Na situación actual do sector pesqueiro e na coxuntura económica actual adquire especial relevancia tentar fomentar proxectos de interese público de maior alcance que as medidas que emprenden normalmente as empresas.
O artigo 41 do Regulamento (CE) n.º 1198/2006 do Consello, do 27 de xullo de 2006, relativo ao Fondo Europeo de Pesca, permite o financiamento de proxectos piloto dirixidos a adquisición e difusión de novos coñecementos técnicos que sexan levados a cabo por un axente económico ou por unha asociación recoñecida (ou calquera outro organismo competente designado con este fin polo Estado membro) en cooperación cun organismo científico ou técnico.
Ao abeiro do devandito Regulamento, publicouse a Orde do 20 de outubro de 2008 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento de concesión de axudas para a realización de proxectos piloto dirixidos á adquisición e difusión de novos coñecementos técnicos levados a cabo por unha entidade en cooperación cun organismo científico ou técnico (con financiamento do Fondo Europeo da Pesca).Vistas as dificultades na xestión destas axudas, procede publicar mediante esta orde, unhas novas bases reguladoras e procedemento para a concesión de axudas á realización de proxectos piloto, que tentan, por unha banda, contribuír ao desenvolvemento de proxectos de xeito que Galicia contribúa ao desenvolvemento no sector da pesca en xeral, e polo tanto, nos diferentes subsectores desta, e por outra, da máis relevancia á existencia dunha efectiva transferencia do coñecemento xerado para acadar alternativas a situacións que acontecen no sector pesqueiro (descartes, impacto ambiental) ou en calquera dos seus subsectores: acuicultura, pesca de baixura, tentando ademais, fomentar a colaboración no sector empresarial da nosa comunidade.
DISPOÑO:
Artigo 1. Obxecto.
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas á realización de proxectos piloto, incluída a utilización a título experimental de técnicas de pesca máis selectivas, co obxecto de adquirir e difundir novos coñecementos técnicos, ao abeiro do establecido no artigo 41 do Regulamento (CE) n.º 1198/2006, relativo ao Fondo Europeo de Pesca, e convocar as devanditas axudas para o ano 2011.
Artigo 2. Finalidade das axudas.
1. Entenderase por proxectos piloto, para efectos desta orde, aqueles que teñan como obxectivo:
a) Probar, en condicións próximas ás condicións reais do sector produtivo, a viabilidade técnica ou económica dunha tecnoloxía innovadora.
b) Permitir a realización de probas sobre plans de xestión e de asignación do esforzo pesqueiro, incluído, se é o caso, o establecemento de zonas de veda, co obxecto de avaliar as consecuencias biolóxicas e financeiras, e a repoboación experimental.
c) Desenvolver e probar métodos para mellorar a selectividade da arte de pesca, reducir as capturas accesorias, os descartes ou o impacto ambiental, en particular, no fondo mariño.
d) Probar outros tipos de técnicas de xestión pesqueira.
2. Os proxectos piloto deberán acompañarse dun seguimento científico, co fin de producir resultados significativos. Este seguimento deberá ser realizado polo Instituto Español de Oceanografía (IEO), Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), Centro de Investigacións Mariñas e Centro de Cultivos Mariños (estes últimos dependentes da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro), Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), a universidade ou centros tecnolóxicos dependentes dela. No caso de que no proxecto se especifique un organismo distinto destes para a realización do seguimento científico, deberá xustificar a dificultade da realización por calquera dos anteriores e ademais terá que ser un organismo con financiamento maioritariamente público. Neste caso, a Dirección Xeral resolverá a aceptación, do organismo científico proposto. No caso de que non sexa aceptado darase ao solicitante un prazo de 10 días hábiles para que propoña outro organismo científico.
3. Os resultados dos proxectos piloto serán obxecto de informes técnicos, realizados polo organismo científico ou técnico, accesibles ao público, que se poderán consultar mediante os mecanismos que a Dirección Xeral habilite para iso.
4. Non poden acollerse a estas axudas os proxectos que teñan como finalidade a pesca exploratoria nin os que teñan carácter comercial directo. Igualmente, quedan excluídos os que supoñan seguimento biolóxico ou produtivo das especies mariñas.
Artigo 3. Crédito orzamentario.
1. As axudas concederanse con cargo ás aplicacións orzamentarias que sinale a correspondente Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Durante a vixencia do FEP (2007-2013) fixarase mediante a correspondente orde de convocatoria o crédito anual existente.
3. Os importes fixados en cada convocatoria, así como as aplicacións a que se imputen, poderanse ampliar con fondos incorporados e remanentes adicionais, sen que iso dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes, salvo indicación expresa en contrario na orde que se publique para o efecto.
4. As axudas estarán limitadas, en todo caso, ás dispoñibilidades orzamentarias.
5. As axudas financiaranse con cargo a fondos do FEP (61%) e da Comunidade Autónoma de Galicia (39%).
6. Para o ano 2011 as axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.723A.780.2 que figura no orzamento de gastos de 2011 da Consellería do Mar. Os importes máximos das subvencións que se concedan no dito exercicio orzamentario ascenderán a 2.000.000 de euros, distribuidos nas seguintes anualidades:
Anualidade 2011: 1.000.000 de euros.
Anualidade 2012: 500.000 euros.
Anualidade 2013: 500.000 euros.
Artigo 4. Beneficiarios.
1. Poderán ser beneficiarios das axudas:
1.1. As empresas ou Unións Temporais de Empresas (UTE).
1.2 As asociacións empresariais ou asociacións profesionais de carácter comercial do sector.
1.3. Organizacións de produtores pesqueiros, confrarías de pescadores e cooperativas.
1.4. Centros tecnolóxicos ou calquera outro organismo de investigación e desenvolvemento con participación privada maioritaria.
1.5. Calquera outro organismo competente designado con este fin polo Estado Membro.
2. A participación no proxecto de axentes externos, distintos do beneficiario, deberá estar debidamente motivada e xustificada.
3. Os beneficiarios terán que presentarse co compromiso do organismo científico ou técnico recollido no artigo 2 punto 2, da realización do seguimento científico do proxecto, para o que deberán achegar o documento establecido no artigo 9 punto 3, letra h).
4. No caso de que o organismo científico actúe tamén como axente externo, o persoal destinado a cada unha destas facetas, non poderá ser en ningún caso, o mesmo.
5. Os beneficiarios deben ter a súa sede social en Galicia e realizar a súa actividade nesta comunidade.
6. Cando a solicitude se presente mediante unha agrupación de entidades sen personalidade xurídica propia ou mediante unión temporal de empresas, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución da concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro, así como o importe da subvención para aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, ou no caso da UTE un xerente único, e, en ambos os dous casos, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de execución aprobado.
7. Non poderán ser beneficiarios aqueles nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nin tampouco aqueles que participen na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ao abeiro do Regulamento (CE) n.º 1005/2008, do Consello, do 29 de setembro de 2008, polo que se establece un sistema comunitario para prever, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.
Artigo 5. Obrigas dos beneficiarios.
Os beneficiarios destas axudas están obrigados a:
a) Executar as actuacións obxecto da subvención con cumprimento das condicións establecidas na respectiva resolución de concesión e demais normativa de aplicación e sempre dentro do prazo indicado na devandita resolución. En casos xustificados, logo de petición do interesado, os prazos poderán ser prorrogados nos termos establecidos no artigo 16 desta orde.
b) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente ou calquera outra comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competente, tanto nacionais como comunitarios, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
c) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos durante un mínimo de cinco anos desde a percepción do último pagamento, para os efectos de comprobación e control.
d) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable específico en relación con todas as transaccións relacionadas coa subvención que permita seguir a pista de auditoría.
e) Comunicar á Consellería do Mar a obtención doutras subvencións e axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente, tanto públicos como privados.
f) Comunicarlle á Consellería do Mar calquera circunstancia que poida afectar substancialmente á execución dos fins para os que foi concedida a axuda.
g) Acreditar, mediante declaración responsable, que non teñen pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións.
h) Acreditar con anterioridade a que se dite a proposta de resolución de concesión que se encontra ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
i) Dar a axeitada publicidade ao carácter público do financiamento do investimento realizado, con expresa mención á participación do Fondo Europeo de Pesca, nos termos regulamentariamente establecidos.
j) A difusión de resultados que, cando se faga por medios impresos, deberá figurar en língua galega, língua española e língua inglesa.
Artigo 6. Contía e límites da axuda.
1. As axudas reguladas nesta orde teñen o carácter de subvencións de capital.
2. A axuda será de ata o 100% dos investimentos subvencionables.
3. Se na realización do proxecto se xerasen ingresos, o beneficio obtido será deducido do importe global da axuda.
Artigo 7. Compatibilidade da axuda.
A percepción desta axuda poderá ser compatible con calquera outra que concedan as diversas administracións públicas para a mesma finalidade, sempre que o conxunto delas non supere o custo global de realización do proxecto.
Artigo 8. Investimentos subvencionables.
1. Considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á data límite de xustificación.
2. Considéranse como gastos elixibles os realizados directamente polo beneficiario nas seguintes epígrafes:
2.1. Os gastos do persoal contratado exclusivamente para a realización do proxecto: ata o 100% do salario sen contar a cotización á Seguridade Social que será por conta do solicitante. Non se subvencionarán os gastos de persoal propio. A retribución anual que se subvenciona, do persoal contratado, non poderá ser superior ao importe vixente no ano de contratación, correspondente co grupo de titulación consonte o V Convenio único para o persoal laboral da Xunta de Galicia; na convocatoria do ano 2011 os importes figuran no anexo IX.
2.2. Os gastos de adaptación do buque ou das instalacións para a realización do proxecto: ata o 75% do importe resultante da valoración realizada polo persoal técnico designado pola Consellería do Mar. Deberá xuntar facturas pro forma das obras que se vai realizar.
2.3. Os gastos derivados do funcionamento do buque ou das instalacións postas á disposición do proxecto: ata o 75% do importe resultante da valoración realizada polo persoal técnico designado pola Consellería do Mar.
2.4. Os gastos de construción de prototipos para a realización do proxecto: ata o 85% do importe resultante da valoración realizada polo persoal técnico designado pola Consellería do Mar. Deberá xuntar facturas pro forma das obras que se vai realizar.
2.5. Os gastos de aluguer de buques, equipos ou instalacións: ata o 50% do importe resultante da valoración realizada polo persoal técnico designado pola Consellería do Mar.
2.6. Os gastos do seguimento científico e técnico, ata o 65% do gasto total deste concepto. Deberá xustificarse mediante a memoria incluída no artigo 9, punto 3, letra c).
2.7. Os gastos de adquisición de equipamentos e material científico e de laboratorio e outros que neste ámbito se xustifiquen debidamente pola finalidade e o proxecto presentado: ata o 50% do gasto total deste concepto. Deberá xuntar facturas pro forma destes.
2.8. Se houber, os gastos dos axentes externos no proxecto ou a realización de traballos ou servizos externos que teñan relación co proxecto e que se consideren necesarios na execución do mesmo: ata un 40% do importe resultante da valoración realizada polo persoal técnico designado pola Consellería do Mar. Deberá xuntar facturas pro forma dos traballos ou servizos que se vai realizar.
2.9. Os gastos de difusión dos resultados: ata o 100% do gasto total deste concepto, cun límite do 10% do orzamanto aprobado no proxecto.
Todos os gastos do proxecto deberán estar descritos con precisión na solicitude presentada, tanto en tipo como en contía, agrupados polas epígrafes descritas no punto anterior e debidamente explicados ou xustificados os elementos que determinaron o seu importe.
A comisión de avaliación poderá limitar ou propor a modificación na contía dos gastos elixibles que considere non necesarios, excesivos ou non xustificados debidamente no proxecto, tanto no que se refire ao seu número como á determinación do seu importe.
3. Considéranse gastos non elixibles:
3.1. Os non incluídos en calquera das epígrafes anteriores.
3.2. Os que a comisión de avaliación, indicada no artigo 11, considere pouco xustificados ou non necesarios.
Artigo 9. Prazo de presentación de solicitudes e documentación que se vai presentar.
1. O prazo de presentación de solicitudes establecerase nas respectivas convocatorias anuais ata o 2013.
2. Para a convocatoria de 2011 o prazo de presentación de solicitudes será de 45 días desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
3. As solicitudes presentarase en orixinal e dúas copias cotexadas no Rexistro Único e de Información do complexo administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela ou, en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, constando da seguinte documentación:
a) Anexo I. Modelo de solicitude.
b) Anexo II. Ficha-resumo do proxecto.
c) Anexo III. Gastos.
d) Acreditación da personalidade:
I. Se o solicitante é unha persoa física:
–Copia cotexada do DNI só no caso de non autorización ao órgano xestor para comprobar os datos de identidade mediante consulta ao Sistema de Verificación de Datos segundo o Decreto 255/2008, do 23 de outubro (DOG n.º 221, do 13 de novembro de 2008) e Orde do 7 de xullo de 2009 (DOG n.º 134, do 10 de xullo de 2009).
II. Se o solicitante é unha persoa xurídica:
–Copia cotexada da tarxeta de identificación fiscal.
–Certificación rexistral actualizada na que figure a constitución da sociedade e os estatutos vixentes. Entenderase por actualizada cando non transcorran máis de seis meses desde a súa emisión.
–Poder suficiente do representante no caso de que tal poder non figure nos estatutos.
–Copia cotexada do DNI do representante só no caso de non autorización do representante ao órgano xestor para comprobar os datos de identidade mediante consulta ao Sistema de Verificación de Datos segundo o Decreto 255/2008, do 23 de outubro (DOG n.º 221, do 13 de novembro de 2008) e Orde do 7 de xullo de 2009 (DOG nº 134, do 10 de xullo de 2009).
III. Se o solicitante é unha agrupación ou unión sen personalidade xurídica propia:
–Segundo proceda, copia cotexada do DNI de cada un dos membros da agrupación só no caso de non autorización ao órgano xestor para comprobar os datos de identidade mediante consulta ao Sistema de Verificación de Datos segundo o Decreto 255/2008, do 23 de outubro (DOG n.º 221, do 13 de novembro de 2008) e Orde do 7 de xullo de 2009 (DOG n.º 134, do 10 de xullo de 2009) ou copia das tarxetas de identificación fiscal das empresas.
–Compromiso de execución asumido por cada membro (anexo IV).
–Documento onde figure a designación dun representante.
–Copia cotexada do DNI do representante só no caso de non autorización do representante ao órgano xestor para comprobar os datos de identidade mediante consulta ao Sistema de Verificación de Datos segundo o Decreto 255/2008, do 23 de outubro (DOG n.º 221, do 13 de novembro de 2008) e Orde do 7 de xullo de 2009 (DOG n.º 134, do 10 de xullo de 2009).
–No caso de Unión Temporal de Empresas, ademais escritura pública da constitución e estatutos.
e) Anexo V. Declaración doutras axudas.
f) Anexo VI. Perfil profesional do personal que interveña no proxecto (neste anexo non se inclue o persoal do organismo científico ou técnico que realice o seguimento científico do artigo 2, punto 2)
g) Anexo VII. Memoria resumo respecto do solicitante.
h) Documento do organismo científico onde se comprometa á realización do seguimento científico ou técnico do proxecto piloto, debendo mencionar expresamente a autorización para a exposición pública do resultado do proxecto.
i) Memoria do organismo científico que describa con detalle as tarefas que se van realizar para o seguimento, cronograma e custo do devandito seguimento, así coma o compromiso para a realización dos informes do artigo 2 punto 3.
j) Anexo VIII. Curriculum do persoal que realiza o seguimento científico.
k) Memoria do proxecto piloto, que conteña, cando menos: xustificación da importancia do proxecto, obxecto do mesmo, descrición detallada do proxecto, duración do proxecto e fases deste, responsable do proxecto, resultados esperados e plan de difusión de resultados.
l) Facturas pro forma xustificativas dos gastos indicados nas epígrafes 2.2, 2.4, 2.7. 2.8 do artigo 8.
ll) Certificación bancaria, para efectos de pagamento da axuda, onde consten como titulares todos os solicitantes.
m) Se existe, documento de compromiso do axente externo ao que se refire o artigo 4 punto 2.
n) Cando o importe do gasto unitario supere a contía de 30.000 euros no caso execución de obras ou de 12.000 euros no caso de subministración de bens ou prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica o beneficiario deberá achegar, como mínimo, as tres ofertas de diferentes provedores. Será necesaria unha memoria xustificativa cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
4. Considérase o mínimo imprescindible para a tramitación de solicitudes presentar os documentos indicados no artigo 9, punto 3, letra a), b), g), h), k). A non presentación da devandita documentación dará lugar á inadmisión da solicitude.
5. A solicitude en formato electrónico poderase descargar na páxina web da consellería: http://www.xunta.es/formularios/generarPlantillaPDF?conselleria=PE&procedimento=628A&version=0.0&idioma=gl_ES
Artigo 10. Tramitación das solicitudes.
1. A tramitación das solicitudes será realizada polo Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota da Dirección Xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar como instrutor do expediente.
2. Se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a deficiencia ou remita os documentos preceptivos, salvo os considerados como documentación mínima imprescindible recollidos no punto 3 do artigo anterior. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, se terá por desistido da súa solicitude.
3. Sen prexuízo da alínea anterior poderá requirirse o solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.
4. Os expedientes que cumpran os requisitos e estean completos serán remitidos á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, que emitirá un informe técnico valorado para cada un deles, de acordo co establecido no artigo 12, punto 2, letra a).
5. Unha vez recibida a devandita información o Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota clasificará os expedientes para a súa remisión á comisión encargada da súa valoración, de acordo co establecido no artigo seguinte.
6. Os expedientes que non cumpran coas exixencias destas bases ou da normativa de aplicación quedarán á disposición da Comisión que formulará a proposta de resolución desestimatoria ou de inadmisión, segundo o caso.
Artigo 11. Comisión de avaliación.
1. Os expedientes serán avaliados por unha comisión de avaliación constituída na Dirección Xeral Competitividade e Innovación Tecnolóxica, que emitirá un informe ou Acta co resultado da selección das solicitudes propostas, que será incorporado ao expediente.
2. No devandito informe figurarán, cando menos, de forma individualizada os solicitantes propostos para obter a subvención, segundo a puntuación acadada tras aplicar os criterios de selección do artigo 12 e o importe do investimento máximo subvencionable e da axuda que lle corresponda a cada un deles.
Establecerase ademais unha lista de reserva con aquelas solicitudes que, reunido os requisitos non acadasen a puntuación necesaria por falta de crédito.
3. No caso de que non houbese crédito dabondo para atender todas as solicitudes que reunan os requisitos, unha vez aplicados os criterios de selección do artigo 12, será potestativo da Comisión ratear o crédito orzamentario da convocatoria de axudas para atender a todos eles. Neste caso, o importe seleccionado comunicarase ao interesado previamente á proposta de resolución, tendo este un prazo de 10 días naturais para aceptar esta comunicación. Se transcorrido o prazo o interesado non manifesta a súa aceptación, terase por desistido da súa solicitude, procedendo novamente a Comisión, a calcular o rateo entre aqueles que acepten o importe proposto.
4. A composición da comisión avaliadora estará formada polo titular da Dirección Xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, que actuará de presidente, a titular da Subdirección Xeral de Innovación Tecnolóxica, a xefatura do Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota, a xefatura do Servizo de Innovación Tecnolóxica da Acuicultura, a xefatura do Servizo de Innovación Tecnolóxica das Industrias, todos eles da Dirección Xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica e un representante nomeado polo director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, que actuarán como vogais. A xefatura do Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota actuará como Secretaría da Comisión.
5. En caso de imposibilidade de asistir a algunha das sesións, os membros do órgano colexiado poderán ser substituídos pola persoa que designe o presidente. O órgano colexiado precisará de cando menos a metade dos membros para a realización da avaliación.
6. A comisión de avaliación poderá traballar asistida dos asesores que considere conveniente, así como solicitar informes complementarios a expertos técnicos na materia.
7. O presidente da comisión de avaliación elevará a proposta de resolución desta ao órgano concedente, quen ditará a correspondente resolución de concesión logo da preceptiva fiscalización do gasto.
Artigo 12. Criterios de selección.
1. Os criterios de selección poderán modificarse en cada convocatoria durante a vixencia do FEP.
2. Para a convocatoria do ano 2011, os criterios de baremación que a comisión de avaliación terá en conta para seleccionar os proxectos son os seguintes:
a) Valoración da memoria do proxecto piloto ata 30 puntos. Estes puntos repartíranse do seguinte xeito:
–Valoración técnica do proxecto e do seu carácter innovador, ata 15 puntos.
–Valoración do axeitamento do persoal, ata 10 puntos.
–Valoración do axeitamento do orzamento, ata 5 puntos.
A valoración desta alínea será realizada pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación. Os proxectos que non acaden nesta epígrafe 15 puntos serán excluídos por considerar que estes non reúnen a calidade mínima exixida.
b) Interese, relevancia e oportunidade do proxecto: ata 20 puntos.
c) O impacto previsible do proxecto con:
–Novas medidas técnicas ou biolóxicas encamiñadas á rexeneración de bancos marisqueiros improdutivos ou mellora da súa produtividade: 9 puntos.
–Mellora da selectividade: 7 puntos.
–Mellora do consumo enerxético nos buques de pesca: 5 puntos.
–Mellora e innovación nas técnicas ou procesos de acuicultura: 3 puntos.
–Outros: 1 punto.
d) Ademais engadiranse 1,5 puntos en cada alínea no caso de:
i) Que se contrate persoal exclusivamente para a execución do proxecto:
–Persoas que perdesen o seu emprego nos últimos 18 meses e estén inscritos no Servizo Galego de Colocación ou equivalente, como demandantes de emprego.
–Persoas maiores de 40 anos que estean inscritos no Servizo Galego de Colocación ou equivalente, como demandantes de emprego.
Se nunha mesma persoa se dese unha concurrencia de circunstancias só puntuará unha delas.
ii) Que a entidade solicitante teña servizo de gardería gratuíto para o seu persoal. No caso de que sexan varios solicitantes, e só un deles o teña, ratearase a puntuación.
iii) Que na entidade solicitante traballen mulleres que estiveran de baixa maternal nos últimos tres anos. No caso de que sexan varios solicitantes, e só un deles o teña, prorratearase a puntuación.
iv) Que na entidade solicitante traballen homes que pedisen o permiso de paternidade nos últimos tres anos.
v) Que na entidade solicitante traballen persoas minusválidas. No caso de que sexan varios solicitantes, e só un deles o teña, ratearase a puntuación.
vi) Que a entidade solicitante teña un plan de igualdade ou obtención da marca galega de excelencia en igualdade na empresa solicitante, de acordo coa Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia (publicada no Diario Oficial de Galicia do 13 de abril de 2007).
A puntuación máxima deste apartado non poderá ser superior a 6 puntos.
Deberá acreditarse documentalmente o feito alegado.
Artigo 13. Resolución e aceptación.
1. A resolución das solicitudes correspóndelle á Consellería do Mar.
2. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución da axuda será de nove meses desde a data de publicación desta orde de convocatoria de axudas no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o prazo sen resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
3. Unha vez notificada a devandita resolución o interesado terá un prazo de dez días hábiles a partir do seguinte ao da súa notificación para a aceptación desta. Transcorrido este prazo sen producirse manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada a axuda.
Artigo 14. Recursos.
1. Contra a resolución expresa que se dite, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso de reposición perante a conselleira do Mar, no prazo dun (1) mes a partir do día seguinte ao da súa notificación ou recurso contencioso-administrativo perante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.
2. Se transcorrido o prazo para resolver establecido no artigo 13 ao interesado non lle é notificada a resolución, entenderase desestimada por silencio negativo e poderá interpor recurso de reposición perante a conselleira do Mar no prazo de tres (3) meses contados a partir do día seguinte ao remate do prazo en que se lle tiña que notificar ou recurso contencioso-administrativo perante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de seis (6) meses desde o día anteriormente indicado.
3. Sen prexuízo das alíneas anteriores, tamén serán de aplicación os outros recursos que procedan da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.
Artigo 15. Modificación da resolución.
1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención de ingresos xerados pola execución do proxecto ou, cando se supere o custo total do proxecto, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.
2. Poderase acordar a modificación da resolución da concesión por instancia do interesado, sempre que este presente solicitude de modificación con anterioridade á data de finalización do prazo de xustificación e se cumpran os seguintes requisitos:
a) Que a actividade, conduta ou modificación da proposta estea comprendida dentro da finalidade das bases reguladoras.
b) Que se acredite a inexistencia de prexuízo a terceiros.
c) Que os novos elementos ou circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da subvención nin a non selección desta.
Artigo 16. Prazos de execución, xustificación e pagamento.
1. O prazo en que debe ser realizada a actividade obxecto da axuda será fixado na resolución de concesión de axuda, sen que en ningún caso poida exceder os 24 meses.
2. Cando o prazo de realización sexa inferior ao límite establecido no parágrafo anterior e o beneficiario considere que non pode rematar o proxecto dentro do prazo sinalado, antes de rematar este, poderá solicitar unha prórroga, expoñendo as razóns polas que non pode cumprir co devandito prazo, e presentando unha memoria onde se especifique o grao de realización da actividade subvencionada. Así mesmo, deberá presentar informe do organismo científico que xustifique a solicitude da prórroga.
O órgano competente ditará resolución pola que se aprobe ou denegue a prórroga solicitada; no caso de que sexa aprobada, non poderá exceder a data límite fixada para a realización da actividade obxecto da axuda.
O incumprimento do prazo de execución dará lugar á revogación da concesión da axuda.
3. Para o pagamento o beneficiario deberá presentar en orixinal e dúas copias cotexadas no Rexistro Único e de Información do complexo administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela ou, en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, a seguinte documentación:
a) Memoria das actividades realizadas onde consten as incidencias que puidesen darse na súa execución, o grao de cumprimento dos obxectivos e outros aspectos de interese.
b) Relación dos gastos das actividades realizadas, agrupando segundo as epígrafes de gasto do artigo 8 punto 2.
c) Facturas que se correspondan coa alínea anterior.
d) Certificación bancaria do pagamento desas facturas.
e) Para acreditar os gastos de persoal, certificación bancaria do ingreso do salario na conta do perceptor.
f) Informes científicos ou técnicos do seguimento do proxecto, por parte do organismo científico ou técnico.
g) Copia do material elaborado, sexa material impreso, audiviosual, maqueta se se trata dun prototipo ou calquera outro material elaborado.
h) Anexo V.
4. Antes de proceder ao pagamento, a Dirección Xeral de Competitividade e Innovación tecnolóxica comprobará in situ, e cando proceda, a execución completa das actividades obxecto da axuda.
5. A non xustificación de gastos ou a modificación, sen a pertinente autorización segundo o artigo 15, destes dará lugar á modificación do importe da axuda que se vai pagar. A non xustificación no prazo establecido implicará que o solicitante declararase decaído do seu dereito de cobramento.
Artigo 17. Pagamentos parciais e anticipos.
1. Pagamento a conta. A solicitude do beneficiario, poderanse realizar pagamentos á conta ata un máximo do 80% do importe da axuda e aboaranse por contía equivalente á xustificación presentada. O beneficiario está obrigado a constituír garantía mediante presentación de aval solidario de entidade de crédito no prazo de quince días a partir da resolución de concesión, na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda. A garantía deberá cubrir o 110% das cantidades que se aboen á conta e deberá alcanzar, como mínimo, ata os dous meses seguintes á finalización do prazo de xustificación do proxecto.
2. Anticipos. A solicitude do interesado poderase conceder anticipos ata un 50% da subvención concedida naqueles supostos en que o investimento esixa pagamentos inmediatos. O beneficiario está obrigado a constituír garantía mediante presentación de aval solidario de entidade de crédito no prazo de quince días a partir da resolución de concesión, na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda. A garantía deberá cubrir o 110% das cantidades que se anticipen e deberá alcanzar, como mínimo, ata os dous meses seguintes á finalización do prazo de xustificación do proxecto.
3. O importe conxunto dos pagamentos á conta e dos pagamentos anticipados que, se é o caso, se concedesen non poderá ser superior ao 80% da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados, nin excederá a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.
4. Serán admisibles as garantías presentadas por terceiros, cando o fiador, unicamente, preste fianza con carácter solidario, renunciando expresamente ao dereito de excusión. O avalista ou asegurador será considerado parte interesada nos procedementos que afecten directamente á garantía prestada nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Artigo 18. Patentes.
1. Se durante a execución do proxecto e ata dous anos despois da data de finalización deste, se iniciase o procedemento de rexistro dunha patente derivada da execución do devandito proxecto, a propiedade e os ingresos xerados pola mesma serán nun 50 % entre o beneficiario e a administración da Xunta de Galicia durante os tres anos seguintes ao seu rexistro. Transcorrido este prazo a propiedade da patente pasará a ser do beneficiario ata que se produza a extinción desta.
2. Será causa de reintegro total da axuda o incumprimento do previsto na alínea anterior.
Artigo 19. Reintegro das axudas.
1. Procederá o reintegro total ou parcial da subvención concedida e do xuro de demora correspondente desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Procederá o reintegro total ou parcial da axuda percibida se se comproba o incumprimento das obrigas ou das condicións da súa concesión.
3. Ademais serán tamén causa de reintegro de acordo coas directrices comunitarias para o exame das axudas estatais no sector da pesca e da acuicultura (2008/C 84/06), a comisión de infracción polo beneficiario ao dereito comunitario e, en especial, ás normas da Política Pesqueira Común, durante o período cuberto pola subvención. O reembolsamento das axudas será proporcional á gravidade da infracción cometida.
4. Para o devandito procedemento de reintegro terase en conta o establecido no capítulo II do título II da Lei de subvencións de Galicia.
Artigo 20. Infraccións e sancións.
As actuacións dos beneficiarios en relación coas axudas obxecto desta orde están sometidas ao réxime de infraccións e sancións do título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Artigo 21. Autorizacións do beneficiario.
1. A presentación da solicitude de concesión de axuda ou subvención polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor para incluír e facer públicos nos rexistros públicos de axudas, subvencións, convenios ou sancións os datos relevantes referidos ás axudas recibidas, así como ás sancións impostas conforme o establecido no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.
2. De acordo co establecido no artigo 20.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a presentación da solicitude comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, de estar ao corrente, nas obrigas tributarias e da Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma galega. Non obstante, se por razóns técnicas ou doutra índole estes certificados non puideran ser obtidos polo órgano poderanlle ser requiridos ao beneficiario.
Artigo 22. Publicidade.
1. En aplicación do establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas, expresando a convocatoria, programa e crédito orzamentario ao que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención.
2. De conformidade co establecido no artigo 13, punto 4.º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, a Consellería do Mar publicará na súa páxina web oficial (http://webpesca.xunta.es) a relación de beneficiarios e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na citada páxina web.
Disposición derradeira primeira.
Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Disposición derradeira segunda.
No non previsto nesta orde observarase o que establece o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e posteriores modificacións; o disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; os preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e os do seu regulamento de execución; e a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Disposición derradeira terceira.
Quedan sen efecto as bases reguladoras das axudas aos proxectos piloto, aprobadas por orde da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos do 20 de outubro de 2008.
Santiago de Compostela , 19 de maio de 2011.
Rosa M.ª Quintana Carballo
Conselleira do Mar
Na situación actual do sector pesqueiro e na coxuntura económica actual adquire especial relevancia tentar fomentar proxectos de interese público de maior alcance que as medidas que emprenden normalmente as empresas.
O artigo 41 do Regulamento (CE) n.º 1198/2006 do Consello, do 27 de xullo de 2006, relativo ao Fondo Europeo de Pesca, permite o financiamento de proxectos piloto dirixidos a adquisición e difusión de novos coñecementos técnicos que sexan levados a cabo por un axente económico ou por unha asociación recoñecida (ou calquera outro organismo competente designado con este fin polo Estado membro) en cooperación cun organismo científico ou técnico.
Ao abeiro do devandito Regulamento, publicouse a Orde do 20 de outubro de 2008 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento de concesión de axudas para a realización de proxectos piloto dirixidos á adquisición e difusión de novos coñecementos técnicos levados a cabo por unha entidade en cooperación cun organismo científico ou técnico (con financiamento do Fondo Europeo da Pesca).Vistas as dificultades na xestión destas axudas, procede publicar mediante esta orde, unhas novas bases reguladoras e procedemento para a concesión de axudas á realización de proxectos piloto, que tentan, por unha banda, contribuír ao desenvolvemento de proxectos de xeito que Galicia contribúa ao desenvolvemento no sector da pesca en xeral, e polo tanto, nos diferentes subsectores desta, e por outra, da máis relevancia á existencia dunha efectiva transferencia do coñecemento xerado para acadar alternativas a situacións que acontecen no sector pesqueiro (descartes, impacto ambiental) ou en calquera dos seus subsectores: acuicultura, pesca de baixura, tentando ademais, fomentar a colaboración no sector empresarial da nosa comunidade.
DISPOÑO:
Artigo 1. Obxecto.
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas á realización de proxectos piloto, incluída a utilización a título experimental de técnicas de pesca máis selectivas, co obxecto de adquirir e difundir novos coñecementos técnicos, ao abeiro do establecido no artigo 41 do Regulamento (CE) n.º 1198/2006, relativo ao Fondo Europeo de Pesca, e convocar as devanditas axudas para o ano 2011.
Artigo 2. Finalidade das axudas.
1. Entenderase por proxectos piloto, para efectos desta orde, aqueles que teñan como obxectivo:
a) Probar, en condicións próximas ás condicións reais do sector produtivo, a viabilidade técnica ou económica dunha tecnoloxía innovadora.
b) Permitir a realización de probas sobre plans de xestión e de asignación do esforzo pesqueiro, incluído, se é o caso, o establecemento de zonas de veda, co obxecto de avaliar as consecuencias biolóxicas e financeiras, e a repoboación experimental.
c) Desenvolver e probar métodos para mellorar a selectividade da arte de pesca, reducir as capturas accesorias, os descartes ou o impacto ambiental, en particular, no fondo mariño.
d) Probar outros tipos de técnicas de xestión pesqueira.
2. Os proxectos piloto deberán acompañarse dun seguimento científico, co fin de producir resultados significativos. Este seguimento deberá ser realizado polo Instituto Español de Oceanografía (IEO), Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), Centro de Investigacións Mariñas e Centro de Cultivos Mariños (estes últimos dependentes da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro), Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), a universidade ou centros tecnolóxicos dependentes dela. No caso de que no proxecto se especifique un organismo distinto destes para a realización do seguimento científico, deberá xustificar a dificultade da realización por calquera dos anteriores e ademais terá que ser un organismo con financiamento maioritariamente público. Neste caso, a Dirección Xeral resolverá a aceptación, do organismo científico proposto. No caso de que non sexa aceptado darase ao solicitante un prazo de 10 días hábiles para que propoña outro organismo científico.
3. Os resultados dos proxectos piloto serán obxecto de informes técnicos, realizados polo organismo científico ou técnico, accesibles ao público, que se poderán consultar mediante os mecanismos que a Dirección Xeral habilite para iso.
4. Non poden acollerse a estas axudas os proxectos que teñan como finalidade a pesca exploratoria nin os que teñan carácter comercial directo. Igualmente, quedan excluídos os que supoñan seguimento biolóxico ou produtivo das especies mariñas.
Artigo 3. Crédito orzamentario.
1. As axudas concederanse con cargo ás aplicacións orzamentarias que sinale a correspondente Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Durante a vixencia do FEP (2007-2013) fixarase mediante a correspondente orde de convocatoria o crédito anual existente.
3. Os importes fixados en cada convocatoria, así como as aplicacións a que se imputen, poderanse ampliar con fondos incorporados e remanentes adicionais, sen que iso dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes, salvo indicación expresa en contrario na orde que se publique para o efecto.
4. As axudas estarán limitadas, en todo caso, ás dispoñibilidades orzamentarias.
5. As axudas financiaranse con cargo a fondos do FEP (61%) e da Comunidade Autónoma de Galicia (39%).
6. Para o ano 2011 as axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.723A.780.2 que figura no orzamento de gastos de 2011 da Consellería do Mar. Os importes máximos das subvencións que se concedan no dito exercicio orzamentario ascenderán a 2.000.000 de euros, distribuidos nas seguintes anualidades:
Anualidade 2011: 1.000.000 de euros.
Anualidade 2012: 500.000 euros.
Anualidade 2013: 500.000 euros.
Artigo 4. Beneficiarios.
1. Poderán ser beneficiarios das axudas:
1.1. As empresas ou Unións Temporais de Empresas (UTE).
1.2 As asociacións empresariais ou asociacións profesionais de carácter comercial do sector.
1.3. Organizacións de produtores pesqueiros, confrarías de pescadores e cooperativas.
1.4. Centros tecnolóxicos ou calquera outro organismo de investigación e desenvolvemento con participación privada maioritaria.
1.5. Calquera outro organismo competente designado con este fin polo Estado Membro.
2. A participación no proxecto de axentes externos, distintos do beneficiario, deberá estar debidamente motivada e xustificada.
3. Os beneficiarios terán que presentarse co compromiso do organismo científico ou técnico recollido no artigo 2 punto 2, da realización do seguimento científico do proxecto, para o que deberán achegar o documento establecido no artigo 9 punto 3, letra h).
4. No caso de que o organismo científico actúe tamén como axente externo, o persoal destinado a cada unha destas facetas, non poderá ser en ningún caso, o mesmo.
5. Os beneficiarios deben ter a súa sede social en Galicia e realizar a súa actividade nesta comunidade.
6. Cando a solicitude se presente mediante unha agrupación de entidades sen personalidade xurídica propia ou mediante unión temporal de empresas, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución da concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro, así como o importe da subvención para aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, ou no caso da UTE un xerente único, e, en ambos os dous casos, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de execución aprobado.
7. Non poderán ser beneficiarios aqueles nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvenci&oacut