Este sitio web utiliza Cookies propias y de terceros de análisis para recopilar información con la finalidad de mejorar nuestros servicios, así como para el análisis de su navegación. Si continua navegando, supone la aceptación de la instalación de las mismas. El usuario tiene la posibilidad de configurar su navegador pudiendo, si así lo desea, impedir que sean instaladas en su disco duro, aunque deberá tener en cuenta que dicha acción podrá ocasionar dificultades de navegación de la página web.

[ACEPTAR]      [CÓMO CONFIGURAR]
DETALLE DE LA SUBVENCIÓN

Axudas para que os/as mariscadores/as a pé poidan completar períodos mínimos de cotización.

05 oct
2012
Axudas para que os/as mariscadores/as a pé poidan completar períodos mínimos de cotización.

Axudas para que os/as mariscadores/as a pé poidan completar períodos mínimos de cotización.

Establecer as bases reguladoras das axudas para que as/os mariscadoras/es a pé poidan completar os períodos mínimos de cotización ao réxime especial dos traballadores do mar, mediante a subscrición de convenio especial, co fin de alcanzar a pensión de xubilación na súa modalidade contributiva, e, en segundo lugar, establecer a súa convocatoria para o ano 2012.

Estas axudas serán aplicables en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo de vixencia desta orde abranguerá desde o 1 de novembro do ano anterior ao da convocatoria ata o 31 de outubro do ano da convocatoria.

Contía e percepción das axudas

As/os beneficiarias/os percibirán unha axuda destinada a aboar o importe do convenio especial que deben subscribir coa Seguridade Social. A contía da axuda será igual ao importe de dito convenio, coa limitación dunha contía máxima de 350 € mensuais durante o período a que corresponda a convocatoria.

O período subvencionable abranguerá entre o 1 de novembro do ano anterior ao da convocatoria e o 31 de outubro do ano da convocatoria.

En todo caso, os efectos económicos virán determinados pola data de efectos do convenio especial asinado coa Seguridade Social.
 

Beneficiarios:
 
a) Poderán solicitar as axudas reguladas nesta orde as/os mariscadoras/es que reúnan os requisitos establecidos no artigo seguinte e que no período comprendido entre o 1 de novembro do ano anterior ao da convocatoria e o 31 de outubro do ano da convocatoria teñan o permiso de explotación para o marisqueo a pé en vigor ata o día inmediato anterior á data en que fagan os 65 anos.

b) Igualmente, poderán solicitar as axudas reguladas nesta orde as persoas beneficiarias destas axudas na última convocatoria que sigan cumprindo os requisitos necesarios para ser beneficiarias delas.

Obrigas das persoas beneficiarias

1. As persoas beneficiarias deberán comunicarlle á consellería calquera modificación das condicións tidas en consideración para a concesión da axuda, no prazo dos (5) cinco días seguintes a aquel en que esta se produza.
2. As persoas beneficiarias someteranse ás actuacións de control, comprobación e inspección que efectúe a consellería, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e ás que a lexislación vixente lles atribúe a outros organismos da Comunidade Autónoma.
3. Igualmente, someteranse ás obrigas establecidas na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
 

Requisitos:

a) Ter exercido a actividade marisqueira a pé de forma ininterrompida desde o ano 2.000 ata a data en que fagan os 65 anos.
b) Non ter ingresos anuais na unidade familiar superiores a 2,5 veces o indicador público da renda de efectos múltiples (IPREM).
c) Estar ao día, con anterioridade a ditarse a proposta e resolución de concesión, nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Segundo o establecido no artigo 51 da Lei 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, «quedan exentos e exentas de achegar os xustificantes do cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, ou ser debedor ou debedora por resolución de procedencia de reintegro, os beneficiarios e as beneficiarias das subvencións seguintes: (...) i) as que non superen os 3.000 euros individualmente e se concedan con cargo aos créditos orzamentarios do capítulo VII, «Transferencias de capital», destinadas a familias e institucións sen fins de lucro», entendendo estes 3.000 euros referidos ao cómputo total da axuda.

d) Asinar un convenio especial coa base mínima do grupo III, tarifa 9, do réxime especial dos traballadores do mar, ou ter asinado convenio especial de base igual ou superior a aquel.
e) Non ser beneficiaria/o de ningunha outra axuda para a mesma finalidade e non ser perceptora/or de pensión de xubilación ou incapacidade permanente.
f) Non estar incursa/o en prohibición que lle impida ter condición de beneficiaria/o de subvencións.


Datos solicitude
 
Prazo de presentación: 04/10/2012 - 03/11/2012.

Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde.
 
Prazo de resolución: 5 meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo,

Asemar, asesoría de empresas en Vilagarcía de Arousa relacionadas relacionadas con la pesca, el marisqueo, y la acuicultura. Asemar ofrece a sus clientes un asesoramiento especializado y diferenciado, que les permite la obtención de los mejores resultados dentro del ámbito de sus negocios. Informamos de las ultimas subvenciones, noticias de interes y de los cambios importantes en la legislación en lo que al sector del mar se refiere para ayudar a nuestros clientes en el desarollo de su actividad.