Este sitio web utiliza Cookies propias y de terceros de análisis para recopilar información con la finalidad de mejorar nuestros servicios, así como para el análisis de su navegación. Si continua navegando, supone la aceptación de la instalación de las mismas. El usuario tiene la posibilidad de configurar su navegador pudiendo, si así lo desea, impedir que sean instaladas en su disco duro, aunque deberá tener en cuenta que dicha acción podrá ocasionar dificultades de navegación de la página web.

[ACEPTAR]      [CÓMO CONFIGURAR]
DETALLE DE LA SUBVENCIÓN

AXUDAS A REALIZACION DE PROXECTOS PILOTO (CERRADA)

02 jun
2012
AXUDAS A REALIZACION DE PROXECTOS PILOTO (CERRADA)

Establecer as bases reguladoras de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas á realización de proxectos piloto, incluida a utilización a título experimental de técnicas de pesca máis selectivas, co obxecto de adquirir e difundir novos coñecementos técnicos, ao abeiro do establecido no artigo 41 do Regulamento (CE) n.º 1198/2006, relativo ao Fondo Europeo de Pesca, e convocar as devanditas axudas para o ano 2012.

 

Beneficiarios:

- As empresas ou unións temporais de empresas (UTE).
- As asociacións empresariais ou asociacións profesionais de carácter comercial do sector.
- Organizacións de produtores pesqueiros, confrarías de pescadores e cooperativas.
- Centros tecnolóxicos ou calquera outro organismo de investigación e desenvolvemento con participación privada maioritaria.
- Calquera outro organismo competente designado con este fin polo Estado membro.

 

Requisitos:

A participación no proxecto de axentes externos distintos do beneficiario deberá estar debidamente motivada e xustificada. En caso de que o solicitante teña unha vinculación co axente externo que sexa diferente dun mero contrato polo servizo, non será subvencionable a participación no proxecto do devandito axente, agás que o solicitante forneza valor ao proxecto, en termos de persoal e actividade que se vaia realizar.

Os beneficiarios terán que presentarse co compromiso do organismo científico ou técnico recollido no artigo 2 punto 2, da realización do seguimento científico do proxecto, para o cal deberán achegar o documento establecido no artigo 9 punto 3, letra h).

No caso de que o organismo científico actúe tamén como axente externo, o persoal destinado a cada unha destas facetas non poderá ser en ningún caso o mesmo.

Os beneficiarios deben ter a súa sede social en Galicia e realizar a súa actividade nesta comunidade.

Cando a solicitude se presente mediante unha agrupación de entidades sen personalidade xurídica propia ou mediante unión temporal de empresas, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución da concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro, así como o importe da subvención para aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación ou, no caso das UTE, un xerente único e, en ambos os casos, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de execución aprobado.


Archivos adjuntos a la subvención:


AXUDAS PROXECTO PILOTO.pdf
Asemar, asesoría de empresas en Vilagarcía de Arousa relacionadas relacionadas con la pesca, el marisqueo, y la acuicultura. Asemar ofrece a sus clientes un asesoramiento especializado y diferenciado, que les permite la obtención de los mejores resultados dentro del ámbito de sus negocios. Informamos de las ultimas subvenciones, noticias de interes y de los cambios importantes en la legislación en lo que al sector del mar se refiere para ayudar a nuestros clientes en el desarollo de su actividad.