos documentos estipulados na convocatoria, coa excepción de que os documentos exixidos xa estean no poder de calquera órgano da administración actuante.
  • A presentación das solicitudes realizarase por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de conformidade co establecido nos artigos 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.es/chave365)
  • A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 28 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
  • As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
  • No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica, por parte da persoa solicitante ou representante, supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada.

    A través da carpeta do cidadán dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, os interesados poderán relacionarse electronicamente coa Administración competente e realizar os trámites necesarios para a tramitación do procedemento, consultar o seu estado de tramitación, e coñecer os actos de trámite realizados con indicación do seu contido, así como da data en que foron ditados.
  • No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

 

Datos solicitude

 

Prazo de presentación : 16/11/2016 - 15/12/2016.

 

Un mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

 

Prazo de resolución : Tres meses

 

Sentido do silencio administrativo : Negativo

 

Asemar, asesoría de empresas en Vilagarcía de Arousa relacionadas relacionadas con la pesca, el marisqueo, y la acuicultura. Asemar ofrece a sus clientes un asesoramiento especializado y diferenciado, que les permite la obtención de los mejores resultados dentro del ámbito de sus negocios. Informamos de las ultimas subvenciones, noticias de interes y de los cambios importantes en la legislación en lo que al sector del mar se refiere para ayudar a nuestros clientes en el desarollo de su actividad.