Este sitio web utiliza Cookies propias y de terceros de análisis para recopilar información con la finalidad de mejorar nuestros servicios, así como para el análisis de su navegación. Si continua navegando, supone la aceptación de la instalación de las mismas. El usuario tiene la posibilidad de configurar su navegador pudiendo, si así lo desea, impedir que sean instaladas en su disco duro, aunque deberá tener en cuenta que dicha acción podrá ocasionar dificultades de navegación de la página web.

[ACEPTAR]      [CÓMO CONFIGURAR]
DETALLE DE LA SUBVENCIÓN

AYUDAS PROYECTOS PILOTO (CONVOCATORIA CERRADA)

18 jun
2013
AYUDAS PROYECTOS PILOTO (CONVOCATORIA  CERRADA)

ORDE do 5 de xuño de 2013 pola que se convocan para o ano 2013, en réxime de concorrencia competitiva, axudas á realización de proxectos piloto cofinanciadas nun 75 % co Fondo Europeo de Pesca (FEP).

Mediante a Orde do 15 de maio de 2012 (DOG nº 102, do 30 de maio) establecéronse as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas á realización de proxectos piloto cofinanciadas co Fondo Europeo de Pesca (FEP), en virtude do Regulamento (CE) nº 1198/2006 do Consello, do 27 de xullo, relativo ao Fondo Europeo de Pesca (FEP).

A orde de bases reguladoras establece no artigo 3 que o crédito anual existente se fixará en cada orde de convocatoria.

Convén indicar, ademais, que, segundo a Decisión C (2012)9373 de execución da Comisión que modifica a Decisión C(2007)6615, a taxa media de cofinanciamento do FEP é dun 75 % en todas as medidas. Por outra banda, o período de elixibilidade do actual programa operativo (2007-2013) abrangue desde o 1 de xaneiro de 2007 ata o 31 de decembro de 2015, segundo dispón o artigo 55.1 do Regulamento (CE) nº 1198/2006.

Por outra banda, temos que indicar que non foi posible, dentro do ano da convocatoria, a resolución dos expedientes presentados ao abeiro da Orde do 15 de maio de 2012 (DOG nº 102, do 30 de maio), isto é, os presentados na convocatoria dese ano, polo que se considera procedente resolver a devandita convocatoria conxuntamente coa convocatoria deste ano 2013.

Conforme o anterior, procede convocar para o ano 2013 as axudas á realización de proxectos piloto fixando o crédito orzamentario.

Por todo isto, e de acordo co disposto no artigo 30.1º 3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso da competencia que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPÓN:

Artigo 1. Convocatoria de axudas

Convócanse para o exercicio 2013 axudas á realización de proxectos piloto que se rexerán polas bases e condicións e de acordo co procedemento establecido na Orde do 15 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras destas axudas (DOG nº 102, do 30 de maio).

Artigo 2. Crédito orzamentario

1. Para o ano 2013 as axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 12.30.723A.780.2 da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para ese ano, cun importe máximo de 3.420.000 euros, distribuídos nas seguintes anualidades:

Anualidade 2013: 720.000 euros.

Anualidade 2014: 1.700.000 euros.

Anualidade 2015: 1.000.000 de euros.

2. Os importes fixados no punto anterior deste artigo poderanse ampliar con fondos incorporados e remanentes adicionais, sen que iso dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

3. As axudas estarán limitadas, en todo caso, ás dispoñibilidades orzamentarias.

4. As axudas mencionadas contan co financiamento do FEP nun 75 % e do Estado membro nun 25 %.

Artigo 3. Prazo de presentación de solicitudes

1. Para esta convocatoria de 2013 o prazo de presentación de solicitudes será de 45 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

2. A solicitude poderá presentarse electronicamente na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo electrónico https://sede.xunta.es, de acordo co establecido no Decreto 198/2010, de 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, e unha vez aprobada por Orde do 15 de setembro de 2011 a posta en funcionamento da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Así mesmo, os interesados poderán tamén presentar a solicitude e a documentación indicada no artigo 9 punto 3 da orde reguladora destas axudas (Orde do 15 de maio de 2012), no Rexistro Único e de Información do Complexo Administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición transitoria

As solicitudes que se presentasen á convocatoria de proxectos piloto do ano 2012 ao abeiro da Orde do 15 de maio de 2012 e que non recibisen resolución expresa respecto da subvencionabilidade do proxecto, deberán manifestar mediante escrito a súa intención de se acolleren á convocatoria do ano 2013, escrito que se presentará no prazo establecido no artigo 3 punto 1 desta orde. Transcorrido o prazo sen que o interesado presente o devandito escrito, terase por desistido da súa solicitude.

Disposición derradeira

Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2013

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

Asemar, asesoría de empresas en Vilagarcía de Arousa relacionadas relacionadas con la pesca, el marisqueo, y la acuicultura. Asemar ofrece a sus clientes un asesoramiento especializado y diferenciado, que les permite la obtención de los mejores resultados dentro del ámbito de sus negocios. Informamos de las ultimas subvenciones, noticias de interes y de los cambios importantes en la legislación en lo que al sector del mar se refiere para ayudar a nuestros clientes en el desarollo de su actividad.