Este sitio web utiliza Cookies propias y de terceros de análisis para recopilar información con la finalidad de mejorar nuestros servicios, así como para el análisis de su navegación. Si continua navegando, supone la aceptación de la instalación de las mismas. El usuario tiene la posibilidad de configurar su navegador pudiendo, si así lo desea, impedir que sean instaladas en su disco duro, aunque deberá tener en cuenta que dicha acción podrá ocasionar dificultades de navegación de la página web.

[ACEPTAR]      [CÓMO CONFIGURAR]
DETALLE DE LA SUBVENCIÓN

AXUDAS AS INSDUSTRIAS TRANSFORMADORAS DE PRODUCTOS DA PESCA E ACUICULTURA.(CERRADA).(CERRADA)

07 feb
2018
AXUDAS AS  INSDUSTRIAS TRANSFORMADORAS DE PRODUCTOS DA PESCA  E ACUICULTURA.(CERRADA).(CERRADA)

NORMATIVA

Orde do 18 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos pesqueiros e de acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convocan para o ano 2018.

PERSOAS BENEFICIARIAS

Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas, xurídicas ou pluralidade de persoas físicas que sexan peme do sector de transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura.

 

FINALIDADE

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos procedentes da pesca e da acuicultura, que terán como finalidade realizar investimentos que:

1. Contribúan a aforrar enerxía ou reducir o impacto no ambiente, incluíndo o tratamento de residuos.

2. Melloren a seguridade, a hixiene, a saúde e as condicións de traballo.

3. Axuden á transformación de capturas de peixe comercial que non se poidan destinar ao consumo humano

4. Se refiran á transformación de subprodutos obtidos das actividades principais de transformación.

5. Se refiran á transformación de produtos de acuicultura ecolóxica, en virtude dos artigos 6 e 7 do Regulamento (CE) nº 834/2007.

6. Dean lugar a novos e mellores produtos, novos ou mellores procesos, ou novos ou mellores sistemas de xestión e organización.

REQUISITOS

1. Ser unha peme do sector de transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura.

2. Non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións nin sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira.

3. Non poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Non ter cometido infracción grave:

– Da PPC definidas como tales en actos lexislativos do Parlamento Europeo e do Consello;

– Do Regulamento (UE) núm. 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) núm. 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control; durante os 12 meses anteriores á data da presentación de solicitudes, se o operador ten nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) núm. 404/2011. Cada punto de infracción acumulado que se engada aos nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) núm. 404/2011, suporá un mes adicional de inadmisibilidade da axuda por punto acumulado.

PRAZO

Prazo de presentación: 

08/02/2018 - 07/03/2018

 

DOCUMENTACION

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
    • Anexo II da declaración de non inicio do investimento, de ser o caso.
    • Anexo III do formulario do investimento.
    • Anexo IV.1, de pluralidade de persoas físicas, se é o caso.
    • Anexo IV.2, de agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica ou comunidades de bens, se é o caso.
    • Anexo V, de relación de ofertas solicitadas e elixidas.
    • Anexo VI.1, de declaración de peme cando o solicitante é unha persoa física, unha pluralidade de persoas físicas, unha comunidade de bens ou unha agrupación ou entidade sen personalidade xurídica.
    • Anexo VI.2, de declaración de peme cando o solicitante é unha persoa xurídica.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.

 


Archivos adjuntos a la subvención:


AXUDAS INDUSTRIAS TRANSFORMADORAS 2018.pdf
Asemar, asesoría de empresas en Vilagarcía de Arousa relacionadas relacionadas con la pesca, el marisqueo, y la acuicultura. Asemar ofrece a sus clientes un asesoramiento especializado y diferenciado, que les permite la obtención de los mejores resultados dentro del ámbito de sus negocios. Informamos de las ultimas subvenciones, noticias de interes y de los cambios importantes en la legislación en lo que al sector del mar se refiere para ayudar a nuestros clientes en el desarollo de su actividad.