Este sitio web utiliza Cookies propias y de terceros de análisis para recopilar información con la finalidad de mejorar nuestros servicios, así como para el análisis de su navegación. Si continua navegando, supone la aceptación de la instalación de las mismas. El usuario tiene la posibilidad de configurar su navegador pudiendo, si así lo desea, impedir que sean instaladas en su disco duro, aunque deberá tener en cuenta que dicha acción podrá ocasionar dificultades de navegación de la página web.

[ACEPTAR]      [CÓMO CONFIGURAR]
DETALLE DE LA SUBVENCIÓN

AYUDAS PARALIZACION DE LA FLOTA 2013

27 ago
2013
AYUDAS PARALIZACION DE LA FLOTA 2013

ORDE do 13 de agosto de 2013 pola que se convocan para o ano 2013, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas á paralización definitiva das actividades pesqueiras dos buques pesqueiros, cofinanciadas nun 75 % co FEP, para aqueles que estean afectados polo Plan de xestión integral da pesca de baixura no caladoiro nacional do Cantábrico-Noroeste.

Artigo 1. Convocatoria de axudas

Convócanse para o exercicio 2013 as axudas á paralización definitiva das actividades pesqueiras dos buques pesqueiros que estean afectados polo Plan de xestión integral da pesca de baixura no caladoiro nacional do Cantábrico-Noroeste, que se rexerán polas bases e condicións e de acordo co procedemento establecido na Orde do 23 de abril de 2013, pola que se establecen as bases reguladoras destas axudas (DOG nº 88, do 8 de maio).

Artigo 2. Crédito orzamentario

1. Para o ano 2013 as axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 12.30.723A.770.1 da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para ese ano, cun importe de 4.200.000 €.

2. O importe fixado no punto anterior deste artigo poderase ampliar con fondos incorporados e remanentes adicionais, sen que iso dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

3. As axudas estarán limitadas, en todo caso, ás dispoñibilidades orzamentarias.

4. As axudas mencionadas contan co financiamento do FEP nun 75 % e do Estado membro nun 25 %.

Artigo 3. Prazo de presentación de solicitudes

1. Para esta convocatoria de 2013 o prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Neste caso, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

2. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través de formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dependentes dela. Para a presentación da solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

3. Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en formato papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

4. A documentación complementaria indicada no artigo 8, punto 3, da orde reguladora destas axudas (Orde do 23 de abril de 2013) poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dependentes dela.

Artigo 4. Criterios de selección para as axudas do caladoiro nacional Cantábrico-Noroeste

1. Para a convocatoria do ano 2013, e só para as axudas destinadas ao caladoiro nacional Cantábrico-Noroeste, os criterios de selección serán os seguintes:

a) Que o buque estea afectado polo Plan de xestión integral da pesca de baixura no caladoiro nacional do Cantábrico-Noroeste e a modalidade de pesca sexa o palangre de fondo: 33 puntos.

b) Que o buque estea afectado polo Plan de xestión integral da pesca de baixura no caladoiro nacional do Cantábrico-Noroeste e a modalidade de pesca sexa o cerco: 31 puntos.

c) Que o buque estea afectado polo Plan de xestión integral da pesca de baixura no caladoiro nacional do Cantábrico-Noroeste e non estea incluído nalgún dos grupos anteriores: 30 puntos.

d) Idade do buque: desde os 20 e ata os 30 anos ou máis: 1 punto por ano. Ademais, aos maiores de 30 anos e ata 50 anos engadiranse 0,25 puntos por ano.

2. En caso de empate, terán prioridade os buques máis antigos e, de persistir o empate, os que capturen maioritariamente especies das cales existe un plan de recuperación; de persistir aínda o empate, os que empreguen artes menos selectivas.

Disposición transitoria

Para esta convocatoria do ano 2013, a aqueles solicitantes da axuda que lles fora concedida na convocatoria do ano 2012 e renunciaran, non aceptaran ou se declararan decaídos no seu dereito de cobramento, seralles descontado o 35 % dos puntos acadados despois de aplicar os criterios de selección establecidos no artigo 4 desta orde.

Disposición derradeira

Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2013

Rosa Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

Asemar, asesoría de empresas en Vilagarcía de Arousa relacionadas relacionadas con la pesca, el marisqueo, y la acuicultura. Asemar ofrece a sus clientes un asesoramiento especializado y diferenciado, que les permite la obtención de los mejores resultados dentro del ámbito de sus negocios. Informamos de las ultimas subvenciones, noticias de interes y de los cambios importantes en la legislación en lo que al sector del mar se refiere para ayudar a nuestros clientes en el desarollo de su actividad.