Este sitio web utiliza Cookies propias y de terceros de análisis para recopilar información con la finalidad de mejorar nuestros servicios, así como para el análisis de su navegación. Si continua navegando, supone la aceptación de la instalación de las mismas. El usuario tiene la posibilidad de configurar su navegador pudiendo, si así lo desea, impedir que sean instaladas en su disco duro, aunque deberá tener en cuenta que dicha acción podrá ocasionar dificultades de navegación de la página web.

[ACEPTAR]      [CÓMO CONFIGURAR]
DETALLE DE LA SUBVENCIÓN

AYUDAS ACUICULTURA 2018 (CERRADA)

18 ene
2018
AYUDAS ACUICULTURA 2018 (CERRADA)

Orde do 18 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para investimentos produtivos, incremento da eficiencia enerxética e fomento da reconversión das empresas acuícolas a fontes de enerxía renovables, e para a obtención de servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico no ámbito da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se procede a súa convocatoria para o ano 2018, tramitado como expediente anticipado de gasto (DOG nº 13 do 18 de xaneiro de 2018)

Obxecto:

Esta orde, con código de procedemento PE205F, ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva das axudas destinadas ás seguintes accións:

1. Modalidade A: axudas destinadas á realización das actuacións que a continuación se detallan, que teñen por obxecto o fomento dunha acuicultura sustentable desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva (artigo 48 (letras: a, b, c, d, f, h) do Regulamento UE 508/2014):

a) Investimentos produtivos na acuicultura.

b) Diversificar a produción acuícola e as especies cultivadas.

c) Modernizar os centros acuícolas.

d) Melloras e modernización relacionadas coa saúde e o benestar dos animais, incluída a adquisición de equipamentos destinados a protexer as explotacións dos predadores salvaxes.

e) Investimentos na mellora da calidade do produto acuícola ou para incrementar o seu valor.

f) Diversificar os ingresos das empresas acuícolas mediante o desenvolvemento de actividades complementarias.

2. Modalidade B: axudas destinadas a investimentos que aumenten a eficiencia enerxética e fomenten a reconversión das empresas acuícolas a fontes de enerxía renovables (artigo 48 letra k) do Regulamento UE 508/2014).

3. Modalidade C: axudas destinadas á obtención de servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico, co fin de mellorar o rendemento global e a competitividade das explotacións acuícolas e reducir o impacto ambiental negativo do seu funcionamento (artigo 49 apartado b) do Regulamento UE 508/2014).

 

Beneficiarios:

 

As empresas acuícolas segundo dispón o artigo 46 do Regulamento UE 508/2014.

As persoas beneficiarias destas axudas están obrigadas a:

a) Executar as actuacións obxecto da subvención dentro do prazo conferido para o efecto, e con cumprimento das condicións establecidas na respectiva resolución de concesión e demais normativa de aplicación.

b) Axustar o custo de adquisición dos investimentos ou dos servizos subvencionables ao valor de mercado.

c) No caso de axudas concedidas a bens inscribibles nun rexistro público, deberá facerse constar na escritura e no rexistro público correspondente o importe da subvención concedida e o período durante o cal os bens subvencionados quedan adscritos ao fin concreto recollido na subvención.

d) Se o investimento solicitado na subvención é a construción ou modernización dun establecemento de acuicultura, deberanse cumprir obrigatoriamente as condicións sinaladas nas correspondentes autorizacións para levar a cabo os investimentos.

e) Durante os cinco anos seguintes ao pagamento final á persoa beneficiaria, que será a data contable do último pagamento, esta non pode:

– Cesar a actividade produtiva nin, no caso de agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica, disolverse ata que transcorra o devandito prazo.

– Relocalizar a actividade produtiva fóra de Galicia.

– Cambiar a propiedade da infraestrutura ou dun elemento da infraestrutura de forma que proporcione unha vantaxe indebida e sen autorización expresa do órgano concedente.

– Producir cambios substanciais que afecten a natureza, os obxectivos ou as condicións de execución da operación, de modo que se menoscaben os seus obxectivos orixinais.

A Consellería do Mar solicitará o reintegro da axuda de forma proporcional ao período durante o cal se incumprisen os requisitos, segundo o disposto no artigo 71 do Regulamento UE núm. 1303/2013.

f) Se o investimento é en infraestruturas ou en investimentos produtivos, deberá reembolsarse integramente a axuda se, nos dez anos seguintes ao pagamento final á persoa beneficiaria, a actividade produtiva se sometese a unha relocalización fóra da Unión, excepto cando a persoa beneficiaria sexa unha peme.

g) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente ou calquera outra comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto nacionais coma comunitarios, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

h) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos durante un mínimo de cinco anos desde a data contable do último pagamento, para os efectos de comprobación e control. Cando proceda, deberá dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos exixidos na lexislación aplicable as persoas beneficiarias.

i) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable específico en relación con todas as transaccións relacionadas coa subvención que permita seguir a pista de auditoría.

j) Comunicarlle á Consellería do Mar a obtención doutras subvencións e axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente, tanto públicos como privados.

k) Comunicarlle á Consellería do Mar calquera circunstancia que poida afectar substancialmente á execución dos fins para os cales foi concedida a axuda.

l) Dar a adecuada publicidade ao carácter público do financiamento do investimento realizado, con expresa mención á participación do Fondo Europeo e Marítimo de Pesca, cando a axuda sexa de 100.000,00 € ou superior ou cando o proxecto se estime relevante segundo se indique na resolución de concesión.

m) Durante os cinco anos seguintes ao pagamento final á persoa beneficiaria, esta non poderá ter cometido unha infracción grave da PPC nin do Regulamento (UE) nº 1005/2008, do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada e do Regulamento (UE) nº 1224/2009, do Consello polo que se establece un réxime comunitario de control, non ter sido declarado culpable de cometer fraude, nin estar incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ou de buques que enarboren o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes ao abeiro do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro.

n) Se o investimento comporta a xeración de residuos deberanse cumprir as condicións sinaladas, para cada tipo de residuo, na normativa sectorial.

 

Requisitos:

 

As persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde estarán suxeitas aos seguintes requisitos:

a) Non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións nin sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira.

b) Non concorrer nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Non ter cometido infracción grave:

Da política pesqueira común definida como tal en actos lexislativos do Parlamento Europeo e do Consello.

Do Regulamento (UE) nº 1005/2008, do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada e do Regulamento (UE) nº 1224/2009, do Consello polo que se establece un réxime comunitario de control; durante os 12 meses anteriores á data da presentación de solicitudes, se o operador ten nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) nº 404/2011. Cada punto de infracción acumulado que se engada aos nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) nº 404/2011, suporá un mes adicional de inadmisibilidade da axuda por punto acumulado.

d) No marco do FEP ou FEMP, non ter sido declarado culpable de cometer fraude, segundo a definición do artigo 1 do Convenio relativo á protección dos intereses financeiros das Comunidades Europeas (DOUE serie C 316 do 27 de novembro de 1995).

e) Non estar nin ter estado nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ou de buques que nin estean nin estivesen nos últimos 12 meses enarborando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes ao abeiro do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.

f) Non ser unha empresa en crise de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise (2014/C249/01).

g) Non ter cometido ningún dos delitos establecidos nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE, con carácter xeral, serán inadmisibles as solicitudes presentadas por un operador que cometese un dos delitos recollidos no artigo 3 durante un período de 12 ou 24 meses en función de se foi cometido por neglixencia grave ou con dolo. No caso de delitos recollidos no artigo 4 da citada directiva, o período de inadmisibilidade será, con carácter xeral, de 24 meses.

h) No suposto de novas construcións de bateas, ter unha produción declarada no ano anterior ao da convocatoria que supere o 50 % da media da produción, da súa especie, do polígono no que se encontra fondeada, segundo informe emitido polo Servizo de Análises e Rexistros, tendo en conta as bateas que forman a estrutura ou unidade de produción desa especie do solicitante no dito polígono.

Para tal efecto, cómpre que o solicitante teña efectuadas as preceptivas declaracións no ano 2017.

Quedan exceptuadas deste requisito as bateas de carácter experimental.

i) Estar en posesión dun seguro de responsabilidade civil do establecemento que garanta posibles danos a terceiros e, no caso de que a axuda se solicite para a modernización de barco auxiliar de acuicultura, deberá estar en posesión, ademais, do seguro da embarcación.

j) Estar en posesión das preceptivas concesións, autorizacións, permisos ou licenzas para levar a cabo os investimentos previstos ou ter presentadas as súas solicitudes. En todo caso, os documentos presentados para a solicitude da subvención deberán ser copias dos presentados para a obtención dos permisos.

k) Acreditar, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

l) Ter capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

As posibles persoas beneficiarias, ao formalizar a súa solicitude, someteranse voluntariamente ao cumprimento das condicións que se establezan para as axudas en materia de acuicultura tanto para o pagamento das subvencións como para a concesión e demais requisitos exixibles pola normativa vixente que sexa de aplicación.

Documentación:

  • 1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
    • Anexo II. Declaración responsable de non inicio do investimento, se é o caso.
    • Anexo III. Formulario do investimento.
    • Anexo IV. Pluralidade de persoas físicas, se é o caso.
    • Anexo V. Comunidades de bens, agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica, se é o caso.
    • Anexo VI. Relación de ofertas solicitadas e elixidas, se é o caso.
    • Anexo VII.1. Declaración de peme (persoa física, pluralidade de persoas físicas, comunidades de bens ou agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica).
    • Anexo VII.2. Declaración de peme (persoas xurídicas).
    • Anexo VII.3. Declaración de peme (persoas físicas partícipes en persoas xurídicas).
    • Anexo VIII. Nomeamento de representante para os efectos de presentación da solicitude.
  • 2. Así mesmo, segundo proceda, presentarase a seguinte documentación complementaria:
    • 2.1. Documentación xurídico-administrativa da entidade solicitante:
      • 2.1.1. Para persoas xurídicas:

a) Certificación rexistral actualizada dos estatutos sociais e da escritura de constitución.

b) Copia do poder de representación do representante legal da entidade solicitante, no caso de que tal poder non figure na certificación rexistral.

c) Informe de riscos actualizado expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España, asinado electronicamente ou debidamente asinado e selado.

d) Certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais depositadas no último exercicio económico pechado, incluíndo informe de auditoría, se é o caso.

e) Imposto de sociedades do último exercicio económico pechado en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación.

f) Declaración resumo anual do IVE do último exercicio económico pechado e as liquidacións trimestrais ou mensuais dispoñibles do exercicio en curso en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, se é o caso.

g) No caso de existir grupo empresarial, achegar certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais consolidadas depositadas polo solicitante ou certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais consolidadas, onde o solicitante estea incluído por consolidación, do último exercicio económico pechado, incluíndo informe de auditoría, se é o caso.

h) Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación.

i) Certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza, que deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para efectos de verificar que non foi declarado culpable de cometer fraude no marco do FEP ou FEMP.

j) Certificado acreditativo de non ter cometido ningún dos delitos establecidos nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE, obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Justicia.

  • 2.1.2. Para persoas físicas:

a) Declaración resumo anual do IVE do último exercicio económico pechado e as liquidacións trimestrais ou mensuais dispoñibles do exercicio en curso en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, se é o caso.

b) Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación.

c) Informe de riscos actualizado expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España, asinado electronicamente ou debidamente asinado e selado.

  • 2.1.3. Se a solicitude corresponde a unha pluralidade de persoas poderá ser formulada nunha única solicitude, por medio de representante e, na súa falta, co que figure en primeiro termo. A conta bancaria sinalada no anexo I deberá estar a nome de todas as persoas solicitantes:

a) Documento de constitución da comunidade de bens, agrupación ou entidade sen personalidade xurídica, se é o caso.

b) Declaración resumo anual do IVE do último exercicio económico pechado e as liquidacións trimestrais ou mensuais dispoñibles do exercicio en curso en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, de cada persoa solicitante, se é o caso.

c) No caso de comunidades de bens ou agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica que estean en réxime de atribución de rendas: «Modelo 184 de declaración informativa de entidades en réxime de atribución de rendas».

d) Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias, de cada solicitante en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación.

e) Informe de riscos actualizado expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España de cada solicitante, asinado electronicamente ou debidamente asinado e selado.

f) No caso de comunidades de bens, agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica que dispoñan de NIF: certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Justicia, que deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para os efectos de verificar que non ten sido declarado culpable de cometer fraude no marco do FEP ou FEMP.

g) No caso de comunidades de bens, agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica que dispoñan de NIF: certificado acreditativo de non ter cometido ningún dos delitos establecidos nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE, obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Justicia.

  • 2.2. Plan de financiamento do proxecto. Indicación da forma de financiamento do proxecto diferenciando os recursos propios e os recursos alleos, e achegar a documentación correspondente:
    • Recursos propios: ampliación de capital e certificados bancarios actualizados das contas do solicitante onde consten os fondos propios dispoñibles para realizar o investimento.
    • Recursos alleos: préstamos de entidades non provedoras.
  • 2.3. Facturas ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamento detallado de gastos previstos para a realización de cada unha das actividades ou adquisicións para as cales se solicita subvención.

Cando o importe do gasto unitario supere a contía de 50.000 euros no caso de execución de obras ou de 18.000 euros no caso de subministración de bens ou servizos, a persoa beneficiaria deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores. Neste suposto, a presentación da solicitude deberá incluír o anexo VI desta orde. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

  • 2.4. As novas empresas que estean entrando no sector deberán presentar un plan empresarial e, cando o custo dos investimentos sexa superior a 50.000 euros, un estudo de viabilidade, que inclúa unha avaliación de impacto ambiental das operacións. Estas novas empresas deberán demostrar claramente, mediante un informe independente de comercialización, que existen boas perspectivas de comercialización sustentable para o produto.

Para os efectos deste punto, enténdese por «estar entrando no sector», ser unha empresa nova, entendéndose que será aquela que obtivese o título habilitante nun prazo máximo de dous anos anteriores á publicación da presente orde, ou ser unha empresa antiga con establecemento novo coa mesma característica temporal para este. E en ambos os casos, que non obtivesen ningunha axuda do FEMP.

  • 2.5. Seguro de responsabilidade do establecemento que garanta posibles danos a terceiros. No caso de que a axuda se solicite para a modernización de barco auxiliar de acuicultura, deberá presentar, ademais. o seguro da embarcación.
  • 2.6. No caso de que a axuda se solicitase para a execución de obra civil ou instalacións, presentaranse as facturas pro forma ou orzamentos da empresa construtora ou instaladora, desagregadas por unidades de obra.
  • 2.7. No caso de que a axuda se solicitase para investimentos en maquinaria, deberá achegarse o catálogo do provedor e detallarse a marca e o modelo, sempre que sexa posible.
  • 2.8. Proxecto técnico visado de forma oficial, en caso necesario, de acordo coa normativa sectorial que sexa de aplicación, e asinado por técnico competente. Deberase xuntar tamén en soporte informático: formato jpg ou pdf e deberán ser os mesmos que os presentados para a obtención dos permisos sinalados no parágrafo que sigue, de ser o caso.
  • 2.9. Se a realización do investimento require autorización, concesión, permisos ou licenzas para levar a cabo os investimentos previstos, deberá achegar o documento que acredite estar en posesión dela ou solicitude de telo presentado.
  • 2.10. No caso de que o establecemento de acuicultura sexa titularidade dun matrimonio casado en réxime de gananciais, deberá presentarse a documentación correspondente ao punto 2.1.3 deste artigo referido a pluralidade de persoas.
  • 3. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) DNI/NIE da persoa representante nomeada para os efectos da presentación da solicitude.
  • b) DNI/NIE de cada persoa solicitante.
  • c) DNI/NIE da persoa representante legal da persoa xurídica.
  • d) NIF da persoa xurídica solicitante, da comunidade de bens, agrupación ou entidade sen personalidade xurídica, segundo corresponda.
  • e) Declaración da renda dos últimos 2 anos de cada persoa solicitante.
  • f) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
  • g) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral de Seguridade Social.
  • h) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Facenda da Xunta de Galicia.
  • i) Informe acreditativo de acharse ao día de pagamento de obrigas por reintegro de subvencións emitido pola Consellería de Facenda (Atriga).
  • j) Informe acreditativo de non ter sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira emitido pola unidade de sancións e reclamacións da Xefatura Territorial correspondente da Consellería do Mar.
  • k) Informe acreditativo de non estar en concurso de acredores, artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, obtido a través do rexistro público concursal do Ministerio de Justicia.
  • l) Informe acreditativo de non ter cometido infracción grave da política pesqueira común, do Regulamento (UE) nº 1005/2008, do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) nº 1224/2009, do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control emitido polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.
  • m) No caso de persoas físicas, pluralidade de persoas físicas ou agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica que carezan de NIF: certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza, que deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para os efectos de verificar que non ten sido declarado culpable de cometer fraude no marco do FEP ou FEMP. Se da información anterior non se entende acreditada a ausencia de antecedentes penais solicitarase ao interesado que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.
  • n) Informe acreditativo do sistema nacional de publicación de subvencións do Ministerio de Facenda e Función Pública de non ter sido declarado culpable de cometer fraude, no marco do FEP ou FEMP.
  • ñ) Informe acreditativo de non estar nin ter estado nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR obtido do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.
  • o) No caso de persoas físicas, pluralidade de persoas físicas ou agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica que carezan de NIF: certificado acreditativo de non ter cometido ningún dos delitos establecidos nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE, obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza. Se da información anterior non se entende acreditada a ausencia de delitos, solicitarase o interesado para que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.
  • p) Informe acreditativo do sistema nacional de publicación de subvencións do Ministerio de Facenda e Función Pública de non ter cometido ningún dos delitos establecidos nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE.
  • q) Resolución de concesión doutra axuda para o mesmo proxecto concedida pola Xunta de Galicia, se é o caso.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude (anexo I, anexo IV ou anexo V) e achegar os documentos correspondentes.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores.

Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
  • No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Para efectos de presentación da solicitude, os interesados poderán actuar por medio de representantes; a acreditación da representación deberá realizarse mediante a presentación da correspondente autorización e aceptación utilizando o anexo VIII desta orde.
  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

Datos solicitude

Prazo de presentación: 19/01/2018 - 19/02/2018.

Para esta convocatoria do ano 2018 o prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Asemar, asesoría de empresas en Vilagarcía de Arousa relacionadas relacionadas con la pesca, el marisqueo, y la acuicultura. Asemar ofrece a sus clientes un asesoramiento especializado y diferenciado, que les permite la obtención de los mejores resultados dentro del ámbito de sus negocios. Informamos de las ultimas subvenciones, noticias de interes y de los cambios importantes en la legislación en lo que al sector del mar se refiere para ayudar a nuestros clientes en el desarollo de su actividad.