Este sitio web utiliza Cookies propias y de terceros de análisis para recopilar información con la finalidad de mejorar nuestros servicios, así como para el análisis de su navegación. Si continua navegando, supone la aceptación de la instalación de las mismas. El usuario tiene la posibilidad de configurar su navegador pudiendo, si así lo desea, impedir que sean instaladas en su disco duro, aunque deberá tener en cuenta que dicha acción podrá ocasionar dificultades de navegación de la página web.

[ACEPTAR]      [CÓMO CONFIGURAR]
DETALLE DE LA SUBVENCIÓN

PE205D - Axudas para o incremento da eficiencia enerxética e o fomento da reconversión das empresas acuícolas a fontes de enerxía renovables.

18 mar
2017
PE205D - Axudas para o incremento da eficiencia enerxética e o fomento da reconversión das empresas acuícolas a fontes de enerxía renovables.

Obxecto:

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas a investimentos que aumenten a eficiencia enerxética e fomenten a reconversión das empresas acuícolas a fontes de enerxía renovables.

Beneficiarios:

As empresas acuícolas.

As persoas beneficiarias destas axudas están obrigadas a:
a) Executar as actuacións obxecto da subvención dentro do prazo conferido para o efecto e con cumprimento das condicións establecidas na respectiva resolución de concesión e demais normativa de aplicación.
b) Axustar o custo de adquisición dos investimentos subvencionables ao valor de mercado.
c) No caso de axudas concedidas a bens inscritibles nun rexistro público, deberá facerse constar na escritura e no rexistro público correspondente o importe da subvención concedida e o período durante o cal os bens subvencionados quedan adscritos ao fin concreto recollido na subvención.
d) Se o investimento solicitado na subvención é a construción ou modernización dun establecemento de acuicultura, deberanse cumprir obrigatoriamente as condicións sinaladas nas correspondentes autorizacións para levar a cabo os investimentos.
e) Durante os cinco anos seguintes ao pagamento final á persoa beneficiaria, que será a data contable do último pagamento, este non pode:
- Cesar na actividade produtiva.
- Relocalizar a actividade produtiva fóra de Galicia.
- Cambiar a propiedade da infraestrutura ou dun elemento de infraestrutura de forma que proporcione unha vantaxe indebida e sen autorización expresa do órgano concedente.
- Producir cambios substanciais que afecten a natureza, os obxectivos ou as condicións de execución da operación, de modo que se menoscaben os seus obxectivos orixinais.
A Consellería do Mar solicitará o reintegro da axuda de forma proporcional ao período durante o cal se incumprisen os requisitos, segundo o disposto no artigo 71 do Regulamento UE nº 1303/2013.
f) Se o investimento é en infraestruturas ou en investimentos produtivos, deberá reembolsarse integramente a axuda se, nos dez anos seguintes ao pagamento final á persoa beneficiaria, a actividade produtiva sométese a unha relocalización fóra da Unión, excepto cando a persoa beneficiaria sexa unha peme.
g) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente ou calquera outra comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto nacionais coma comunitarios, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
h) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos durante un mínimo de cinco anos desde a data contable do último pagamento, para os efectos de comprobación e control. Cando proceda, deberá dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos exixidos na lexislación aplicable ás persoas beneficiarias.
i) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable específico en relación con todas as transaccións relacionadas coa subvención que permita seguir a pista de auditoría.
j) Comunicar á Consellería do Mar a obtención doutras subvencións e axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente, tanto público como privado.
k) Comunicar á Consellería do Mar calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución dos fins para os cales foi concedida a axuda.
l) Dar a adecuada publicidade ao carácter público do financiamento do investimento realizado, con expresa mención á participación do Fondo Europeo e Marítimo de Pesca, nos termos regulamentariamente establecidos.
m) Durante os cinco anos seguintes ao pagamento final á persoa beneficiaria, esta non poderá ter cometido unha infracción grave da PPC nin do Regulamento (UE) nº 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) nº 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control, non ter sido declarado culpable de cometer fraude nin estar incluídas na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ou de buques que enarboren o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes ao abeiro do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro de 2008.
n) Se o investimento comporta a xeración de residuos, deberanse cumprir as condicións sinaladas, para cada tipo de residuo, na normativa sectorial.

Requisitos:

a) Non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións nin sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira.
b) Non concorrer nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Non ter cometido infracción grave:
-Da política pesqueira común definida como tal en actos lexislativos do Parlamento Europeo e do Consello;
- Do Regulamento (UE) nº 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) nº 1224/2009, do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control; durante os 12 meses anteriores á data da presentación de solicitudes, se o operador ten nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) nº 404/2011. Cada punto de infracción acumulado que se engada aos nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) nº 404/2011 suporá un mes adicional de inadmisibilidade da axuda por punto acumulado.
d) No marco do FEP ou FEMP, non ter sido declarado culpable de cometer fraude, segundo a definición do artigo 1 do Convenio relativo á protección dos intereses financeiros das Comunidades Europeas (DOUE serie C 316, do 27.11.1995).
e) Non estar nin ter estado nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ou de buques que nin estean nin estivesen nos últimos 12 meses enarborando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes ao abeiro do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro de 2008, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.
f) Non ser unha empresa en crise de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise (2014/C249/01).
g) Non ter cometido ningún dos delitos establecidos nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE. Con carácter xeral serán inadmisibles as solicitudes presentadas por un operador que cometese un dos delitos mencionados no artigo 3 durante un período de 12 ou 24 meses en función de se foi cometido por neglixencia grave ou con dolo. No caso de delitos mencionados no artigo 4 da citada directiva, o período de inadmisibilidade será, con carácter xeral, de 24 meses.
h) Para os titulares de concesións na zona marítima e na marítimo-terrestre, ter unha produción media declarada, nos tres anos anteriores á convocatoria, que supere o 50 % da media da produción do polígono ou zona en que se encontra situada.
i) Estar en posesión dun seguro de responsabilidade civil que garanta posibles danos a terceiros, agresións ao ambiente ou perdas por circunstancias extraordinarias nas propias instalacións.
j) Estar en posesión das preceptivas concesións, autorizacións, permisos ou licenzas para levar a cabo os investimentos previstos ou ter presentadas as solicitudes daquelas. En todo caso, os documentos presentados para a solicitude da subvención deberán ser copias fidedignas dos presentados para a obtención dos permisos.
k) Acreditar, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

As posibles persoas beneficiarias, ao formalizaren a súa solicitude, someteranse voluntariamente ao cumprimento das condicións que se establezan para as axudas en materia de acuicultura tanto para o pagamento das subvencións como para a concesión e demais requisitos exixibles pola normativa vixente que sexa de aplicación.

Documentación:

Solicitude segundo o Anexo I. Anexo II. Declaración responsable de non inicio do investimento, se é o caso. Anexo III. Formulario do investimento. Anexo IV. Pluralidade de persoas físicas, se é o caso. Anexo V. Relación de ofertas solicitadas e elixidas, se é o caso. Anexo VI.1 Declaración de empresas asociadas e vinculadas á persoa solicitante, se é o caso. Anexo VI.2 Persoas partícipes na empresa, se é o caso. Anexo XI. Conta de perdas e ganancias. Anexo XII. Balance de situación. Documentación xurídico-administrativa da entidade solicitante 1. Documentación xurídico-administrativa da entidade solicitante:

1.1 Para persoas xurídicas:

Plan de financiamento do proxecto: información detallada do financiamento do proxecto e a documentación económico-financeira que acredite a disposición dos recursos necesarios para realizar o proxecto:
- Recursos propios: ampliación de capital e certificados bancarios actualizados das contas do solicitante onde consten os fondos propios dispoñibles para realizar o investimento.
- Recursos alleos: préstamos de entidades de crédito.

Estudo e análise de viabilidade económico-financeira do proxecto (proxección a 5 anos) e explicación detallada da súa evolución: balance de situación; conta de perdas e ganancias (segundo os modelos que constan nos anexos XI e XII desta orde); estado de fluxos de efectivo; plan de investimentos e cadros de amortización; previsións de ingresos e gastos, diferenciando gastos fixos de variables; previsións de resultados; evolución do activo circulante e a súa rotación; previsións de entradas e saídas de tesouraría; estado de orixe e aplicación de fondos; cash-flow; ratios económico-financeiras; ratios de rendibilidade; análise de custos e cálculo do punto de equilibrio ou limiar de rendibilidade; cálculo do VAN, TIR, prazo de recuperación do investimento e apancamento operativo e financeiro.

Certificación rexistral actualizada dos estatutos sociais e da escritura de constitución.

Copia do poder de representación da persoa que asina a solicitude no caso de que tal poder non figure na certificación rexistral.

Certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais depositadas no último exercicio económico pechado, incluíndo informe de auditoría, se é o caso.

Certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais depositadas no último exercicio económico pechado, incluíndo informe de auditoría, se é o caso.

Declaración resumo anual do IVE do último exercicio económico pechado e das liquidacións trimestrais ou mensuais dispoñibles do exercicio en curso en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, se é o caso.

No caso de existir grupo empresarial, achegar certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais consolidadas depositadas no último exercicio económico pechado, incluíndo informe de auditoría, se é o caso.

Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias.

Informe de riscos actualizado expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España.

1.2 Para persoas físicas:

Plan de financiamento do proxecto: información detallada do financiamento do proxecto e achegar a disposición de recursos necesarios para realizar o proxecto:
- Certificados bancarios actualizados das contas bancarias da persoa solicitante onde consten os fondos propios dispoñibles para realizar o investimento e tamén dos recursos alleos (préstamos de entidades de crédito).

Estudo e análise de viabilidade económico-financeira do proxecto (proxección a 5 anos) e explicación detallada da súa evolución: balance de situación; conta de perdas e ganancias (segundo os modelos que constan nos anexos XI e XII desta orde); plan de investimentos e cadros de amortización; previsións de ingresos e gastos; ratios de rendibilidade; prazo de recuperación do investimento. Malia o anterior, dependendo do tipo de proxecto que se solicite, pode ser necesario que a Administración requira máis información para determinar que a viabilidade económica da operación esté garantida.

Declaración resumo anual do IVE do último exercicio económico pechado e das liquidacións trimestrais ou mensuais dispoñibles do exercicio en curso en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, se é o caso.

Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias.

Informe de riscos actualizado expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España.

1.3 Se a solicitude corresponde a unha pluralidade de persoas:

Plan de financiamento do proxecto: información detallada do financiamento do proxecto e achegar a disposición de recursos necesarios para realizar o proxecto: certificados bancarios actualizados das contas bancarias de cada persoa solicitante onde consten os fondos propios dispoñibles para realizar o investimento e tamén dos recursos alleos (préstamos de entidades de crédito).

Estudo e análise de viabilidade económico-financeira do proxecto (proxección a 5 anos) e explicación detallada da súa evolución: balance de situación; conta de perdas e ganancias (segundo os modelos que constan nos anexos XI e XII desta orde); plan de investimentos e cadros de amortización; previsións de ingresos e gastos; ratios de rendibilidade; prazo de recuperación do investimento. Malia o anterior, dependendo do tipo de proxecto que se solicite, pode ser necesario que a Administración requira máis información para determinar que a viabilidade económica da operación estea garantida.

A conta bancaria sinalada neste anexo deberá estar a nome de todas as persoas solicitantes. En caso contrario, deberase achegar documento asinado por todas as persoas solicitantes conforme non existe inconveniente en que se pague a axuda a esa conta.

Declaración resumo anual do IVE do último exercicio económico pechado e das liquidacións trimestrais ou mensuais dispoñibles do exercicio en curso en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, de cada solicitante, se é o caso.

Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias, de cada solicitante.

Informe de riscos actualizado expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España, de cada solicitante.

2. Declaración doutras axudas solicitadas (incluíndo préstamos subvencionados), concedidas ou que se pretendan solicitar a calquera outra Administración pública, destinadas a subvencionar total ou parcialmente o proxecto para o cal se solicita a subvención. Esta declaración está incluída neste anexo de declaracións do solicitante. Deberá achegarse a resolución da axuda, se é o caso. 3. Facturas ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamento detallado de gastos previstos para a realización de cada unha das actividades ou adquisicións para as cales se solicita subvención.
Cando o importe do gasto unitario supere a contía de 50.000 euros no caso de execución de obras ou de 18.000 euros no caso de subministración de bens ou servizos, o beneficiario deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. 4. As persoas empresarias que esten entrando no sector deberán presentar un plan empresarial e, cando o custo dos investimentos sexa superior a 50.000 euros, un estudo de viabilidade que inclúa unha avaliación de impacto ambiental das operacións. 5. Informe independente de comercialización que demostre claramente que existen boas perspectivas de comercialización sustentable para o produto. 6. Seguro de responsabilidade que garanta posibles danos a terceiros, agresións ao ambiente ou perdas por circunstancias extraordinarias nas propias instalacións. 7. No caso de que a axuda se solicitase para a execución de obra civil ou instalacións, presentaranse as facturas pro forma ou orzamentos da empresa construtora ou instaladora, desagregadas por unidades de obra. 7. No caso de que a axuda se solicitase para a execución de obra civil ou instalacións, presentaranse as facturas pro forma ou orzamentos da empresa construtora ou instaladora, desagregadas por unidades de obra. 9. Proxecto técnico visado de forma oficial en caso necesario de acordo coa normativa sectorial que sexa de aplicación, e asinado por técnico competente. Deberase xuntar tamén en soporte informático (formato jpg ou pdf) e deberán ser os mesmos que os presentados para a obtención dos permisos sinalados no parágrafo que segue, se é o caso. 10. Se a realización do investimento require autorización, concesión, permisos ou licenzas para levar a cabo os investimentos previstos, deberá achegar o documento que acredita estar en posesión dela ou solicitude de telo presentado. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

A presentación electrónica será obrigatoria para: as persoas xurídicas e as persoas representantes das anteriores.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Para aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. A documentación complementaria presentarase, no caso de persoas xurídicas e, no caso de persoas físicas que así o elixan, electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 28 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades de ela dependentes. A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel, no caso das persoas físicas (unha copia compulsada e unha copia simple) en calquera dos lugares e rexistros establecidos no 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten a disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse preferentemente por medios electrónicos accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. No prazo de presentación de silicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fora inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes. 

Datos solicitude

Prazo de presentación : 18/03/2017 - 17/04/2017.

Un mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución : Tres meses

Sentido do silencio administrativo : Negativo

 

 

Asemar, asesoría de empresas en Vilagarcía de Arousa relacionadas relacionadas con la pesca, el marisqueo, y la acuicultura. Asemar ofrece a sus clientes un asesoramiento especializado y diferenciado, que les permite la obtención de los mejores resultados dentro del ámbito de sus negocios. Informamos de las ultimas subvenciones, noticias de interes y de los cambios importantes en la legislación en lo que al sector del mar se refiere para ayudar a nuestros clientes en el desarollo de su actividad.