Este sitio web utiliza Cookies propias y de terceros de análisis para recopilar información con la finalidad de mejorar nuestros servicios, así como para el análisis de su navegación. Si continua navegando, supone la aceptación de la instalación de las mismas. El usuario tiene la posibilidad de configurar su navegador pudiendo, si así lo desea, impedir que sean instaladas en su disco duro, aunque deberá tener en cuenta que dicha acción podrá ocasionar dificultades de navegación de la página web.

[ACEPTAR]      [CÓMO CONFIGURAR]
DETALLE DE LA NOTICIAS

ACLARACIONES PARO BIOLOGICO MARISQUEO ZONA Z3

27 ene
2023
ACLARACIONES PARO BIOLOGICO MARISQUEO ZONA Z3

Dado el interés y trascendencia de las ayudas que se pueden otorgar, vamos  a publicar los datos que a última hora hemos podido obtener de la propia Consellería, teniendo en cuenta que no existe publicación de orden alguna, y la única resolución que existe está dirigida a RAÑEIROS DE AROUSA, habiendo otros potenciales beneficiarios que carecen de la información que disponen los RAÑEIROS. 

DISPONEN COMO ADJUNTO AL FINAL DE LA PÁGINA, LA RESOLUCIÓN DE EMITIDA A RAÑEIROS .

 

NOTA INFORMATIVA RESPECTO DA PARADA TEMPORAL LOMBOS DO ULLA, BOÍDO E CABÍO

Importante: unha cousa é a parada biolóxica como medida de conservación dos recursos que é obxecto da Resolución da Xefatura Territorial da provincia de Pontevedra (Vigo) da Consellería do Mar que vai dende o 6 de xaneiro ata o 30 de setembro de 2023 e outra é a axuda de parada temporal para compensar ese paro biolóxico que vai dende o 1 de febreiro ata o 30 de abril de 2023. Cando na Orde de axudas se fala de parada ou paralización temporal refírese ao tempo dende o 1 de febreiro ata o 30 de abril de 2023.

Destinatarios

-    Armadoras das embarcacións que estean rexistradas como activas no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira e no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia e que levaran a cabo actividade cando menos 120 días durante os anos 2021 e 2022.

-  Tripulantes que traballasen cando menos 120 días durante os anos 2021 e 2022, a bordo dunha embarcación afectada pola paralización temporal.

Os 120 días mínimos esixidos deberán terse realizado na modalidade de marisqueo (Z3) ou libre marisqueo (Z3), durante os anos 2021 e 2022. Estes días de actividade extractiva verificaranse pola administración mediante as notas de vendas realizadas nas lonxas ou centros de venda autorizados e serán os que consten nos rexistros da Consellería do Mar.

Duración da parada para ter dereito a axuda

A axuda darase por un período de parada dende o 1 de febreiro ata o 30 de abril de 2023, ambos incluídos.

Período para solicitar a axuda

A partir do 2 de maio, xa que o día 1 de maio é inhábil. O prazo para presentar será dun 1 mes.

Acreditación do inicio e fin do tempo de parada obxecto de axuda?

  • Co depósito do rol na Capitanía Marítima, como último día, o 31 de xaneiro e ata o 1 de maio.
  • Na aplicación informática de alternancia de artes da Consellería do Mar deberá indicarse durante este tempo como “Despacho inactivado.

Documentación a presentar

Se se é armador persoa física:

 

-          Anexo I,

-          Anexo III, (de representante, de selo caso).

-          Certificado do Instituto Social da Mariña acreditativo de estar en situación de alta asociada á embarcación afectada, así como os códigos de conta asociados á embarcación e ás persoas traballadoras por conta allea incluídas nas mesmas, e os/as autónomos/as, no seu caso.

-          Copia cotexada do rol de despachos actualizado da embarcación coa dotación de tripulación enrolada nela nos anos 2021 e 2022.

-          Certificación da Capitanía Marítima correspondente do depósito do rol de despachos da embarcación e no que se faga constar o lugar e o período de inmobilización total da embarcación con motivo do cese temporal da actividade pesqueira, con expresión das datas de comezo e fin da parada realizada.

-          Documentación que acredite a presentación do expediente de regulación de emprego pola persoa armadora ou empresaria, de acordo co establecido no artigo 5.d) da orde.

-          Copia cotexada do certificado de arqueo definido en Tonelaxe de Arqueo Bruto (GT), expedido pola Dirección Xeral da Mariña Mercante. Só será preciso a presentación desta documentación se dita información non consta na folla de asento de inscrición marítima.

Se se é armador persoa xurídca:

-          Anexo I,

-          Anexo III, (de representante, de selo caso).

-         Certificación rexistral actualizada dos estatutos sociais e da escritura de constitución.

-         Poder suficiente do representante, no caso de que tal poder non figure nos estatutos.

-         Certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza, que deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados.

-         Certificado do Instituto Social da Mariña acreditativo de estar en situación de alta asociada á embarcación afectada, así como os códigos de conta asociados á embarcación e ás persoas traballadoras por conta allea incluídas nas mesmas, e os/as autónomos/as, no seu caso.

-         Copia cotexada do rol de despachos actualizado da embarcación coa dotación de tripulación enrolada nela nos anos 2021 e 2022.

-         Certificación da Capitanía Marítima correspondente do depósito do rol de despachos da embarcación e no que se faga constar o lugar e o período de inmobilización total da embarcación con motivo do cese temporal da actividade pesqueira, con expresión das datas de comezo e fin da parada realizada.

-         Documentación que acredite a presentación do expediente de regulación de emprego pola persoa armadora ou empresaria, de acordo co establecido no artigo 5.d) da orde.

-         Copia cotexada do certificado de arqueo definido en Tonelaxe de Arqueo Bruto (GT), expedido pola Dirección Xeral da Mariña Mercante. Só será preciso a presentación desta documentación se dita información non consta na folla de asento de inscrición marítima.

Se o armador se corresponde cunha pluralidade de persoas:

-          Anexo I,

-          Anexo III, (de representante, de selo caso).

-          Anexo IV.1 (pluralidade de persoas solicitantes)

-          Anexo IV.2 (agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica ou comunidade de bens).

-          Escritura de constitución da comunidade de bens, agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica.

-         No caso de comunidades de bens, agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica: certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais desta entidade, obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza, que deberá conter a totalidade de de antecedentes penais non cancelados.

-          Certificado do Instituto Social da Mariña acreditativo de estar en situación de alta asociada á embarcación afectada, así como os códigos de conta asociados á embarcación e ás persoas traballadoras por conta allea incluídas nas mesmas, e os/as autónomos/as, no seu caso.

-          Copia cotexada do rol de despachos actualizado da embarcación coa dotación de tripulación enrolada nela nos anos 2021 e 2022.

-          Certificación da Capitanía Marítima correspondente do depósito do rol de despachos da embarcación e no que se faga constar o lugar e o período de inmobilización total da embarcación con motivo do cese temporal da actividade pesqueira, con expresión das datas de comezo e fin da parada realizada.

-          Documentación que acredite a presentación do expediente de regulación de emprego pola persoa armadora ou empresaria, de acordo co establecido no artigo 5.d) da orde.

-          Copia cotexada do certificado de arqueo definido en Tonelaxe de Arqueo Bruto (GT), expedido pola Dirección Xeral da Mariña Mercante. Só será preciso a presentación desta documentación se dita información non consta na folla de asento de inscrición marítima.

Se o solicitante é tripulante:

-          Anexo I,

-          Anexo III, (de representante, de selo caso).

-          Anexo V (Certificado da persoa armadora de que a persoa tripulante está incluída no rol da embarcación, co visto e prace da Capitanía Marítima)

-          Certificado do Instituto Social da Mariña acreditativo de estar en situación de alta asociada á empresa armadora na que se atopaban enroladas no momento de sobrevir a paralización temporal.

-          Copia da resolución da autoridade laboral competente que aprobe a suspensión da relación laboral.

-            Informe de vida laboral.

 

 RESPOSTAS A POSIBLES DUDAS

1)     Cando se vai publicar a Orde?.

A previsión é durante o mes de marzo de 2023.

2)     Se son armador e tripulante, podo cobrar por ambas?

Non, a condición de persoa beneficiaria como armadora é incompatible coa de beneficiaria como tripulante.

3)     Se aínda así presento unha solicitude como armador e tamén como tripulante, cal se escolle?

Darase un prazo de 10 días hábiles para que opte por una opción e de non facelo, terase por desistido das súas solicitudes. 

4)     Se son un armador/a con tripulantes contratados, cando teño que solicitar o comunicar a suspensión dos contratos?.

Como último día, o 31 de xaneiro ten quen estar comunicado ás autoridades laborais o inicio do procedemento de suspensión dos contratos polo total da tripulación enrolada.

5)     Se hai un armador/a que ten dúas embarcacións, unha delas afectada pola tempo de parada obxecto de axuda e a outra non, pode recibir axuda se vai traballar na outra embarcación?.

Non, porque a orde establece que é incompatible co traballo por conta propia ou por conta allea da persoa beneficiaria durante o período da parada subvencionable.

6)     Se hai un armador/a que ten dúas embarcacións afectadas, ámbalas dúas polo tempo de parada obxecto de axuda, como se computan os días de parada?

Ten que ter 120 días en cada unha delas para ter dereito a axuda por cada unha delas.

7)     Se adquirín una embarcación no 2021 ou 2022 afectada polo tempo de parada obxecto de axuda podo ter dereito a axuda?.

Sí, si a embarcación ten os 120 días mínimos esixidos.

8)     Se adquirín una embarcación no 2023 afectada polo tempo de parada obxecto de axuda, podo ter dereito a axuda?.

Sí, sempre que xa sexa armador antes do 31 de xaneiro, xa que o día 1 de febreiro empeza a parada temporal obxecto de axuda.

9)     Se adquiro a embarcación e non ten os 120 días, pode calcularse a actividade pesqueira mínima dos 120 días de xeito proporcional?.

Non, o Regulamento FEMP non permite para este caso o cálculo proporcional.

10)    Se son un/unha tripulante e no momento da parada temporal non estou enrolado na embarcación podo acceder a axuda?.

Sí, sempre que manteñan ininterrompida a súa relación laboral coa empresa e non figuren enroladas no momento da paralización temporal como consecuencia dunha incapacidade laboral, vacacións, maternidade, paternidade, risco durante o embarazo e risco durante a lactancia natural… pero o período de prestación que perciba nesta situación descontarase do dereito a percibir a axuda.

11)    Un tripulante que estea de baixa no momento do depósito de rol e logo se dea de alta no tempo de parada subvencionable pode ser beneficiario da axuda?

Sí, xa que entre os requisitos que debe cumprir unha persoa tripulante para ser beneficiaria da axuda está que debe estar enrolada a bordo dunha embarcación afectada pola paralización temporal, pero a persoa tripulante pode percibir a axuda aínda que non figure enrolada no momento da paralización temporal como consecuencia dunha incapacidade laboral, vacacións, por maternidade, paternidade, etc., pero o período de prestación que perciba nesta situación descontarase do dereito a percibir a axuda.

12)   Se son un/unha armador/a e no momento da parada temporal non podo depositar o rol da embarcación (por exemplo, por estar de baixa …) podo acceder a axuda?

Non, porque é un requisito imprescindible o depósito do rol, como moi tarde, o 31 de xaneiro de 2023.

13)   Se o solicitante é armador pluralidade de persoas físicas ou comunidade de bens, a conta bancaria ten que estar a nome de todos?.

Sí. Ten que estar a nome de todos


Archivos adjuntos a la noticia:


PARO BIOLOGICO CORREGIDO.pdf
Asemar, asesoría de empresas en Vilagarcía de Arousa relacionadas relacionadas con la pesca, el marisqueo, y la acuicultura. Asemar ofrece a sus clientes un asesoramiento especializado y diferenciado, que les permite la obtención de los mejores resultados dentro del ámbito de sus negocios. Informamos de las ultimas subvenciones, noticias de interes y de los cambios importantes en la legislación en lo que al sector del mar se refiere para ayudar a nuestros clientes en el desarollo de su actividad.