Este sitio web utiliza Cookies propias y de terceros de análisis para recopilar información con la finalidad de mejorar nuestros servicios, así como para el análisis de su navegación. Si continua navegando, supone la aceptación de la instalación de las mismas. El usuario tiene la posibilidad de configurar su navegador pudiendo, si así lo desea, impedir que sean instaladas en su disco duro, aunque deberá tener en cuenta que dicha acción podrá ocasionar dificultades de navegación de la página web.

[ACEPTAR]      [CÓMO CONFIGURAR]
DETALLE DE LA SUBVENCIÓN

AYUDAS PARALIZACION DE LA FLOTA 2012

28 dic
2011
AYUDAS PARALIZACION DE LA FLOTA 2012

 

Mediante a Orde do 30 de xuño de 2010 (DOG n.º130, do 9 de xullo) establecéronse as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas á paralización definitiva dos buques pesqueiros, cofinanciadas co Fondo Europeo de Pesca, en virtude do Regulamento (CE) n.º 1198/2006 do Consello, do 27 de xullo, relativo ao Fondo Europeo de Pesca (FEP).
 
A orde de bases reguladoras establece no artigo 3 que o crédito anual existente se fixará en cada orde de convocatoria e no artigo 11 que os criterios de selección poderán ser modificados en cada convocatoria.
 
Ademais, o artigo 1.1.1 da Orde do 11 de febreiro de 1998 (DOG n.º 34, do 19 de febreiro) sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 (DOG n.º 231, do 29 de novembro) e pola Orde do 25 de outubro de 2001 (DOG n.º 209, do 29 de outubro), establece que os expedientes de gasto relativos a subvencións se poderán iniciar sempre que as necesidades que se teñan que satisfacer poidan ser razoablemente previstas anticipadamente no exercicio inmediatamente anterior ao dos orzamentos con cargo aos cales se vaian imputar os correspondentes gastos, mesmo cando a súa execución se realice nunha ou en varias anualidades; no primeiro caso, sempre que exista crédito adecuado e suficiente no proxecto de orzamentos xerais da comunidade autónoma aprobado polo Consello da Xunta de Galicia, que corresponda ao exercicio orzamentario en que se vai materializar a contraprestación, e no segundo, sempre que exista crédito para a primeira anualidade e que se cumpran os requisitos del artigo 58 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
 
O artigo 3.3.3 estende expresamente esta posibilidade de tramitación anticipada aos expedientes relativos ás bases reguladoras ou convocatorias de axudas derivadas da aplicación de regulamentos comunitarios con financiamento procedente de fondos europeos, sempre que exista regulación das axudas pola Unión Europea ou de ámbito estatal ditada en desenvolvemento ou transposición dela e existan compromisos de financiamento destinados á aplicación das correspondentes medidas.
 
Con base no anterior, procede convocar para o ano 2012 as axudas á paralización definitiva fixando o crédito orzamentario así como os criterios de selección que se vai aplicar.
 
Por outra banda, procede facer unha modificación puntual das bases, para asegurar que o beneficiario non transmite a propiedade do buque entre o momento da solicitude e a súa materialización definitiva.
 
Artigo 1. Convocatoria de axudas.
 
Convócanse para o exercicio 2012 axudas á paralización definitiva das actividades pesqueiras dos buques pesqueiros que se rexerán polas bases e condicións e, de acordo co procedemento establecido na Orde do 30 de xuño de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras destas axudas (DOG n.º130, do 9 de xullo).
 
Artigo 2. Crédito orzamentario.
 
1. Para o ano 2012 as axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.723A.770.1 da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para ese ano, cun importe de 8.000.000 de euros. A concesión da subvención queda condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente.
 
2. O importe fixado no punto anterior deste artigo poderase ampliar con fondos incorporados e remanentes adicionais, sen que iso dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.
 
3. As axudas estarán limitadas, en todo caso, ás dispoñibilidades orzamentarias.
 
4. As axudas mencionadas contan co financiamento do FEP nun 61% e do Estado Membro nun 39%.
 
Artigo 3. Prazo de presentación de solicitudes.
 
1. Para esta convocatoria de 2012 o prazo de presentación de solicitudes será ata o 31 de xaneiro de 2012, sempre que houber como mínimo un mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. No caso contrario, o prazo será dun mes contado dende o día seguinte ao da publicación desta orde no devandito diario oficial. Neste último caso, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.
 
2. A solicitude e a documentación indicada no artigo 8 punto 3 da orde reguladora destas axudas (Orde do 30 de xuño de 2010), presentarase no Rexistro Único e de Información do complexo administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela ou, en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común. Así mesmo, tamén se poderá presentar na sede electrónica: https:/sede.xunta.es.
 
Artigo 4. Criterios de selección.
 
1. Para a convocatoria do ano 2012 os criterios de selección serán os seguintes:
 
a) A integración do buque nun plan de recuperación (plans de axuste do esforzo pesqueiro segundo o artigo 21, letra a), alínea i) do Regulamento (CE) n.º1198/2006): 28 puntos.
 
b) Restricións impostas pola non renovación dun acordo de pesca entre a Unión Europea e un terceiro país: 26 puntos.
 
c) Redución importante das posibilidades de pesca en virtude dun convenio internacional ou outro tipo de acordo: 25 puntos.
 
d) A integración do buque nun plan de axuste do esforzo pesqueiro segundo o artigo 21, letra a), alínea iv) do Regulamento 1198/2006 (Plan de Xestión): 24 puntos.
 
e) Medidas de urxencia segundo o indicado no artigo 21, letra a), alínea ii) do Regulamento 1198/2006: 15 puntos se a medida de urxencia é da Comisión.
 
f) A integración do buque nun plan de axuste do esforzo pesqueiro segundo o artigo 21, letra a), alínea v) do Regulamento 1198/2006: 11 puntos.
 
g) Medidas de urxencia segundo o indicado no artigo 21, letra a), alínea ii): 3 puntos se a medida de urxencia é do Estado membro.
 
h) Idade do buque: desde os 20 e ata os 30 anos ou máis: 1 punto por ano. Ademais, aos maiores de 30 anos e ata 50 anos engadiranse 0,25 puntos por ano.
 
2. En caso de empate terá prioridade o buque máis antigo, e de manterse o empate, terá prioridade o buque de máis arqueo, de persistir o empate o que presentase antes a solicitude.
 
Artigo 5. Modificación da Orde do 30 de xuño de 2010.
 
Modifícase o seguinte artigo da Orde do 30 de xuño de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas á paralización definitiva dos buques pesqueiros, cofinanciadas co Fondo Europeo de Pesca (DOG n.º130, do 9 de xullo).
 
Artigo 14. Xustificación e pagamento da axuda.
 
O punto 3, letra d), queda redactado como segue:
 
- Certificación do Rexistro Mercantil en que conste a titularidade do buque.
 
Disposición transitoria primeira.
 
Non se poderán presentar a esta convocatoria do ano 2012 os buques que estean incluídos no Plan de Xestión Integral da pesca de baixura no caladoiro nacional do Cantábrico-noroeste por ter estes buques unha convocatoria específica.
 
Disposición transitoria segunda.
 
Para esta convocatoria do ano 2012, aqueles solicitantes da axuda que tiveran concedida a mesma na convocatoria do ano 2011, e renunciaran, non aceptaran ou se lles declarara decaído no seu dereito de cobramento, lles serán descontados o 35% dos puntos acadados despois de aplicar os criterios de selección establecidos no artigo 4 desta orde.
 
Disposición derradeira.
 
Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
 
Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2011.
 
Rosa M.ªQuintana Carballo
 
Conselleira do Mar


Archivos adjuntos a la subvención:


SUBVENCION DESGUACE.pdf

ayudas_acuicultura.pdf

ayudas_acuicultura.pdf
Asemar, asesoría de empresas en Vilagarcía de Arousa relacionadas relacionadas con la pesca, el marisqueo, y la acuicultura. Asemar ofrece a sus clientes un asesoramiento especializado y diferenciado, que les permite la obtención de los mejores resultados dentro del ámbito de sus negocios. Informamos de las ultimas subvenciones, noticias de interes y de los cambios importantes en la legislación en lo que al sector del mar se refiere para ayudar a nuestros clientes en el desarollo de su actividad.