Este sitio web utiliza Cookies propias y de terceros de análisis para recopilar información con la finalidad de mejorar nuestros servicios, así como para el análisis de su navegación. Si continua navegando, supone la aceptación de la instalación de las mismas. El usuario tiene la posibilidad de configurar su navegador pudiendo, si así lo desea, impedir que sean instaladas en su disco duro, aunque deberá tener en cuenta que dicha acción podrá ocasionar dificultades de navegación de la página web.

[ACEPTAR]      [CÓMO CONFIGURAR]
DETALLE DE LA NOTICIAS

BORRADOR ORDEN RECOLLIDA MEXILLA

23 sep
2022
BORRADOR ORDEN RECOLLIDA MEXILLA

Orde do xxx de xxxxx de 2022  pola que se regula a extracción de semente de mexillón en bancos naturais E A TRAVÉS DE ESTRUTURAS DE CAPTACIÓN.

Nas Rías Galegas hai fondeados máis de tres mil cincocentos viveiros nos 71 polígonos de cultivo existentes dos que a meirande parte se dedican ao cultivo de mexillón, un sector tradicional, consolidado na Comunidade Autónoma de Galicia e cunha ampla traxectoria histórica de varias décadas.

A actividade mexilloeira representa ao redor dos dous terzos do valor da produción acuícola galega e, o que é máis importante, configura un conglomerado de empresas produtoras, transformadoras e comercializadoras cuxa achega á economía dos municipios do litoral galego resulta importante, máxime si se considera tamén a súa dimensión social cunha estrutura da propiedade moi amplamente distribuída entre pequenos e medianos produtores.

No desenvolvemento da súa actividade, os establecementos dedicados ao cultivo desta especie precisan abastecerse de importantes cantidades de semente, na súa maior parte procedente de bancos naturais, aínda que é cada vez máis común alternar a semente de banco natural coa procedente de cordas colectoras e incluso os avances realizados para a mellora na captación poden levar ao emprego doutras ESTRUTURAS DE CAPTACIÓN NAS PROPIAS BATEAS.

O Decreto 338/1999, do 3 de decembro, polo que se modifica o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, aprobado por Decreto 406/1996, do 7 de novembro, sinala que as condicións das habilitacións para o abastecemento de semente en banco natural, as zonas e períodos de extracción e as cantidades máximas a extraer en cada zona regularanse mediante orde da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Do mesmo xeito, o artigo 36 de Decreto 406/1996, do 7 de novembro regula o abastecemento de semente en cordas colectoras e noutras estruturas de captación.

Ata este momento, a Orde do 26 de outubro de 2000 realizaba esa función normativa,  establecía a regulación da extracción da semente de mexillón nas rochas do litoral galego. Esta regulación está, a día de hoxe, amplamente superada se temos en conta, entre outras moitas cuestións, a necesidade de manter unha explotación sustentable dos recursos mariños, a variación do proceso produtivo para adecualo ás demandas do mercado, a necesidade de obter e dispor de completa trazabilidade do recurso e a incorporación das novas tecnoloxías á xestión administrativa e, por ende, ás relacións coa cidadanía e profesionais dos distintos sectores.

Amais, estas novas fórmulas de traballo e a esixencia normativa e social dunha maior información fan que sexa preciso lexislar esta materia desde unha óptica que asegure a trazabilidade do recurso extraído. A importancia socioeconómica do mexillón na nosa Comunidade Autónoma e o papel clave que ten a diferenciación e certificación baixo elementos de recoñecemento de calidade e orixe ou a verificación do cultivo ecolóxico da mesmo, tal e como xa se indicou, fan preciso a regulación dun sistema que garanta a rastrexabilidade deste molusco bivalvo desde o inicio do proceso de cultivo que ten lugar no momento no que se extrae a semente das rochas.

Ten tamén especial relevancia a capacidade e posibilidade de flexibilizar a  extracción E OBTENCIÓN DE SEMENTE DE MEXILLÓN MEDIANTE CAPTACIÓN, outorgando ao propio sector a competencia e autorización para a realización da mesma e flexibilizando esta actividade para legar aos titulares dos viveiros a capacidade de organizar os procesos extractivos E DE CAPTACIÓN aos seus procesos produtivos.

Do mesmo xeito, a concorrencia doutras actividades nas zonas de extracción sumada á necesidade de garantir a seguridade dos traballadores do sector e á necesidade de asegurar o aprovisionamento estable dos viveiros, fan necesario regular adecuadamente as condicións para a extracción de semente de mexillón nas rochas do litoral galego, tendo en conta a necesaria conservación de todos os recursos existentes nas rochas sen alterar o equilibrio ecolóxico, social e económico do noso medio mariño.

En consecuencia, e de acordo co disposto no artigo 27.15 do Estatuto de Autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia, e tendo en conta a disposición final primeira do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se faculta á actual Consellería do Mar para ditar as disposicións necesarias para o desenvolvemento e aplicación do mesmo, en virtude das competencias que ten atribuídas esta consellería en materia de acuicultura, e no exercicio das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1.-Obxecto e finalidade

A presente orde ten por obxecto regular o abastecemento dos viveiros con semente de mexillón procedente de banco natural, as autorizacións, as zonas,  os períodos de extracción, as cantidades máximas a extraer en cada zona, ASÍ COMO A OBTENCIÓN DE SEMENTE POR MEDIO DE CORDAS COLECTORAS E DOUTRAS ESTRUTURAS DE CAPTACIÓN e o sistema de comunicación das cantidades extraídas e áreas de extracción á consellería competente en materia de acuicultura.

Asemade, regula tamén o procedemento administrativo de autorización para a actividade de extracción de semente de mexillón en bancos naturais co obxecto de garantir a súa vinculación profesional aos titulares dos viveiros e permitir a trazabilidade e control documental que permita adoptar as medidas en cada caso procedentes para a protección e explotación do recurso.

A CAPTACIÓN DE MEXILLÓN REALIZARASE MEDIANTE CORDAS COLECTORAS CONSONTE AO ESTABLECIDO NO ARTIGO 36 DO DECRETO 406/1996, de 7 de novembro.

PODERÁ AUTORIZARSE EXPRESAMENTE, POLO TITULAR DA DIRECCIÓN XERAL CON COMPETENCIAS EN ACUICULTURA A CAPTACIÓN DE SEMENTE DE MEXILLÓN POR MEDIO DE ESTRUTURAS DISTINTAS A CORDAS COLECTORAS, PREVIO INFORME DA DITA DIRECCIÓN XERAL.

Artigo 2.-Ámbito de aplicación.

Esta orde será de aplicación á actividade de extracción de semente de mexillón en bancos naturais situados nas zonas do litoral conforme ao disposto no artigo 5 da presente orde.

Artigo 3.- Requisitos e habilitación para a extracción de semente de mexillón en bancos naturais E MEDIANTE ESTRUTURAS COLECTORAS.

1. Para o exercicio da actividade de extracción de semente de mexillón en bancos naturais con destino ao cultivo en viveiros, deberá estarse en posesión do correspondente carné, previa autorización da actividade, de conformidade co disposto no artigo seguinte

2. Poderán solicitar a habilitación establecida no parágrafo anterior as persoas, físicas ou xurídicas, titulares dunha batea de mexillón situada na Comunidade Autónoma de Galicia.

3. A semente de mexillón de banco natural con destino ao cultivo en viveiros, poderá ser colleitada polos propios concesionarios, persoas físicas ou xurídicas, ou por persoas vinculadas aos ditos concesionarios cun contrato laboral durante o período de extracción de semente de mexillón ao que fai referencia o artigo 5 da presente orde.

4. PARA A AUTORIZACIÓN DE ESTRUTURAS DE CAPTACIÓN DE SEMENTE DE MEXILLÓN RECOLLIDAS NO ARTIGO 36 DO DECRETO 406/1996, de 7 de novembro, O TITULAR ACHEGARÁ UNHA DESCRICIÓN DETALLADA DA ESTRUTURA A UTILIZAR PARA A CAPTACIÓN DE SEMENTE. ASI MESMO DEBERÁ XUSTIFICAR AS VANTAXES DA SÚA UTILIZACIÓN ASÍ COMO A AUSENCIA DE DANOS NO MEDIO MARIÑO OU POSIBLES PREXUÍZOS PARA O RESTO DOS VIVEIROS.

PARA A AUTORIZACIÓN DUNHA ESTRUTURA DE CAPTACIÓN DEBERÁ ACHEGARSE A DOCUMENTACIÓN QUE SE RECOLLE NO ANEXO I (facer un procedemento para estes casos).

Artigo 4.-Proceso de autorización de persoas para a extracción EN BANCO NATURAL.

1. Os concesionarios dos viveiros presentarán as solicitudes para a autorización da extracción de semente de mexillón obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. (procedemento PE515A)

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de forma presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

A solicitude será única por cada concesionario para cada unha das zonas sinaladas no artigo 5 da presente orde.

2. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto todo o ano. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

- Anexo II, só no caso de pluralidade ou terceiras persoas solicitantes.

- Anexo III, nomeamento de representante para os efectos de presentación da solicitude.

-  Xustificante do abono da taxa administrativa (32.36.06).

- Poder de representación do representante legal da entidade solicitante.

- Contrato de traballo das persoas que realizan as labores de recolección para o titular do viveiro.

- Certificado de cumprimento da obriga de colaboración establecida no artigo 4.3 da Orde do 14 de novembro de 1995 pola que se regula o programa de actuacións para o control de biotoxinas mariñas en moluscos bivalvos e outros organismos procedentes da pesca, o marisqueo e a acuicultura, expedido por entidade asociativa.

3. A documentación complementaria deberá presentarse de forma electrónica.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria de forma presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da comunicación e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. A efectos de presentación da solicitude, os interesados poderán actuar por medio de representantes; a acreditación da representación deberá realizarse mediante a presentación da correspondente autorización e aceptación utilizando o anexo III desta Orde.

7. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

- DNI/NIE da persoa solicitante.

- NIF da entidade solicitante

- DNI/NIE da persoa autorizada aos efectos de representación para a presentación da solicitude.

- DNI/NIE da persoa representante legal da entidade outorgante.

- DNI/NIE das persoas contratadas que realizan as labores de recolección para o titular do viveiro.

- Certificación de alta na Seguridade Social das persoas contratadas que realizan as labores de recolección para o titular do viveiro.

8. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente (anexos I/II/III) e achegar os documentos.

Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

9. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

10. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas teñan que realizar deberán ser efectuados de forma electrónica accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

11. A resolución das solicitudes correspóndelle á persoa titular da correspondente Xefatura Territorial da consellería competente en materia de acuicultura. 

O prazo máximo para ditar e notificar a resolución será de tres meses. Transcorrido o prazo sen resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes, de conformidade co disposto no artigo 25 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Na resolución, como mínimo, faranse constar os seguintes datos:

a) Vixencia.

A autorización para a extracción de semente de mexillón en bancos naturais terá a duración dun ano natural, debendo solicitar cada ano unha nova autorización.

A validez da autorización para a extracción de semente de mexillón, estará condicionada ao cumprimento das prescricións específicas de seguimento, trazabilidade e colaboración contidas nos artigos 8 e 9 da presente orde.

b) Zonas, datas e cantidades a extraer.

Cada resolución autorizará a extracción NAS ÁREAS AUTORIZADAS NA PRESENTE ORDE, OU NAQUELAS ESPECIFICAMENTE DEFINIDAS MEDIANTE RESOLUCIÓN EXPRESA DE AMPLIACIÓN DE ZONAS OU PERIODOS DE EXTRACCIÓN.

c) Persoas autorizadas.

Poderá habilitar tanto ao titular como aos traballadores que pertenzan á súa empresa aos efectos das expedicións dos correspondentes carnés

d) Medios de transporte utilizados.

e) Viveiros de destino.

A modificación dalgún dos termos recollidos na resolución, tales como a titularidade do viveiro, a especie ou a identidade dos recolectores, requirirá a solicitude dunha nova autorización para adecuar á situación modificada a autorización outorgada e vixente.

12. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do sistema de notificacións electrónicas de Galicia, Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na comunicación. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de Notificación Electrónica de Galicia, Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, aos efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

As notificacións entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

13. Contra a resolución expresa que se dite, que non pon fin á vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada perante a persoa titular da consellería competente en materia de acuicultura, no prazo dun (1) mes a partir do día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto no artigo 121 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Sen prexuízo do anterior, os interesados poderán exercer calquera outro recurso que consideren oportuno.

14. Durante a extracción e o transporte da semente de mexillón os recolectores, tanto sexan titulares de viveiros dedicados ao cultivo de mexillón como contratados laborais destes, deberán levar consigo e identificaranse mediante un carné que se expedirá e remitirá aos titulares dos viveiros ou ás persoas para as que se formule a petición de autorización, que lles será notificada entregado xunto coa resolución de autorización de extracción de semente de mexillón en bancos naturais nos termos indicados nos parágrafos anteriores.

O antedito carné terá a mesma vixencia que a resolución de autorización e deberá ser complementada coa acreditación da personalidade mediante presentación do DNI ou outro documento de análogo valor identificativo.

O establecido no presente apartado establécese sen prexuízo do deber de presentar toda a documentación identificativa así como aqueloutra relacionada co desenvolvemento da actividade que lle sexa requirida polas autoridades competentes. 

Artigo 5.-Zonas de extracción.

1. As zonas do litoral de Galicia para as que se poderán outorgar autorizacións son:

a) Bancos naturais do litoral das provincias da Coruña e Pontevedra.

b) Arquipélago de Ons: parte este de Ons (de Punta Centolo a Punta Federento) e Onza (de Punta Cociñadoiro a Porto do Sol).

c) Arquipélago de Sálvora : cara este de a Illa de Sálvora  (de Punta Lagos a Punta Besugueiros).

d) Arquipélago de Cíes: parte este de as illas norte (Punta Faroliño a illote Viños) e sur (de Punta Pau de Bandeira  a Alto de Vicos).

2. As autorizacións para a extracción de semente de mexillón nos bancos naturais do litoral dos arquipélagos de Ons, Sálvora e Cíes requirirán o informe preceptivo do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural de conformidade co disposto no Decreto 177/2018, do 27 de decembro, polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

3. Sempre que o seguimento e avaliación dos recursos así o aconselle A PERSOA TITULAR DA DIRECCIÓN XERAL COMPETENTE EN MATERIA DE ACUICULTURA, previo informe técnico, e co informe preceptivo da Comisión do Mexillón, poderá modificar as zonas, cantidades e períodos de extracción mediante resolución motivada. Do mesmo xeito poderá establecer zonas de reserva para os efectos da recuperación dos recursos durante todo ou parte do período habilitado para a extracción de semente.

DO MESMO XEITO,  MEDIANTE RESOLUCION MOTIVADA E PREVIO INFORME TÉCNICO, PODERASE DISPOR A EXTRACCION DE MEXILLA EN ZONAS EXCLUÍDAS, ESPECIFICAMENTE DETERMINADAS NO SEU ÁMBITO ESPACIAL E TEMPORAL, A FIN DE AMPLIAR A RECOLECCIÓN DE SEMENTE.

4. O acceso ás zonas de extracción realizarase a pé ou mediante embarcación auxiliar de acuicultura da 4º lista. En ningún caso se poderá acceder a nado para a extracción de mexilla.

5. Con carácter puntual e extraordinario, en función do seguimento e avaliación do recurso, que se realizará con carácter anual, poderanse expedir  pola autoridade competente a tal efecto e consonte coa normativa vixente na materia portuaria, autorizacións para a utilización do dominio público portuario para a extracción de semente de mexillón dentro das zonas de servizo dos portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

As solicitudes dirixiranse á entidade pública Portos de Galicia a través do procedemento que se dispoña para tal efecto.

5. Atendendo ás circunstancias de cada campaña e en base ao seguimento e avaliación do recurso que se realizará con carácter anual, a Xefatura Territorial, dentro do ámbito xeográfico da súa competencia, poderá establecer, por medio de resolución motivada que será notificada aos interesados, zonas de reserva para os efectos da recuperación do recurso durante todo ou parte do período habilitado para a extracción de semente.  

Artigo 6.-Período de extracción e cantidades máximas a extraer.

1. O período de extracción comprenderá  todo o ano natural OU AQUEL QUE SE DETERMINE MEDIANTE RESOLUCIÓN MOTIVADA, E PREVIO INFORME DA COMISIÓN DO MEXILLÓN, DA PERSOA TITULAR DA DIRECIÓN XERAL COMPETENTE EN MATERIA DE ACUICULTURA.

2. Establécese como horario de traballo para a extracción de semente de mexillón en banco natural, o comprendido entre as 08.00 e as 18.00 horas durante o horario de inverno (novembro a febreiro, ambos incluídos); e o comprendido entre as 07.00 e as 21.00 horas durante o horario de verán (marzo a outubro, ambos incluídos).

3. Prohíbese  a extracción de semente os sábados, domingos e festivos.

Artigo 7.-Cantidade máximas a extraer e destino destas.

1.En cada período autorizado de ano natural poderanse extraer como máximo 3.500 quilogramos de semente por batea.

Se o cultivo se realizara en liñas de cultivo ou long lines as cantidades autorizadas serán como máximo de 1 quilogramo de semente por cada 2 metros de corda autorizada.

 

2.O destino da mexilla recollida so poderá ser os viveiros autorizados para o cultivo de mexillón da nosa comunidade autónoma.

3. A semente de mexillón recollida nos bancos naturais OU MEDIANTE CORDAS COLECTORAS E ESTRUTURAS DE CAPTACIÓN E RECOLECCIÓN, AUTORIZADOS EXPRESAMENTE NOS VIVEIROS DA NOSA COMUNIDADE AUTÓNOMA non poderá ser obxecto de comercialización tendo, como único destino posible, os CITADOS viveiros cuxos titulares estean autorizados para a recollida OU PARA A CAPTACIÓN.

Artigo 8.- Seguimento e trazabilidade

1. A Consellería do Mar establece como ferramenta de comunicación entre os concesionarios de viveiros e a administración a declaración de captación de mexilla  a través da aplicación informática de expedición de documentos, para o que se pon a disposición dos concesionarios unha aplicación informática para facilitar a usuarios e a administración o traballo de xestión para o seguimento do recurso. A ferramenta web de xestión poderase utilizar desde diferentes dispositivos, tanto desde unha aplicación telemática como desde o TICPESC ou desde o móbil (aplicación MOVTIC).

 

2. O control da trazabilidade da semente de mexillón será realizada por medio do documento de movemento de semente de mexillón procedente de bancos naturais sendo o  documento que ampara á semente extraída polas persoas autorizadas a tal fin consonte co disposto na presente orde.

3. Os responsables da expedición do documento de movemento de semente de mexillón procedente de bancos naturais, DE CORDAS COLECTORAS OU ESTRUTURAS DE CAPTACIÓN serán as persoas físicas ou xurídicas titulares dos viveiros autorizados para a extracción de semente de mexillón en bancos naturais.

4. As anotacións realizaranse diariamente “INMEDIATAMENTE trala realización das labores de extracción de semente de mexillón, debendo quedar identificadas tanto no documento de movemento:

- a data, hora e o lugar de extracción

- as cantidades extraídas

- o viveiro de destino da semente extraída

- os datos da embarcación e/ou vehículo de transporte

- as persoas autorizadas que realizaron a extracción

 

5. Realizadas as labores de recollida de mexilla, os responsables da expedición do documento de movemento de semente de mexillón en bancos naturais OU UNHA VEZ REALIZADA A RETIRADA DE SEMENTE DOS COLECTORES, realizarán na aplicación informática o rexistro de entrada en destino das partidas de semente de mexillón recolectada, informando na aplicación informática que a semente foi introducida nos viveiros correspondentes e confirmando as cantidades recollidas, xerándose automaticamente o documento de inmersión.

6. No caso de imposibilidade na emisión telemática, debido a problemas puntuais de conectividade coa rede ou fallos do sistema, a consellería competente en materia de acuicultura poñerá a disposición dos interesados autorizados o centro de atención ao usuario da plataforma tecnolóxica da pesca (CAU PTP) para os efectos de que poidan comunicar os datos esixidos nos apartados 4 e 5 e resolver as posibles incidencias.   

Non se poderá efectuar a inmersión do recurso extraído en canto non exista rexistro do documento de movemento e de entrada en destino das partidas de semente de mexillón recolectada.

7. A falla de remisión e rexistro da documentación referida ao seguimento e trazabilidade poderá dar lugar á suspensión, temporal ou definitiva, da autorización para o acceso á extracción da semente do mexillón.

Artigo 9.- Colaboración e  Controis

1. As persoas que participen na actividade extractiva prestarán a súa colaboración, facilitando as actuacións correspondentes a bordo dos buques, achegando a información e os medios necesarios.

Dentro desta actuación dotarase dun equipo de persoas con cualificación axeitada que colaboren cos axentes implicados na recollida de mexilla na procura dunhas boas prácticas nas declaracións de captura de mexilla; que abastezan as persoas investigadoras de información sobre a incidencia da actividade dos mexilloeiros e faciliten datos sobre a presenza / ausencia de mexilla nas zonas obxecto de seguimento.

2. A consellería competente en materia de acuicultura poderá realizar, en calquera momento, as comprobacións e controis da actividade extractiva que considere oportunos e aos que deberán someterse os titulares das autorizacións para a recolección

3. As infraccións sancionaranse de conformidade co establecido no título XIV da Lei 11/2008, de 3 de decembro, de pesca de Galicia.

Disposición adicional Primeira

A persoa titular da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica poderá por resolución motivada e previo informe técnico establecer zonas de reserva para a extracción de semente en bancos naturais así como dispoñer a extracción en zonas excluídas para ampliar a recolección da semente.

 

 

Disposición adicional Segunda

Facúltase ao director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica para ditar as resolucións necesarias para o desenvolvemento desta Orde.

Disposición Transitoria primeira

1. As autorizacións para a extracción de semente de mexillón polos concesionarios dos viveiros expedidas en virtude da Orde do 26 de outubro do 2000 pola que se regula a extracción de semente de mexillón en bancos naturais que se atopen vixentes á data de publicación da presente orde serán substituídas de oficio, sempre que se cumpran os criterios esixidos para o seu outorgamento conforme o establecido na presente orde  .

Disposición Transitoria segunda

FACÚLTASE Á PERSOA TITULAR DA DIRECCIÓN XERAL COMPETENTE EN MATERIA ACUÍCOLA PARA MODIFICAR, MEDIANTE RESOLUCIÓN MOTIVADA E PREVIO INFORME TÉCNICO, Os plans de xestión de percebe que inclúen zonas de reserva para a extracción de semente de mexillón e zonas de explotación exclusiva de percebe e as súas coordenadas xeográficas das mesmas, E QUE SE RELACIONAN no cadro B DA ORDE do 22 de decembro de 2021 pola que se aproban os plans de xestión para recursos específicos e algas en Galicia para o trienio 2022-2024.

Disposición derrogatoria

Derrógase a Orde do 26 de outubro do 2000 pola que se regula a extracción de semente de mexillón en bancos naturais  e, en xeral, todas aquelas disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao establecido nesta Orde.

Disposición derradeira

Esta Orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, XX de XXX de 2022

Rosa María Quintana Carballo

Conselleira do Mar

Asemar, asesoría de empresas en Vilagarcía de Arousa relacionadas relacionadas con la pesca, el marisqueo, y la acuicultura. Asemar ofrece a sus clientes un asesoramiento especializado y diferenciado, que les permite la obtención de los mejores resultados dentro del ámbito de sus negocios. Informamos de las ultimas subvenciones, noticias de interes y de los cambios importantes en la legislación en lo que al sector del mar se refiere para ayudar a nuestros clientes en el desarollo de su actividad.