Este sitio web utiliza Cookies propias y de terceros de análisis para recopilar información con la finalidad de mejorar nuestros servicios, así como para el análisis de su navegación. Si continua navegando, supone la aceptación de la instalación de las mismas. El usuario tiene la posibilidad de configurar su navegador pudiendo, si así lo desea, impedir que sean instaladas en su disco duro, aunque deberá tener en cuenta que dicha acción podrá ocasionar dificultades de navegación de la página web.

[ACEPTAR]      [CÓMO CONFIGURAR]
DETALLE DE LA NOTICIAS

RESOLUCION APERTURA NUEVAS ZONAS DE MEJILLA

15 mar
2023
RESOLUCION APERTURA NUEVAS ZONAS DE MEJILLA

RESOLUCIÓN POLA QUE SE MODIFICAN AS ZONAS DE EXTRACCIÓN DE SEMENTE DE MEXILLÓN DENTRO DO ÁMBITO TERRITORIAL DE COMPETENCIA DESTA XEFATURA ANTECEDENTES

Primeiro. O 7 de febreiro de 2023 o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica mantivo unha xuntanza co sector bateeiro para analizar e informar dos avances sobre as propostas de apertura de novas zonas para a extracción de mexilla. Da devandita xuntanza, na que se subliñou por parte dos representantes unha necesidade importante de acopio de cría de mexillón, derivouse a formulación de propostas de disposición de zonas para a extracción de mexilla, que responden ás sinaladas necesidades. O 8 de marzo de 2023 procedeu, nunha nova xuntanza, a analizar co sector bateeiro presente as propostas formuladas e as posibilidades de levar adiante unha disposición de novas zonas para a extracción de mexilla; cuestión que analizou tamén coas federacións de confrarías cuxos termos xeográficos coinciden cos habilitados para a extracción de mexilla en base á Orde do 26 de outubro do 2000.

Segundo. Con data do 13 de marzo de 2023 o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica emitiu informe proposta relativo á modificación das zonas de extracción de semente de mexillón nos bancos naturais de Galicia, no que consta: “(...) A presente campaña para a extracción de semente de mexillón nos bancos naturais de Galicia non se está desenvolvendo da forma máis favorable debido, entre outras cuestións, ás limitacións derivadas da confluencia de condicións meteorolóxicas adversas e as mareas de escaso coeficiente que fixeron que o período inicial de extracción previsto non resultara o suficientemente produtivo para a recolección de mexilla, sumado ás consecuencias derivadas da caída da salinidade que afecta directamente ao aproveitamento do recurso. CVE: fbNzAIdVwre2 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve Neste senso, a Consellería do Mar adoptou distintas actuacións en relación á xestión deste recurso, no sentido de que conduzan á mellora da disposición de mexilla para a súa inclusión no ciclo produtivo. Polo tanto, estas actuacións terían a finalidade de dispor de maior volume de mexilla seguindo a evolución da presenza de mexilla e percebe nas zonas de reserva para a extracción de semente de mexillón e nas zonas de explotación exclusiva de percebe. Dos derradeiros informes recibidos na dirección xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica despréndese que as circunstancias excepcionais que están a suceder na presenta campaña seguen a provocar a escaseza de mexilla axeitada nas rochas das zonas actualmente habilitadas para a extracción de semente de mexillón en banco natural, polo que cómpre realizar a apertura de novas zonas de extracción de mexilla garantindo, en todo momento, o equilibrio na explotación dos recursos. A análise das zonas tidas en conta para a apertura de novos tramos para a extracción de semente de mexillón abrangue as confrarías de Corme, Muros, Laxe, Caión e Muxía.”

CONSIDERACIÓNS LEGAIS E TÉCNICAS

1. O Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, modificado polo Decreto 338/1999, do 3 de decembro, dispón que as condicións das habilitacións para o abastecemento de semente en banco natural, as zonas e períodos de extracción e as cantidades máximas a extraer en cada zona, se regularán mediante Orde da consellería competente en materia de acuicultura.

2. A Orde do 26 de outubro do 2000 regula a extracción de semente de mexillón en bancos naturais, na súa Disposición adicional establece que, en función das características conxunturais de cada campaña e cando o seguimento e avaliación dos recursos o aconselle, a xefatura territorial, dentro do ámbito da súa competencia, poderá modificar as zonas, cantidades e períodos de extracción mediante resolución motivada que deberá ser comunicada aos interesados. Respectarase en todo caso a prohibición de extraer semente de mexillón os sábados, domingos e festivos. CVE: fbNzAIdVwre2 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve

3. Consonte co disposto no informe do director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, emitido o 13 de marzo de 2023, citado no antecedente segundo da presente resolución: “(...) Segundo informe realizado polo servizo de Inspección e Control dos Recursos da subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia, realizáronse distintas actuacións de inspección ó sector bateeiro nas rías galegas extraéndose como conclusións a ausencia de cordas colectoras pola falta de perspectiva actual de captación de mexilla ou a necesidade de abastecemento exclusivo de semente de banco natural nos últimos tres anos, especialmente na ría de Arousa Sur así como en zonas da ría de Pontevedra. Obsérvase, polo tanto, e sumado a todos os factores que determinan a excepcionalidade da presente campaña, a necesidade da extracción en banco natural de semente de mexillón pola falta de captación en cordas colectoras e a necesidade conxuntural de semente procedente das pedras. (...)” Ao abeiro do exposto, no dito informe proposta do 13 de marzo de 2023, o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, vista a evolución negativa da campaña de extracción de semente de mexillón e tendo en conta o obxectivo fundamental de preservar o estado tanto da mexilla como do percebe, propón de acordo co establecido na Disposición adicional da Orde do 26 de outubro do 2000, e de maneira coxuntural a apertura das zonas que se reflicten no ANEXO I pertencentes ás confrarías de Corme, Muros, Laxe, Caión e Muxía e que pasarían a ser zonas de extracción de semente de mexillón, durante a presente campaña.

Atendendo ao proposto polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, RESOLVO A apertura, con carácter extraordinario e conxuntural, das zonas que se reflicten no ANEXO I pertencentes ás confrarías de Corme, Muros, Laxe, Caión e Muxía durante a presente campaña, respectando a prohibición de extraer semente de mexillón os sábados, domingos e festivos e baixo as seguintes condicións: CVE: fbNzAIdVwre2 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve

1. A actividade extractiva poderá ser realizada baixo a presenza do persoal do servizo de Protección de Recursos da subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia.

2. Para a avaliación do rendemento da campaña, realizadas as labores de recollida de mexilla, os responsables da expedición do documento de movemento de semente de mexillón en bancos naturais realizarán o rexistro de recollida, o rexistro de entrada en destino das partidas de semente de mexillón recolectada, informando semanalmente a semente que foi introducida nas unidades produtivas.

3. Nos tramos abertos non se poderá acceder a aquelas zonas que descubran coa marea e nas que o devandito acceso non se poda efectuar a pé, sen emprego de embarcacións ou medios de natación.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A Coruña, na data da sinatura dixital A xefa territorial da Consellería do Mar na Coruña.

Asemar, asesoría de empresas en Vilagarcía de Arousa relacionadas relacionadas con la pesca, el marisqueo, y la acuicultura. Asemar ofrece a sus clientes un asesoramiento especializado y diferenciado, que les permite la obtención de los mejores resultados dentro del ámbito de sus negocios. Informamos de las ultimas subvenciones, noticias de interes y de los cambios importantes en la legislación en lo que al sector del mar se refiere para ayudar a nuestros clientes en el desarollo de su actividad.