A Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, establece no artigo 2 que a política pesqueira galega ten como finalidade a viabilidade duradeira do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola galego, garantindo a mellora das condicións de vida e traballo das persoas que se dedican a estas actividades mediante a explotación sustentable, equilibrada e responsable dos recursos baseada nun asesoramento científico sólido e tendo en conta os aspectos ambientais, económicos e sociais. No artigo 6 da lei establécense os obxectivos en relación coa conservación e a xestión dos recursos pesqueiros e marisqueiros, e co fin de asegurar estes, no artigo 7 recóllense as medidas de conservación e xestión que a consellería competente poderá adoptar, entre elas a adopción de plans de xestión. Ademais, o artigo 28.4 da lei establece que a política da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de marisqueo terá, entre outros, o obxectivo da procura de que as explotacións marisqueiras sexan sustentables e economicamente rendibles.
Os plans de explotación marisqueira tiveron o seu desenvolvemento normativo no Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños. Por outra banda, o artigo 158 do Decreto 15/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as artes, aparellos, útiles, equipamento e técnicas permitidos para a extracción profesional dos recursos mariños vivos en augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, establece que a explotación de recursos específicos se realizará a través de plans de xestión. En desenvolvemento deste precepto, ditouse a Orde de 30 de decembro de 2015 pola que se regula a explotación dos recursos específicos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, na cal se ordenan todos os aspectos que afectan esta actividade, incluíndo as habilitacións para acceder á explotación xunto cos plans de xestión.
Na actualidade, o Decreto 153/2019, do 21 de novembro, polo que se regula o réxime de conservación e explotación dos recursos marisqueiros e das algas, establece que a actividade de marisqueo de recursos específicos e de algas, tanto en zonas de autorización marisqueira como en zonas de libre marisqueo, se realizará ao abeiro de plans de xestión. Os plans de xestión terán carácter trianual e serán aprobados mediante orde da consellería competente en materia de marisqueo.
O decreto establece o réxime necesario para que a explotación dos recursos marisqueiros e das algas en Galicia se realice coas garantías de desenvolver unha xestión sustentable destes, e tendo en conta aspectos de carácter ambiental, económico, social e de emprego.
Os plans de xestión de recursos específicos conteñen medidas para a conservación e explotación dos recursos durante un período de tres anos para unha explotación sustentable nunha zona determinada, e incluirán obxectivos biolóxicos, ecolóxicos, económicos e sociais, niveis de referencia, indicadores de seguimento e estratexias de actuación. Os plans atenden a obxectivos biolóxicos relacionados co uso sustentable e a longo prazo dos recursos marisqueiros. Dentro dos obxectivos ecolóxicos destaca a participación das persoas mariscadoras en actividades relacionadas coa protección da biodiversidade e ecosistemas mariños, en particular mediante a recollida de residuos. Finalmente, os obxectivos socioeconómicos están maioritariamente relacionados coa mellora dos ingresos e o mantemento ou creación de emprego.
Os plans de xestión conteñen as medidas reguladoras da actividade marisqueira, ben que o exercicio da actividade está condicionado á posesión dun permiso de explotación para o marisqueo a pé ou da modalidade de marisqueo no permiso de explotación da embarcación, de acordo co establecido no artigo 39 da Lei 11/2008, do 3 de decembro.
Os plans de xestión son o resultado dun estudo continuado da evolución dos recursos e do hábitat. Moitos dos traballos realizados para a elaboración e desenvolvemento dos plans de xestión achegan información estandarizada que pode ser encadrada nos descritores 1, 2, 3, 6 e 10 definidos pola Directiva marco sobre a estratexia mariña (DMEM) como criterios para definir o bo estado ambiental.
As entidades do sector, titulares dos plans de xestión, realizan de forma coordinada e continua no tempo a recollida de información estandarizada, e en coordinación co persoal técnico da consellería lévase a cabo a monitorización e mantemento do bo estado dos recursos marisqueiros e do ecosistema ao longo do litoral e zona marítima de Galicia. Isto permite que as áreas xestionadas mediante os plans de xestión conformen unha rede planificada de zonas naturais, deseñada e xestionada para proporcionar un amplo abano de servizos ecosistémicos e protexer a biodiversidade, o que atende ao concepto de infraestrutura verde (azul no medio acuático).
No caso do percebe, a explotación realízase no marco de plans de xestión dentro dun ámbito territorial e coa posibilidade, establecida no artigo 13.2 do Decreto 153/2019, do 21 de novembro, de que os plans poidan reservar zonas de extracción para a semente de mexillón. Esta medida reguladora da actividade marisqueira ten por obxecto a protección e conservación do percebe en zonas concretas do ámbito do plan, ante a realidade da coexistencia de percebe e semente de mexillón nos bancos naturais. Isto suporá que dentro do plan de xestión pode haber zonas nas cales se poderá extraer percebe e semente de mexillón (zonas de reserva para a extracción de semente de mexillón), e outras zonas nas cales só se poderá extraer percebe (zonas de explotación exclusiva de percebe).
Nas zonas de reserva para a extracción de semente de mexillón a explotación da mexilla realizarase segundo o establecido na Orde do 26 de outubro de 2000 pola que se regula a extracción de semente de mexillón en bancos naturais.
Os plans manteñen o enfoque baseado na coxestión e gobernanza dos recursos, coa participación do sector produtor do marisqueo na súa elaboración e na asunción de responsabilidades na xestión sustentable dos recursos.
As entidades asociativas presentan a súa proposta de plans de xestión, na cal adquiren importancia non só as medidas técnicas para unha explotación sustentable, senón tamén as actividades de semicultivo, control e vixilancia, elementos fundamentais para a mellora das zonas produtivas. A Administración avalía o réxime de conservación e explotación dos recursos tendo en conta as variables biolóxicas e a saúde dos stocks, as variables ecolóxicas e socioeconómicas da xestión, o plan de extracción, as medidas de conservación e protección do recurso, as accións de mellora dos hábitats e zonas de produción, e as accións de coidado, control, protección e vixilancia dos bancos marisqueiros, e, se procede introduce as melloras necesarias, co fin de asegurar unha explotación sustentable tendo en conta aspectos ambientais e acadar unha maior rendibilidade económica e a creación de emprego.
Os plans de xestión de recursos específicos poden incluír a realización de actividades de turismo mariñeiro por parte das persoas mariscadoras en apoio do uso sustentable dos recursos, de acordo co recollido nos artigos 112 e 113 da Lei 11/2008, do 3 de decembro.
As entidades asociativas do sector, no ámbito dos plans de xestión de poliquetos na modalidade a pé, poden reservar zonas nas cales as persoas titulares de licenzas de pesca marítima de recreo en superficie poidan capturar ata 50 poliquetos ao día, sempre que non interfiran coa actividade marisqueira. As entidades asociativas titulares de plans de xestión poderán levar a cabo o control destas actuacións no marco das operacións de salvagarda do medio mariño e das súas especies que están a realizar.
Polo tanto, examinadas as propostas de plans de xestión remitidos polas entidades asociativas do sector, vistos os informes emitidos polo persoal técnico desta consellería e as propostas das xefaturas territoriais, e de conformidade co disposto no Decreto 153/2019, do 21 de novembro,
DISPOÑO:
Artigo 1. Obxecto
Esta orde ten por obxecto aprobar os plans de xestión para recursos específicos e algas en Galicia para o trienio 2022-2024.
Artigo 2. Percebe (Pollicipes pollicipes)
Apróbanse os plans de xestión para o trienio 2022-2024 para a explotación sustentable de percebe, presentados polas entidades asociativas do sector, que se relacionan no cadro A.
Os plans de xestión de percebe, que inclúen zonas de reserva para a extracción de semente de mexillón e zonas de explotación exclusiva de percebe e as súas coordenadas xeográficas das mesmas, relaciónase no cadro B.
Na páxina web:
https://www.pescadegalicia.gal/gl/zonasreservamexilla_zonasexclusivaspercebe están publicados os mapas das zonas de reserva para a extracción de semente de mexillón e das zonas de explotación exclusiva de percebe no ámbito territorial dos plans de xestión.
Artigo 3. Solénidos (navalla/longueirón/longueirón vello)
1. Apróbanse os plans de xestión para o trienio 2022-2024 para a explotación sustentable de solénidos, presentados polas entidades asociativas do sector, que se relacionan no cadro C.
2. Cando a extracción da navalla/longueirón/longueirón vello se vaia realizar con mergullo con subministro de aire desde superficie, será necesario que as entidades titulares dos plans presenten con cada solicitude de apertura para un período determinado, un plan de control que permita avaliar os medios e medidas empregadas para garantir o control do esforzo pesqueiro en cada momento e poñerlle límite, de ser o caso.
A autorización de apertura para un período determinado queda supeditada á adecuación e efectividade das medidas de control propostas.
Artigo 4. Equinodermos
Apróbanse os plans de xestión para o trienio 2022-2024 para a explotación sustentable de equinodermos, presentados polas entidades asociativas do sector, que se relacionan no cadro D.
Artigo 5. Peneira
Apróbanse os plans de xestión para o trienio 2022-2024 para a explotación sustentable de peneira, presentados polas entidades asociativas do sector, que se relacionan no cadro E.
Artigo 6. Algas
Apróbanse os plans de xestión para o trienio 2022-2024 para a explotación sustentable de algas, presentados polas entidades asociativas do sector e empresas, que se relacionan no cadro F.
Artigo 7. Anemones
Apróbanse os plans de xestión para o trienio 2022-2024 para a explotación sustentable de anemones, presentados polas entidades asociativas do sector, que se relacionan no cadro G.
Artigo 8. Poliquetos
Apróbanse os plans de xestión para o trienio 2022-2024 para a explotación sustentable de poliquetos, presentados polas entidades asociativas do sector, que se relacionan no cadro H.
Disposición adicional primeira. Zonas de traballo dos sectores de a pé e desde embarcación
Se non existe acordo de repartición da zona de traballo entre os sectores de marisqueo a pé e desde embarcación, as zonas dos dous sectores quedarán delimitadas pola liña que une os puntos de cota mareal cero, correspondente coa liña da baixamar máxima escorada.
Disposición adicional segunda. Tope de captura para o gabián (Lumbrineris impatiens=Scolotema laurentiana)
Cando os topes de captura para o gabián (Lumbrineris impatiens=Scolotema laurentiana) se establezan mediante unha medida volumétrica empregando un vaso graduado, as persoas participantes do plan empregarán o mesmo tipo de medida.
Disposición adicional terceira. O emprego do mergullo nos plans de xestión
A aprobación dos plans con arte ou modalidade de mergullo implica a autorización para realizar o mergullo nas zonas e períodos de vixencia daqueles, segundo as resolucións de apertura que sexan ditadas pola xefatura territorial, conforme o establecido na Orde do 23 de abril de 1999, pola que se regula o exercicio do mergullo profesional, modificada pola Orde do 13 de xuño de 2001, e sen prexuízo do cumprimento do Real decreto 550/2020, do 2 de xuño, polo que se determinan as condicións de seguridade das actividades de mergullo.
Disposición adicional cuarta. Zonas de extracción de poliquetos por titulares de licenza de pesca marítima de recreo en superficie
Dentro do ámbito dos plans de xestión de poliquetos a pé poden incluírse zonas para que as persoas titulares de licenza de pesca marítima de recreo en superficie poidan capturar un máximo de 50 poliquetos/día, sen interferir coa actividade extractiva.
Na páxina web https://www.pescadegalicia.gal/gl/poliquetos publicaranse as zonas que as entidades asociativas do sector titulares de plans de xestión, de ser o caso, reservarán para a extracción de poliquetos para pesca marítima de recreo en superficie.
Disposición adicional quinta. Actividades de semicultivo e control dos bancos marisqueiros
De acordo co artigo 20 do Decreto 153/2019, do 21 de novembro, polo que se regula o réxime de conservación e explotación dos recursos marisqueiros e das algas:
1. Os rareos e traslados de semente, as sementeiras, así como outras actividades de semicultivo necesarias para a mellora de produción ou de recuperación de zonas poderán levarse a cabo durante todos os días do ano e requirirán de autorización da xefatura territorial correspondente.
2. Os traballos de limpeza dos bancos marisqueiros realizados polas persoas mariscadoras poderán levarse a cabo durante todos os días do ano e requirirán de comunicación previa á xefatura territorial correspondente e á Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia.
3. Os traballos ou actividades de coidado, control, seguimento, protección e vixilancia dos bancos marisqueiros, realizados polas persoas mariscadoras, poderán desenvolverse todos os días do ano.
4. As actividades de turismo mariñeiro realizadas polas persoas mariscadoras son complementarias e compatibles co exercicio do marisqueo e poderán desenvolverse todos os días do ano.
Disposición adicional sexta. Permisos de explotación
Segundo o disposto no artigo 5.1 do Decreto 153/2019, do 21 de novembro, a extracción de recursos marisqueiros en zonas suxeitas a plan de xestión ou en zonas de libre marisqueo só poderá ser exercida polas persoas e embarcacións que estean en posesión da preceptiva habilitación, e non serán recoñecidas como válidas aquelas autorizacións emitidas polas propias entidades.
Disposición adicional sétima. Plans de xestión de recursos específicos e algas para o trienio 2025-2028
As persoas interesadas en desenvolver un plan de xestión de recursos específicos e algas para 2025-2028 deberán achegar coa solicitude, un plan de xestión para ese trienio, para o cal se empregará o modelo que se pode consultar na páxina web da Consellería do Mar (http://mar.xunta.gal/gl/content/plans-de-xestion-e-biodiversidade).
Disposición derradeira primeira. Consulta dos plans de xestión
Os plans de xestión presentados polas entidades que serviron de base para esta orde estarán dispoñibles nos servizos centrais, xefaturas territoriais correspondentes da Consellería do Mar, así como na sede das entidades responsables destes.
Disposición derradeira segunda. Facultade de desenvolvemento
Autorízase a persoa titular da dirección xeral competente en materia de marisqueo para o desenvolvemento desta orde e que, co obxecto da mellora da conservación e xestión dos recursos marisqueiros, e na procura dunha explotación sustentable, adopte as medidas de xestión necesarias en función do estado dos recursos e dos informes emitidos polo persoal técnico.
Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2021
Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Mar
CADRO A: PLANS DE XESTIÓN DE PERCEBE (Pollicipes pollicipes)
PROVINCIA DE LUGO
Entidade(1) |
Modalidade |
Zona de traballo |
Días probables de extracción |
Épocas probables de extracción |
Puntos de control |
A. M. San Cosme |
A pé |
De punta Promontorio a punta Nois |
10 |
Marzo, abril, xullo, agosto e decembro |
Promontorio e Rapadoira |
C.P. Burela |
Embarc. |
De punta Rueta a punta Nois e illotes Cachiñeiras |
50 |
De maio a decembro |
Aparcadoiro de cabo Burela, aparcadoiro da praia de Ril, aparcadoiro da praia de Marosa, punta do Castro e lonxa de Burela |
C.P. Celeiro |
Embarc. |
Da Ermida de San Tirso a punta Cabalo, incluíndo os illotes Os Netos e illa Gabeira |
70 |
De xuño a setembro |
Lonxa de Celeiro e peirao de Portocelo |
C.P. O Vicedo |
Embarc. |
Desde a marxe esquerda do río Escourido á marxe dereita do río Sor, illa Coelleira e As Laxes |
90 |
Marzo, abril, de xuño a outubro e decembro |
Centro de venda do Vicedo |
C.P. Ribadeo |
A pé |
De punta Promontoiro ás Carrallas |
60 |
De abril a decembro |
Punta Corbeira, A Insua, Os Galliños e O Cerredo |
C.P. San Cibrao |
A pé Embarc. |
De Ermida de San Tirso a punta Rueta (incluíndo as Illas de Cal, Ansarón e Farallóns) |
100 |
De febreiro a abril e de xuño a decembro |
Portos de Morás e Portocelo e confraría San Cibrao |
PROVINCIA DA CORUÑA
Entidade(1) |
Modalidade |
Zona de traballo |
Días probables de extracción |
Épocas probables de extracción |
Puntos de control |
C.P. A Coruña, Mera, Lorbé e Sada e Ares (plan conxunto) |
A pé Embarc. |
De praia de Sabón a praia de Bastiagueiro (agás dique porto exterior punta Langosteira); de punta Canide ata A Marola; de porto-cala de Dexo ata punta San Mamede; de San Amede ata a marxe esquerda do río Mandeo, tendo como límite a ponte do Pedrido, e de praia Almieiras a punta Segaño |
144 |
De xaneiro a decembro |
Porto de Suevos, dársena de Oza, Casa dos Peixes, San Amaro, aparcamento Torre, Centro Reto, rampla de Mera e embarcación de vixilancia |
C.P. A Coruña e Caión (plan conxunto) |
A pé Embarc. |
Zona intermareal da cara exterior do dique do porto exterior de Punta Langosteira |
60 |
Marzo e de xuño a decembro |
Embarcación de vixilancia na zona de traballo e porto de Suevos |
C.P. Aguiño |
Embarc. |
Desde punta Castro ata a desembocadura do río Sieira, illas e illotes adxacentes |
180 |
De xaneiro a decembro |
Lanchas de vixilancia e zonas de traballo, peirao de Aguiño (rampla anexa á lonxa), Corrubedo, Couso, Balieiros e Furnas |
C.P. Caión |
A pé Embarc. |
De punta Alba a Pedra do Sal |
145 |
De xaneiro a decembro |
Pedra do Sal, praia de Arnela, A Piolla, campo de fútbol, A Torre, A Chataterría, Valcobo e A Guieira |
C.P. Camariñas |
Embarc. |
De punta Gallada a punta Villueira, incluídos illas e illotes |
125 |
De xaneiro a decembro |
Arnela e lonxa de Camariñas |
C.P. Camelle |
Embarc. |
De punta Morelo a punta Gallada, incluíndo illas e illotes fronte á costa |
150 |
De xaneiro a decembro |
Porto de Ríos, cemiterio dos ingleses, canle de Cabanas, praia de Lobeiras, porto de Camelle e Arnado |
C.P. Cariño A.P. Cariño (plan conxunto) |
Embarc. |
De Pedra Barcelona ata a desembocadura do río Mera |
150 |
De xaneiro a decembro |
Local da lonxa de Cariño |
C.P. Cedeira |
Embarc. |
Do faro da punta da Frouxeira ata Pedra Barcelona |
200 |
De xaneiro a decembro |
Lonxa de Cedeira |
C.P. Corme |
A pé Embarc. |
Da enseada do río Anllóns á punta Nariga, incluídos illas e illotes fronte á costa |
160 |
De xaneiro a decembro |
A pé: zona A: camiño do Canteiro, praia de Balarés e praia da Ermida, zona B: merendeiro e cruzamento da Atalaia; zona C: aldea do Roncudo e mirador do Roncudo; zona D: aldea do Roncudo, Os Eolos e A Fontenla; zona E: Santa Mariña, punta Nariga e praia da Barda. Desde embarcación: porto de Corme e praia de Barda |
C.P. Espasante |
Embarc. |
De illa San Vicente ata punta Villardeira |
160 |
De xaneiro a abril e de xuño a decembro |
Porto de Espasante, O Tallo, Cadaval e Furnas |
C.P. Ferrol |
A pé Embarc. |
De faro de punta Frouxeira ata punta San Carlos e illotes adxacentes |
173 |
De xaneiro a decembro |
Punta Penencia, punta dos Castros, A Cova e Praia dos Botes (Pareixal) e lonxa de Ferrol |
C.P. Fisterra |
A pé Embarc. |
Da praia de Nemiña ata cabo Fisterra e illotes adxacentes, illas Lobeiras, Carrumeiros e Os Bois |
A pé: 160 Emb.: 180 |
De xaneiro a decembro |
A pé: zona A: Faro Fisterra; zona B: Alto da Nave; zona C: praia da Arnela. Embarcación: pantalán do peirao de Fisterra |
C.P. Laxe |
A pé Embarc. |
De punta Morelo a praia das Vacas |
90 |
De xaneiro a abril, de xullo a outubro e decembro |
Zonas de traballo. Rampla do porto de Laxe e lonxa de Laxe |
C.P. Lira |
A pé |
De punta Insua ata a desembocadura do río Larada |
32 |
De xaneiro a decembro |
Lonxa de Lira |
C.P. Lira |
Embarc. |
De punta Insua ata a desembocadura do río Larada |
78 |
De xaneiro a decembro |
Lonxa de Lira |
C.P. Malpica |
A pé Embarc. |
De punta Nariga a Pedra do Sal, incluíndo illas Sisargas, baixos de Baldaio e demais illas e illotes fronte á costa en tres millas |
157 |
De xaneiro a decembro |
Lancha de vixilancia, porto de Barizo e lonxa de Malpica |
C.P. Muros |
A pé |
De punta Insua a punta Uhía |
50 |
De xaneiro a decembro |
Peirao e lonxa de Muros |
C.P. Muxía |
A pé Embarc. |
De punta Piaduiro, marxe esquerda da desembocadura do río Grande, ata punta Nemiña, marxe dereita da desembocadura do río Castro (incluíndo illas e illotes) |
155 |
De xaneiro a decembro |
A pé: Zona A: saída da pista de Moreira, zona B: campo de Carlos, zona C: A Barca, Langosteira, explanada da cetaria de Merexo. Desde embarcación: pantalán amarre lanchas terceira lista no porto de Muxía. Todos: lonxa de Muxía |
C.P. O Barqueiro-Bares |
Embarc. |
De punta Villardeira a punta da Barra |
144 |
Xaneiro e de marzo a decembro |
Peirao do Barqueiro e O Ventoeiro |
C.P. O Pindo |
A pé |
Da desembocadura do río Xallas á desembocadura do río Larada e pedras adxacentes |
40 |
De xaneiro a decembro |
Porto de Quilmas, Insuela e punta Caldebarcos |
C.P. Porto do Son |
A pé Embarc. |
De río Sieira a punta Cabeiro, illa Filgueira, illotes Os Bruios, Leixoes e Pedra do Con |
140 |
De xaneiro a decembro |
A pé: zonas 1 e 2: furna de Laxe, Zona 3: punta Castro, zona 4: punta Sagrada. Desde embarcación: porto pesqueiro de Porto do Son para todas as zonas |
C.P. Ribeira |
Embarc. |
De punta Aguiúncho-Airó Grande ata punta Castro, Pedras Carbancelos, As Pías de Castiñeiras, illas e illotes Laxas, Airós, Lobeiras grandes e pequena, illote de Rúa, illotes Corveiro e Xidoiro Pedregoso |
30 |
De xaneiro a decembro |
Lonxa de Ribeira |
PROVINCIA DE PONTEVEDRA
Entidade(1) |
Modalidade |
Zona de traballo |
Días probables de extracción |
Épocas probables de extracción |
Puntos de control |
C.P. A Guarda |
A pé |
De punta Orelludas a punta dos Picos |
150 |
De xaneiro a decembro |
Zona A: Capela de San Sebastián, Horizonte (en caso de mal tempo) e lonxa da Guarda. Zona B e zona C: Horizonte e lonxa da Guarda. |
C.P. A Guarda |
Embarc. |
De punta Orelludas a punta dos Picos |
100 |
De xaneiro a decembro |
Peirao do porto de Oia e peirao da Guarda: zonas A e B. Peirao do porto da Guarda: zonas A, B, C e D |
C.P. Aldán-Hío |
A pé |
De punta Couso a punta Morcegos cara ao interior da ría de Aldán |
35 |
De xaneiro a decembro |
Lonxa de Aldán, punta Couso e Menduíña |
C.P. Baiona |
A pé |
De punta Orelludas a punta do Boi |
150 |
De xaneiro a decembro |
Lonxa de Baiona, Salgueiras, Pedra Rubia, rotonda Cabo Silleiro |
C.P. Baiona |
Embarc. |
De punta Orelludas a Monteferro (punta Lameda) incluído Lourido |
150 |
De xaneiro a decembro |
Embarcación de vixilancia e lonxa de Baiona |
C.P. Bueu |
Embarc. |
De punta Lapamán a punta Morcegos. Illas Ons e Onza |
160 |
De xaneiro a decembro |
Área 1 (Xubenco): Centulo, Cova de Vella, Xubenco e enseada Bastián do Val. Área 2 (Fedorentos): Freitosa, Cova do Inferno e enseada Fedorentos. Área 3 (Onza): norte de Onza (con vento sur); oeste de Onza (con vento este); sur de Onza (con vento norte); e leste de Onza (con vento oeste). Área 4 (Liñeiros). Liñeiros N: Estripeiral; Liñeiros C: Estripeiral, Lapeiras e Liñeiros praia; Liñeiros S: Liñeiros praia e enseada de Caniveliñas. Área 5 (leste de Ons): enseada Fedorentos, praia Coliño, porto de Ons e praia de Melide. Área 6 (Udra): Cabo Udra, Ancoradoiro Robaleira e Lagos. |
C.P. Cangas |
Embarc. |
De punta Couso a punta Canaval e illas Cíes |
150 |
De xaneiro a decembro |
Zona de traballo (Cíes, Costa da Vela) e lonxa de Cangas |
C.P. O Grove |
A pé. Embarc. |
De punta Area Grande a punta Faxilda e illotes adxacentes |
80 |
De febreiro a agosto, outubro e decembro |
Con Negro, A Batería, punta Faxilda, embarcación de vixilancia e lonxa do Grove |
C.P. Vigo |
A pé |
De puntal da Serra a punta Cubilló |
40 |
De xaneiro a decembro |
Zona de traballo (illa de Toralla, cabo Estai e Monteferro) e lonxas de Canido e Vigo |
(1) Entidade:
Abreviatura |
|
A.M |
Asociación de mariscadores/as |
A.P |
Asociación de percebeiros/as |
C.P. |
Confraría de pescadores/as |
CADRO B: ZONAS DE RESERVA EXTRACCIÓN SEMENTE DE MEXILLÓN-ZONAS EXPLOTACIÓN EXCLUSIVA DE PERCEBE
PLANS DE XESTIÓN DE PERCEBE (Pollicipes pollicipes)
PROVINCIA DA CORUÑA
ZONAS DE RESERVA EXTRACCIÓN SEMENTE DE MEXILLÓN |
ZONAS EXPLOTACIÓN EXCLUSIVA DE PERCEBE (ZEP) |
|||||||
Entidade (1) |
Modalidade |
Zona |
X |
Y |
Zona |
X |
Y |
Observacións |
C.P. A Coruña, Mera, Lorbé, Sada e Ares |
A pé Embarc. |
Punta Segaño a praia de Amieiras |
555600 |
4811470 |
Punta Torrella a punta Bufadoiro |
556147 |
4806066 |
ZEM: inclúense as illas, illotes e pedras cercadas fronte aos tramos costeiros. O dique do porto exterior de punta Langosteira non está incluído no ámbito deste plan. ZEP: inclúense as illas, illotes e pedras cercadas fronte aos tramos costeiros. |
565827 |
4808252 |
552453 |
4803143 |
|||||
Ponte do Pedrido a punta Torrella |
563998 |
4797483 |
Punta Adurmideiras ás Amorosas |
549073 |
4803372 |
|||
556147 |
4806066 |
547920 |
4803060 |
|||||
Punta Bufadoiro a praia de Bastiagueiro |
552453 |
4803143 |
Roada a punta Mexillosa |
546852 |
4802881 |
|||
551864 |
4798972 |
546535 |
4802968 |
|||||
Dique de Abrigo a punta As Adormideiras |
550690 |
4801514 |
Zambela |
545788 |
4803256 |
|||
549073 |
4803372 |
545580 |
4803314 |
|||||
As Amorosas a Zambela (E), excluíndo a ZEP da Roada-punta Mexillosa |
547920 |
4803060 |
Illa de San Pedro |
545131 |
4803711 |
|||
545788 |
4803256 |
544299 |
4802643 |
|||||
Zambela (O) a praia de Sabón, excluíndo a illa de San Pedro, O Faroleiro Pequeno, O Faroleiro e a illa da Gaianda |
545580 |
4803314 |
Faroleiro Pequeno |
544118 |
4802729 |
|||
540168 |
4797645 |
544112 |
4802727 |
|||||
Faroleiro |
544140 |
4802717 |
||||||
544129 |
4802713 |
|||||||
Illa da Gaianda |
542656 |
4800697 |
||||||
542561 |
4800499 |
|||||||
C.P. Aguiño |
Embarc. |
Furna-I a Corrubedo-O Francés-II, agás a ZEP das Basoñas |
496848 |
4721376 |
As Basoñas, illas e illotes |
491637 |
4720540 |
ZEM: inclúense as illas, illotes e pedras cercadas fronte aos tramos costeiros |
492740 |
4713955 |
491672 |
4720225 |
|||||
Corrubedo-Paxariñas, agás as ZEP das Amarguras e As Paxariñas |
492671 |
4713404 |
492803 |
4720365 |
||||
493185 |
4712927 |
492713 |
4720708 |
|||||
Corrubedo-Praxeo a punta Castro, agás Pedras do Río, As Concheiras, As Queixadas, Torán e Pragueiros |
493561 |
4712861 |
As Amarguras, inclúe o tramo de costa, as illas e illotes |
492698 |
4713960 |
|||
500360 |
4708540 |
492605 |
4714144 |
|||||
O Carreiro, illas e illotes delimitados por este polígono |
499050 |
4707079 |
492111 |
4713809 |
||||
499394 |
4706337 |
492417 |
4713383 |
|||||
499798 |
4706532 |
492632 |
4713788 |
|||||
499415 |
4707299 |
492532 |
4713788 |
|||||
Illa de Sálvora: cara leste entre punta Besugueiros e punta Lago |
498748 |
4703697 |
492576 |
4713927 |
||||
499255 |
4701277 |
As Paxariñas, inclúe o tramo de costa, as illas e illotes |
493176 |
4712910 |
||||
|
493092 |
4712690 |
||||||
493417 |
4712582 |
|||||||
493449 |
4712800 |
|||||||
Pedras do Río, illas e illotes |
496574 |
4712148 |
||||||
496525 |
4712038 |
|||||||
496669 |
4711965 |
|||||||
496716 |
4712112 |
|||||||
As Concheiras, illas e illotes |
496568 |
4708782 |
||||||
496659 |
4708907 |
|||||||
496494 |
4709268 |
|||||||
495848 |
4709428 |
|||||||
495779 |
4709260 |
|||||||
As Queixadas, illas e illotes |
495950 |
4707258 |
||||||
496042 |
4707489 |
|||||||
496236 |
4707437 |
|||||||
496117 |
4707196 |
|||||||
Torán, illas e illotes |
496517 |
4706959 |
||||||
496541 |
4706792 |
|||||||
496748 |
4706808 |
|||||||
496721 |
4706985 |
|||||||
Pragueiros, illas e illotes |
493302 |
4707419 |
||||||
493500 |
4707034 |
|||||||
493673 |
4707083 |
|||||||
493570 |
4707518 |
|||||||
Arquipélago de Sálvora |
494556 |
4707077 |
||||||
499318 |
4698552 |
|||||||
501334 |
4705695 |
|||||||
C.P. Caión |
A pé Embarc. |
De punta Alba a Pedra do Sal, excluídas as ZEP de Porto de Caión - praia de Salseiras e de Portiño de Leira- A Pedra de Sal |
539477 |
4797234 |
Porto de Caión a praia de Salseiras |
532259 |
4796460 |
ZEM: inclúense as illas, illotes e pedras cercadas fronte aos tramos costeiros ZEP: inclúense as illas, illotes e pedras cercadas fronte aos tramos costeiros |
527763 |
4794603 |
531778 |
4796450 |
|||||
|
Portiño de Leira A Pedra do Sal |
528849 |
4795074 |
|||||
527763 |
4794603 |
|||||||
C.P. Corme |
A pé Embarc. |
De punta Nariga a punta Balarés, excluíndo a ZEP de Baixos da Rúa a Punta Carral |
507215 |
4796449 |
Baixos da Rúa a Punta Carral |
501209 |
4791739 |
ZEM: inclúense as illas, illotes e pedras cercadas fronte aos tramos costeiros ZEP: inclúense as illas, illotes e pedras cercadas fronte aos tramos costeiros |
504926 |
4786966 |
502594 |
4789891 |
|||||
C.P. Laxe |
A pé Embarc. |
Area das Vacas |
503968 |
4786192 |
Punta Padrón |
503855 |
4786400 |
ZEM: inclúense as illas, illotes e pedras cercadas fronte aos tramos costeiros ZEP: inclúense as illas, illotes e pedras cercadas fronte aos tramos costeiros |
503855 |
4786400 |
503737 |
4786264 |
|||||
Requeté-Escanavada |
503737 |
4786264 |
Mundiña a Remol |
502800 |
4786177 |
|||
502800 |
4786177 |
502677 |
4786030 |
|||||
Catuxa a Preguntoiro de Filigueiras |
502585 |
4785785 |
Pta. Cabalo |
501668 |
4786224 |
|||
501792 |
4786075 |
501513 |
4786200 |
|||||
Serva a Beizana |
501513 |
4786200 |
Niño Daija a Rubia |
501342 |
4785980 |
|||
501342 |
4785980 |
501128 |
4785955 |
|||||
Seixiño a Paso (N) |
501128 |
4785955 |
Terra da Olga a Furna da Espuma, incluíndo Cruciña, Paraguas, Boi, Mexos, Carreiro Bo e pedras cercadas |
499400 |
4786600 |
|||
499400 |
4786600 |
|||||||
Baleeira a Pichón da Gaviota |
498949 |
4786118 |
498949 |
4786118 |
||||
499213 |
4785774 |
|||||||
Morelo |
499000 |
4785727 |
||||||
498840 |
4785550 |
|||||||
C.P. Muros |
A pé |
Punt Asemar, asesoría de empresas en Vilagarcía de Arousa relacionadas relacionadas con la pesca, el marisqueo, y la acuicultura. Asemar ofrece a sus clientes un asesoramiento especializado y diferenciado, que les permite la obtención de los mejores resultados dentro del ámbito de sus negocios. Informamos de las ultimas subvenciones, noticias de interes y de los cambios importantes en la legislación en lo que al sector del mar se refiere para ayudar a nuestros clientes en el desarollo de su actividad.
|