Este sitio web utiliza Cookies propias y de terceros de análisis para recopilar información con la finalidad de mejorar nuestros servicios, así como para el análisis de su navegación. Si continua navegando, supone la aceptación de la instalación de las mismas. El usuario tiene la posibilidad de configurar su navegador pudiendo, si así lo desea, impedir que sean instaladas en su disco duro, aunque deberá tener en cuenta que dicha acción podrá ocasionar dificultades de navegación de la página web.

[ACEPTAR]      [CÓMO CONFIGURAR]
DETALLE DE LA SUBVENCIÓN

AYUDAS A INDUSTRIAS TRANSFORMADORAS DE LOS PRODUCTOS DE LA PESCA Y LA ACUICULTURA. (CERRADA)

26 feb
2017
AYUDAS A INDUSTRIAS TRANSFORMADORAS DE LOS PRODUCTOS DE LA PESCA Y LA ACUICULTURA. (CERRADA)

Normativa:

Orde do 31 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convocan para o ano 2017 (DOG nº 39 do 24 de febreiro de 2017).


Obxecto:

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos procedentes da pesca e da acuicultura, que terán como finalidade realizar investimentos:

1. Que contribúan a aforrar enerxía ou reducir o impacto no ambiente, incluíndo o tratamento de residuos.

2. Que melloren a seguridade, a hixiene, a saúde e as condicións de traballo.

3. Que axuden á transformación de capturas de peixe comercial que non se poidan destinar ao consumo humano.

4. Que se refiran á transformación de subprodutos obtidos das actividades principais de transformación.

5. Que se refiran á transformación de produtos de acuicultura ecolóxica, en virtude dos artigos 6 e 7 do Regulamento (CE) nº 834/2007.

6. Que dean lugar a novos e mellores produtos, novos ou mellores procesos, ou novos ou mellores sistemas de xestión e organización.
Beneficiarios:
Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas, xurídicas ou pluralidade de persoas físicas que sexan pemes do sector de transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura.


Requisitos:

1. Ser unha peme do sector de transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura.

2. Non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións nin sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira.

3. Non poderán ser persoa beneficiarias destas axudas as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Non ter cometido infracción grave:
- Da PPC definidas como tales en actos lexislativos do Parlamento europeo e do Consello.
- Do Regulamento (UE) nº 1005/2008, do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada e do Regulamento (UE) nº 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control; durante os 12 meses anteriores á data da presentación de solicitudes, se o operador ten nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento UE) nº 404/2011. Cada punto de infracción acumulado que se engada aos nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento UE) nº 404/2011, suporá un mes adicional de inadmisibilidade da axuda por punto acumulado.

5. No marco do FEP ou FEMP, non ter sido declarado culpable de cometer fraude, segundo a definición do artigo 1 do Convenio relativo á protección dos intereses financeiros das Comunidades Europeas (DOUE serie C 316, do 27.11.1995).

6. Non estea nin estivera nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ou de buques que nin estean nin estiveran nos últimos 12 meses enarbolando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes ao abeiro do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro de 2008, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.

7. Antes de que se dite a proposta de resolución de concesión, deben estar ao corrente nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

8. Á solicitude xuntarase unha declaración responsable por parte do solicitante do cumprimento dos requisitos establecidos no punto 2 a 7 do artigo 5 des orde. Se se trata dunha sociedade mercantil, todos os socios deberán cumprir os requisitos 2 e 7 deste artigo, e acreditalo mediante declaración responsable.

9. Non poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as comunidades de bens. Tampouco poderán ser persoas beneficiarias as sociedades civís, salvo que se constitúan en escritura pública ou documento privado e se manifesten, neste último caso, como sociedade civil ante a AEAT mencionándoo así no acordo de vontades, en cuxo acaso terán outorgado un NIF “J” que indica que os seus pactos non se manteñen en secreto.

Sen prexuízo do anterior, a perso beneficiaria deberá cumprir os seguintes requisitos:
a) Os investimentos teranse que realizar nun centro produtivo localizado en Galicia.
b) Deberán figurar de alta na Axencia Española de Administración Tributaria dentro das epígrafes relacionadas coa transformación de produtos procedentes da pesca, marisqueo ou acuicultura.
c) Non ser unha empresa en crise de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C 249/01).
d) Os investimentos para os que se solicite axuda, non poderán estar iniciados antes de que se acredite o non inicio nos termos indicados no artigo 11º desta orde e non poderán estar finalizados, con independencia dos pagos realizados, antes da data de presentación da solicitude.


Documentación:

Solicitude segundo o Anexo I. Anexo II. Declaración responsable de non inicio do investimento, de ser o caso, debidamente cuberto e asinado. Anexo III. Formulario do investimento. Anexo V. Relación de ofertas solicitadas e elixidas (cando o importe do gasto unitario supere a contía de 50.000 euros, no caso de execución de obras ou de 18.000 euros, no caso de subministración de bens ou prestación de servizos). Anexo VI. Declaración de peme. Anexo XI. Conta de perdas e ganancias. Anexo XII. Balance de situación. Documentación complementaria:
Se o solicitante é unha persoa física:
Informe de riscos actualizado expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España.
Plan de financiamento do proxecto: información detallada do financiamento do proxecto e da disposición de recursos necesarios para realizar o proxecto, segundo se describe no artigo 13 da orde reguladora.
Estudo e análise de viabilidade económico-financeira do proxecto (proxección a 5 anos) e explicación detallada da súa evolución segundo se describe no artigo 13 da orde reguladora.
Se o solicitante é unha persoa xurídica:
Certificación rexistral actualizada en que figure a constitución da sociedade e os estatutos vixentes.
Poder suficiente da persoa representante no caso de que tal poder non figure nos estatutos.
Certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais depositadas no último exercicio económico pechado, incluíndo informe de auditoría, se é o caso.
Imposto de sociedades do último exercicio económico pechado en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación.
No caso de existir grupo empresarial, certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais consolidadas depositadas no último exercicio económico pechado, incluíndo informe de auditoría, se é o caso.
Informe de riscos actualizado expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España.
Plan de financiamento do proxecto: información detallada do financiamento do proxecto e a documentación económico-financeira que acredite a disposición dos recursos necesarios para realizar o proxecto segundo se describe no artigo 13 da orde reguladora.
Estudo e análise de viabilidade económico-financeira do proxecto (proxección a 5 anos) e explicación detallada da súa evolución segundo se describe no artigo 13 da orde reguladora.
Se os solicitantes son unha pluralidade de persoas físicas:
Anexo IV. Pluralidade de persoas físicas.
Acordo de nomeamento de representante ou apoderado para os efectos da solicitude da axuda, asinado por todos.
A conta bancaria sinalada neste anexo deberá estar a nome de todas as persoas solicitantes. En caso contrario, deberase achegar documento asinado por todas as persoas solicitantes, conforme non existe inconveniente en que se pague a axuda a esa conta.
Informe de riscos actualizado expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España, de cada solicitante.
Plan de financiamento do proxecto: información detallada do financiamento do proxecto e da disposición de recursos necesarios para realizar o proxecto, segundo se describe no artigo 13 da orde reguladora.
Estudo e análise de viabilidade económico-financeira do proxecto (proxección a 5 anos) e explicación detallada da súa evolución segundo se describe no artigo 13 da orde reguladora.
Outra documentación complementaria:
Declaración resumo anual do IVE do último exercicio económico pechado e das liquidacións trimestrais ou mensuais dispoñibles do exercicio en curso en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, se é o caso.
Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias de cada solicitante.
Declaración doutras axudas solicitadas (incluíndo préstamos subvencionados), concedidas ou que se pretendan solicitar a calquera outra Administración pública, destinadas a subvencionar total ou parcialmente o proxecto para o cal se solicita a subvención. Esta declaración está incluída neste anexo de declaracións do solicitante. Deberá achegarse a resolución da axuda no caso de axudas doutras administracións distintas da Xunta de Galicia, se é o caso.
Cando o importe do gasto unitario supere a contía de 50.000 euros, no caso de execución de obras ou de 18.000 euros, no caso de subministración de bens ou prestación de servizos, a persoa beneficiaria deberá cubrir o anexo V e achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
Facturas pro forma do investimento que se vai realizar con descrición detallada e pormenorizada de cada un dos investimentos, instalacións, equipamentos e sistemas que os integran e, de ser o caso, dos planos, esbozos ou vistas 3D necesarias para a súa correcta definición.
Se a realización do investimento require autorización, concesión, permisos ou licenzas para levar a cabo os investimentos previstos, deberá achegar o documento que acredita estar en posesión dela ou solicitude desta, sen prexuízo da achega destes segundo establece o artigo 20. En todo caso, os documentos presentados para a solicitude da subvención deberán ser copias fidedignas dos presentados para a obtención dos permisos.
Se a realización do investimento require planos ou proxecto técnico, este deberá achegarse e estar asinado por técnico competente. O proxecto tamén deberá xuntarse en soporte informático: formato jpg ou pdf. Deberán achegarse os planos de situación e localización e os de antes e despois da realización do investimento que se solicita.
Documentación que demostre a titularidade da instalación onde se van desenvolver os investimentos, que virá dada pola nota simple do rexistro da propiedade da instalación. En caso de que a instalación estea alugada, xuntarase contrato de aluguer elevado a escritura pública notarial.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

- A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Para aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, as persoas físicas tamén poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. A documentación complementaria presentarase, no caso de persoas xurídicas e no caso de persoas físicas que así o elixan, de forma electrónica utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto nos artigos 28 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel, no caso das persoas físicas (en orixinal ou copia compulsada e unha copia simple) en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para a facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse preferentemente por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.

Prazo de presentación: : 25/02/2017 - 24/03/2017.
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia
Prazo de resolución : Tres meses
Sentido do silencio administrativo : Negativo

 

Asemar, asesoría de empresas en Vilagarcía de Arousa relacionadas relacionadas con la pesca, el marisqueo, y la acuicultura. Asemar ofrece a sus clientes un asesoramiento especializado y diferenciado, que les permite la obtención de los mejores resultados dentro del ámbito de sus negocios. Informamos de las ultimas subvenciones, noticias de interes y de los cambios importantes en la legislación en lo que al sector del mar se refiere para ayudar a nuestros clientes en el desarollo de su actividad.