Este sitio web utiliza Cookies propias y de terceros de análisis para recopilar información con la finalidad de mejorar nuestros servicios, así como para el análisis de su navegación. Si continua navegando, supone la aceptación de la instalación de las mismas. El usuario tiene la posibilidad de configurar su navegador pudiendo, si así lo desea, impedir que sean instaladas en su disco duro, aunque deberá tener en cuenta que dicha acción podrá ocasionar dificultades de navegación de la página web.

[ACEPTAR]      [CÓMO CONFIGURAR]
DETALLE DE LA SUBVENCIÓN

PE120D - Axudas para a paralización definitiva de buques pesqueiros que faenan en augas interiores.(PECHADA)

01 mar
2017
PE120D - Axudas para a paralización definitiva de buques pesqueiros que faenan en augas interiores.(PECHADA)

Obxecto:

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas á realización de actuacións por parte de propietarios de buques pesqueiros para fomentar unha pesca sustentable desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva.

Beneficiarios:

Persoas físicas, xurídicas ou pluralidade de persoas físicas.

Requisitos:

1. Ser propietario dun buque de 3ª lista do Rexistro de Matrícula de Buques e Empresas Navieiras.

2. O buque debe ter o seu porto base na Comunidade Autónoma galega e estar de alta no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia e no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira.

3. O buque para o cal solicita axuda debe ter constituído un seguro que garanta a cobertura de danos a terceiros.

4. No caso de buques cuxa primeira venda dos produtos que captura sexa en fresco e, polo tanto, obrigatoria en lonxa, o volume de vendas que se obteña da suma das notas de venda durante o ano anterior ao da convocatoria deberá ser superior ao 50 % da media obtida para ese porto base e polo segmento de frota que figura no Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia (RBPG).

5. No caso de buques para os cales a primeira venda dos produtos que captura non sexa obrigada en lonxa, o buque debe dispor da autorización para realizar a dita venda e debe transmitilas ao órgano competente.

6. O buque non pode ter unha resolución desfavorable de regularización, salvo que posteriormente se regularizase, para o cal deberá asinar o anexo IV.

7. Os investimentos para os cales se solicite axuda non poderán estar iniciados antes de que se acredite o non inicio nos termos indicados no artigo 12 desta orde e non poderán estar finalizados, con independencia dos pagamentos realizados antes da data de presentación da solicitude.

8. O investimento non poderá aumentar a capacidade de pesca do buque nin que o equipo aumente a capacidade de detectar peixe.

9. Non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións nin sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira.

10. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

11. Non ter cometido infracción grave:
- Da PPC definida como tal en actos lexislativos do Parlamento Europeo e do Consello.
- Do Regulamento (UE) nº 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) nº 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control, durante os 12 meses anteriores á data da presentación de solicitudes, se o operador ten nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento UE) nº 404/2011. Cada punto de infracción acumulado que se engada aos nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) nº 404/2011 suporá un mes adicional de inadmisibilidade da axuda por punto acumulado.

12. No marco do FEP ou FEMP, non ter sido declarado culpable de cometer fraude, segundo a definición do artigo 1 do Convenio relativo á protección dos intereses financeiros das Comunidades Europeas (DOUE serie C 316, do 27 de novembro de 1995).

13. Non estea nin estivese nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ou de buques que nin estean nin estivesen nos últimos 12 meses enarborando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes, ao abeiro do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.

14. Antes de que se dite a proposta de resolución de concesión, deben estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

15. Á solicitude xuntarase unha declaración responsable por parte do solicitante, do representante ou apoderado, do cumprimento dos requisitos establecidos nos puntos 9 a 14 deste artigo.

16. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as comunidades de bens. Tampouco poderán ser beneficiarias as sociedades civís, salvo que se constitúan en escritura pública ou documento privado e se manifesten, neste último caso, como sociedade civil ante a AEAT, mencionándoo así no acordo de vontades, en cuxo caso terán outorgado un NIF «J», que indica que os seus pactos non se manteñen en segredo.

Sen prexuízo do anterior, segundo o tipo de axuda, a persoa beneficiaria deberá cumprir os seguintes requisitos:
- Que a paralización estea incluída no programa operativo e que estea prevista como un instrumento do plan de acción regulado no artigo 22.4 do Regulamento (UE) nº 1380/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro, indicando que o segmento de frota non está en equilibrio coas posibilidades de pesca.
- Que o buque pesque en augas interiores, segundo a definición recollida nesta orde.
- O buque pesqueiro ten que ter 10 anos ou máis de antigüidade e unha actividade pesqueira no mar de cando menos 90 días no ano durante os dous anos civís anteriores á data de presentación da solicitude da axuda.
- Os 90 días ao ano no mar de actividade pesqueira deberán terse realizado na modalidade e caladoiro segundo a definición recollida nesta orde de buque de 3ª que pesca en augas interiores e que estea en desequilibrio segundo o informe de equilibrio do artigo 22 do Regulamento (UE) nº 1380/2013, do 11 de decembro, sobre a política pesqueira común, e permanecer na dita modalidade e caladoiro.
- O buque non teña cargas e gravames. Salvo que a súa cancelación estea suficientemente garantida ou se presente autorización para solicitar esta axuda, expresa e non sometida a condicións, emitida pola entidade crediticia ou pola persoa física ou xurídica titular do dereito garantido.

Documentación:

Solicitude segundo o Anexo I.D Anexo II. Declaración de non inicio do investimento, se é o caso. Anexo III.D. Formulario de investimento. Anexo IV. Declaración non ter resolución desfavorable a un proceso de regularización. Documentación complementaria:

Se o solicitante é unha persoa xurídica:

Certificación rexistral actualizada dos estatutos sociais e da escritura de constitución.

Poder suficiente da persoa representante no caso de que tal poder non figure nos estatutos.

Se os solicitantes son unha pluralidade de persoas físicas:

Anexo V. Pluralidade de persoas físicas.

Acordo de nomeamento de representante ou apoderado para os efectos da solicitude da axuda, asinado por todos.

Outra documentación complementaria:

Resolución da axuda concedida para subvencionar total ou parcialmente o mesmo proxecto solicitado no caso de axudas concedidas por outras administracións distintas da Xunta de Galicia.

Cando o importe do gasto unitario supere a contía de 50.000 euros no caso de execución de obras ou de 18.000 euros no caso de subministración de bens ou prestación de servizos, o beneficiario deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e a elección deberá xustificarse expresamente nunha memoria cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

Facturas pro forma, se é o caso, do investimento a realizar. Ademais, cando se trate de motores ou outros equipamentos: catálogos, especificacións e, se é o caso, certificado de importación.

Certificación actualizada do Rexistro de Bens Mobles, Sección de Buques, acreditativa da propiedade do buque e o estado de cargas ou gravames deste, ou solicitude da devandita certificación ante o Rexistro, sen prexuízo da achega da dita certificación previa a ditarse a proposta de resolución.

So no caso de que o buque teña cargas, autorización expresa e non sometida a condicións da entidade crediticia ou persoa física ou xurídica titular de dereito garantido para solicitar a axuda.

Folla de asento actualizada (expedida nos 3 meses anteriores contados desde a data de publicación desta orde) ou acreditación de tela solicitada, sen prexuízo da achega da folla de asento previa a ditarse a proposta de resolución.

Seguro que garanta a cobertura de danos a terceiros.

Autorización ou copia da solicitude de autorización da Consellería do Mar para a realización do investimento previsto no caso de que esta sexa necesaria, sen prexuízo da achega da autorización previa a ditarse a proposta de resolución.

Se a realización do investimento require proxecto técnico ou planos, deberá achegarse e estar asinado por técnico competente. Tamén deberá xuntarse en soporte informático: formato jpg ou pdf. Deberán achegarse os planos de antes e despois da realización do investimento que se solicita.

Se o buque está en réxime de gananciais, autorización do cónxuxe ou parella de feito para a presentación do buque ás axudas de paralización definitiva.

No caso de que a paralización sexa por acondicionamento para actividades distintas da pesca comercial (incluído función patrimonial en terra, só no caso de buques tradicionais de madeira):

Memoria explicativa do destino do buque.

Estatutos da entidade a que se transfira a propiedade do buque.

A presentación das solicitudes, no caso de persoas xurídicas e, no caso de persoas físicas que elixan comunicarse coa Administración de forma electrónica, realizarase por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, de conformidade có establecido nos artigos 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Só se admitirá unha solicitude por barco para unha liña de axudas. Opcionalmente, as persoas físicas, tamén poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. A documentación complementaria presentarase, no caso de persoas xurídicas e, no caso de persoas físicas que así o elixan, electrónicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 28 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel, no caso das persoas físicas (en orixinal ou copia cotexada e dúas copias) en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten a disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Datos solicitude e prazo:

Prazo de presentación : 02/03/2017 - 03/04/2017.

Un mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución : Tres meses

Sentido do silencio administrativo : Negativo

Asemar, asesoría de empresas en Vilagarcía de Arousa relacionadas relacionadas con la pesca, el marisqueo, y la acuicultura. Asemar ofrece a sus clientes un asesoramiento especializado y diferenciado, que les permite la obtención de los mejores resultados dentro del ámbito de sus negocios. Informamos de las ultimas subvenciones, noticias de interes y de los cambios importantes en la legislación en lo que al sector del mar se refiere para ayudar a nuestros clientes en el desarollo de su actividad.