Este sitio web utiliza Cookies propias y de terceros de análisis para recopilar información con la finalidad de mejorar nuestros servicios, así como para el análisis de su navegación. Si continua navegando, supone la aceptación de la instalación de las mismas. El usuario tiene la posibilidad de configurar su navegador pudiendo, si así lo desea, impedir que sean instaladas en su disco duro, aunque deberá tener en cuenta que dicha acción podrá ocasionar dificultades de navegación de la página web.

[ACEPTAR]      [CÓMO CONFIGURAR]
DETALLE DE LA SUBVENCIÓN

AYUDAS DE CARACTER SOCIOECONÓMICO PARA LA PESCA (CERRADA)

17 ene
2012
AYUDAS DE CARACTER SOCIOECONÓMICO PARA LA PESCA  (CERRADA)

NORMATIVA:

ORDE do 12 de decembro de 2011 pola que se convocan para o ano 2012, en réxime de concorrencia competitiva, axudas de carácter socioeconómico cofinanciadas co FEP, tramitada como anticipado de gasto (DOG nº 247, do 28 de decembro de 2012)

OBXECTO:


Establecer as bases reguladoras de concesión de axudas de carácter socioeconómico aprobadas por orde da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos do 2 de xuño de 2008 (DOG nº 119, do 20 de xuño), é modificar as bases reguladoras de concesión de axudas de carácter socioeconómico aprobadas por Orde da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos do 11 de marzo de 2009 (DOG nº 55, do 20 de marzo).
A finalidade das axudas reguladas nesta orde é a de establecer medidas de acompañamento para os traballadores afectados polos axustes da frota pesqueira, que axuden a paliar os efectos da dita reestruturación e apoien a reconversión destes traballadores.
Tipos de axudas.
A) Primas por reconversión.
A.1. Parcial: diversificación de actividades: esta medida ten como obxecto o apoio ás actividades dos pescadores fóra do sector pesqueiro, permitíndolles que sigan pescando a tempo parcial, sempre que con isto se contribúa a reducir o seu esforzo pesqueiro. O proxecto de reconversión parcial deberá supor polo menos o 35% da actividade dos solicitantes.
A.2. Total: esta medida ten como obxecto o apoio á reconversión profesional dos pescadores en actividades profesionais a tempo completo nun sector distinto ao da pesca marítima.
B) Prima pola saída do sector pesqueiro.
Xubilación anticipada: consiste nunha percepción económica dunha cantidade mensual á cal terá dereito o tripulante ata que cumpra a idade legal de xubilación ordinaria, que resulta da aplicación dos coeficientes redutores previstos na normativa reguladora do réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar.
C) Prima non renovable.
Esta medida concíbese como unha compensación aos tripulantes de buques que paralizasen a súa actividade definitivamente como consecuencia dun plan de axuste do esforzo pesqueiro.
D) Prima pola compra do primeiro barco.
Esta medida ten a finalidade de facilitar o acceso á propiedade, parcial ou total, dun barco aos profesionais do sector que nunca tiveron un en propiedade.

Beneficiarios:

Poderán ser beneficiarios os tripulantes de buques pesqueiros afectados por medidas de reestruturación da frota, que teñan porto base na Comunidade Autónoma de Galicia, ou tripulantes cuxo domicilio fiscal se atope en Galicia, e que reúnan todos e cada un dos requisitos establecidos máis adiante para cada unha das medidas.
Os beneficiarios deberán cumprir os requisitos exixidos na normativa básica do Estado non sinalados no punto anterior.
O número de beneficiarios das axudas tipificadas no artigo 5º, letra B), non poderán superar o número de postos de traballo suprimidos a bordo de buques pesqueiros como resultado da paralización definitiva das actividades pesqueiras durante todo o período de programación.
Non poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Requisitos:

Requisitos específicos segundo o tipo de axuda.

A) Prima por reconversión.
1. Estar dado de alta no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar.
2. Ter menos de 55 anos de idade ou, sendo maior, non ter a posibilidade de xubilarse.
3. Acreditar un mínimo de cinco anos de exercicio da profesión de pescador.

B) Prima pola saída do sector pesqueiro.
Xubilación anticipada:
1. Estar dado de alta no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar e ter cotizado un período mínimo de quince anos no momento en que vaia cumprir a idade de xubilación.
2. Ter 55 anos ou máis e non ter a idade legal de xubilación no momento da solicitude.
3. Ter exercido durante un mínimo de dez (10) anos a profesión de pescador.
4. Estar enrolado e de alta ou nalgunha das situacións asimiladas á alta.
5. Non poderán ser beneficiarios destas aqueles solicitantes que se atopen en situación de incapacidade laboral transitoria.
C) Prima non renovable vinculada á paralización definitiva.
1. Tripulantes que traballasen a bordo dun buque pesqueiro polo menos doce meses, sempre que o buque se sometese á paralización definitiva das actividades pesqueiras e que a dita paralización forme parte dun plan de axuste do esforzo pesqueiro.
2. Estar dado de alta no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar e ter cotizado neste réxime durante un período mínimo de doce (12) meses.
3. Ter menos de 55 anos de idade ou, sendo maior, non ter a posibilidade de xubilarse.
4. Estar enrolado e en alta ou nalgunha das situacións asimiladas á alta, ou ben atoparse en situación de expediente de regulación de emprego, no buque obxecto de axuste estrutural desde o momento en que o armador solicite a prima por paralización definitiva ata que se lle conceda a dita axuda. No caso de tripulantes enrolados en buques incluídos nos programas de adaptación da frota, obxecto de paralización definitiva, estar enrolado e de alta ou nalgunha das situacións asimiladas á alta, no momento do cesamento da actividade do buque, ou ben atoparse en situación de expediente de regulación de emprego.

D) Prima pola adquisición do primeiro barco.
1. Estar dado de alta no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar.
2. Acreditar un mínimo de cinco anos de exercicio da profesión de pescador ou formación profesional equivalente.
3. Adquirir un buque das seguintes características:
3.1. Eslora total inferior a 24 metros.
3.2. Idade comprendida entre 5 e 10 anos.
4. Non ser propietario de ningunha outra embarcación de pesca.
5. Ter menos de 40 anos na data de adquisición da embarcación sempre que presente a solicitude na convocatoria aberta nese momento ou na inmediatamente seguinte á da dita adquisición.

Datos solicitude


  • Prazo de presentación: 29/12/2011 - 02/05/2012

    ata o 31 de xaneiro de 2012 (salvo para a prima non renovable), Para as axudas de prima non renovable, para esta convocatoria de 2012, o prazo de presentación de solicitudes será ata o 2 de maio de 2012.

    Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.

    Todo isto, sen prexuízo dos prazos específicos na orde de convocatoria e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (artigo 48 Lei 30/1992)

  • Prazo de resolución: Seis meses.
  • Sentido do silencio: Negativo

Archivos adjuntos a la subvención:


AYUDAS SOCIECONOMICAS 2012.pdf
Asemar, asesoría de empresas en Vilagarcía de Arousa relacionadas relacionadas con la pesca, el marisqueo, y la acuicultura. Asemar ofrece a sus clientes un asesoramiento especializado y diferenciado, que les permite la obtención de los mejores resultados dentro del ámbito de sus negocios. Informamos de las ultimas subvenciones, noticias de interes y de los cambios importantes en la legislación en lo que al sector del mar se refiere para ayudar a nuestros clientes en el desarollo de su actividad.