Este sitio web utiliza Cookies propias y de terceros de análisis para recopilar información con la finalidad de mejorar nuestros servicios, así como para el análisis de su navegación. Si continua navegando, supone la aceptación de la instalación de las mismas. El usuario tiene la posibilidad de configurar su navegador pudiendo, si así lo desea, impedir que sean instaladas en su disco duro, aunque deberá tener en cuenta que dicha acción podrá ocasionar dificultades de navegación de la página web.

[ACEPTAR]      [CÓMO CONFIGURAR]
DETALLE DE LA SUBVENCIÓN

Axudas destinadas á primeira adquisición dun buque de pesca. (CERRADA)

07 feb
2018
Axudas destinadas á primeira adquisición dun buque de pesca. (CERRADA)

Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas a tripulantes de buques pesqueiros para fomentar unha pesca sustentable desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva.

As axudas terán como finalidade a primeira adquisición dun buque de pesca.

A quen vai dirixido?

Poderán ser persoas beneficiarias pescadores tripulantes de buques pesqueiros que cumpran os seguintes requisitos:

Requisitos

1. Estar enrolado nun buque con porto base en Galicia.

2. Non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións nin sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira.

3. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Non ter cometido infracción grave:

– Da PPC definidas como tales en actos lexislativos do Parlamento Europeo e do Consello.

– Do Regulamento (UE) núm. 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) núm. 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control; durante os 12 meses anteriores á data da presentación de solicitudes, se o operador ten nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) núm. 404/2011. Cada punto de infracción acumulado que se engada aos nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) núm. 404/2011 suporá un mes adicional de inadmisibilidade da axuda por punto acumulado.

Prazo

Prazo de presentación: 

08/02/2018 - 07/03/2018

 

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.

Documentación para a presentación

  • Documentación necesaria para a tramitación do procedemento:

Se o investimento é para axuda inicial para primeira adquisición dun buque de pesca, deberá achegar:

  • Anexo I de solicitude de axudas destinadas á adquisición dun buque de pesca (código do procedemento PE119A).
  • Anexo II de indicadores FEMP.
  • Compromiso non condicionado de adquisición do buque, con indicación do nome, da matrícula e do importe do custo asinado polo potencial vendedor e comprador.
  • Informe de vida laboral emitido na mesma data que a presentación da solicitude.
  • Copia de todas as follas de todos os cadernos de inscrición marítima, que deberán estar actualizados.

Archivos adjuntos a la subvención:


AXUDAS PESCA SUSTENTABLE 2018.pdf
Asemar, asesoría de empresas en Vilagarcía de Arousa relacionadas relacionadas con la pesca, el marisqueo, y la acuicultura. Asemar ofrece a sus clientes un asesoramiento especializado y diferenciado, que les permite la obtención de los mejores resultados dentro del ámbito de sus negocios. Informamos de las ultimas subvenciones, noticias de interes y de los cambios importantes en la legislación en lo que al sector del mar se refiere para ayudar a nuestros clientes en el desarollo de su actividad.