- Con data do 19 de febreiro do 2021 Mejilloneros de Galicia Soc. Coop. Ltda. (SOCOMGAL) e con data do 25 de febreiro do 2021 a Organización de Produtores de Mexil/ón de Galicia (OPMEGA), solicitaron autorización para a colocación de ata 50 cordas colectoras máis por batea en todos os polígonos de cultivo de Galicia.
- Con data do 25 de febreiro do 2021 consultouse, sobre a colocación de máis cordas colectoras por batea en todos os polígonos de cultivo de Galicia, á comisión de Mexillón a cal se manifesta a favor de que se autorice a colocación de ata 50 cordas colectoras máis por batea en todos os polígonos de cultivo de Galicia.
CONSIDERACIÓNS LEGAS E TÉCNICAS
- Consonte co 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, á Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica correspóndelle exercer a dirección e coordinación das competencias e funcións en materia de ordenación pesqueira en augas interiores e acuicultura; das industrias de transformación e comercialización e almacenamento dos produtos da pesca, o marisqueo e a acuicultura; de estatísticas e rexistros en materia de pesca, marisqueo e acuicultura; da promoción da competitividade dos produtos pesqueiros, marisqueiros e da acuicultura e o fomento da súa calidade; de conservación, protección e xestión sustentable dos recursos mariños; de coordinación da sanidade dos animais acuáticos e dos establecementos de acuicultura; da cooperación pesqueira interinstitucional e co exterior, de acordo coa política pesqueira galega e as regulamentacións básicas da Unión Europea e da Administración xeral do Estado.
- A Organización Mundial da Saúde elevou o pasado 1 1 de marzo de 2020 a situación de emerxencia de saúde pública ocasionada polo COVID-19 a pandemia internacional. Como consecuencia diso, por medio de Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, declarouse o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19
- O ámbito territorial da declaración esténdese a todo o territorio nacional.
- A propia norma que declara o estado de alarma, establece o carácter esencial dos sectores produtores de alimentos ao indicar que se adoptarán as medidas necesarias para garantir o abastecemento alimentario nos lugares de consumo e o funcionamento dos servizos dos centros de produción, permitindo a distribución de alimentos desde a orixe ata os establecementos comerciais de venta ao consumidor.
Do mesmo xeito, posteriormente, o Real Decreto-lei 10/2020, de 29 de marzo, cualifica como sectores esenciais, entre outros, o funcionamento dos servizos dos centros de produción de bens e servizos de primeira necesidade. incluindo alimentos.
Sendo isto así, e sendo a obtención de semente de mexillón a fase inicial do ciclo de cultivo para a produción do alimento que constitúe o mexillón adulto, cómpre ter en conta que no Real Decreto 463/2020, se estableceron toda unha serie de limitacións á libre circulación de persoas que, non impediron, pero si ralentizaron e dificultaron o desenvolvemento da actividade de recolleita de semente de mexillón que, de xeito tradicional, se ven realizando por parte do sector bateeiro galego. A todo isto hai que sumar o risco en si mesmo que, para o persoal que traballa na recolleita, está a producir o virus causante da emerxencia sanitaria.
- A colocación de cordas colectoras nas bateas constitúe unha alternativa e un complemento á extracción de mexilla en rocha que, neste intre, e dada a situación extraordinaria de pandemia sen precedentes que se está a vivir, enténdese necesaria e fundamental para que o sector mexilloneiro poida afrontar a vindeira colleita con garantías de poder subministrar ao mercado produto que é un ben esencial.
- 0 29 de outubro de 2020, o Congreso dos Deputados autorizou a prórroga do estado de alarma ata o día 9 de maio de 2021. Conforme o artigo 2 do Real decreto 956/2020, do 3 de novembro, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2, a prórroga establecida no devandito real decreto estenderase desde as 00.00 horas do día 9 de novembro de 2020 ata as 00.00 horas do día 9 de maio de 2021, e someterase ás condicións establecidas no Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, e nos decretos que, se é o caso, se adopten en uso da habilitación conferida pola disposición derradeira primeira do citado Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, sen prexuízo do establecido nas disposicións que recolle o propio real decreto de prórroga-
Visto o exposto ata o de agora, a Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
RESOLVE
Autorizar a colocación, con carácter extraordinario, de ata 50 cordas colectoras máis por batea en todos os polígonos de cultivo de Galicia , baixo as seguintes condicións:
- As cordas colectoras poderán manterse na batea ata 0 30.09.2021 .
- As cordas colectoras, que terán libre un dos seus extremos, non poderán ter máis de cinco metros de lonxitude contados a partir da superficie do mar. Cada unha delas deberá estar claramente identificada mediante unha marca de cor vermella intensa, na súa parte superior, dunha lonxitude mínima de 30 cm que a diferencie perfectamente das cordas de engorde.
- As asociacións comunicarán á Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica o listado de bateeiros que fan uso da ampliación de ata 50 cordas colectoras máis por batea en todos os polígonos de cultivo de Galicia.
- Os titulares das concesións deberán facilitar os datos que sexan necesarios a os técnicos desta Consellería para levar a cabo un correcto seguimento do proceso.
De conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro de 2015), contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar, no prazo dun (1) mes contado dende o día seguinte ao da súa notificación.
Santiago de Compostela, na data da sinatura dixital
A Directora Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Mercedes Rodríguez Moreda