INVESTIMENTOS EN BUQUES A liña de financiamento destinada a investimentos en buques e selectividade ten unha contía total de 2.407.417 €. A súa finalidade é a de contribuír á modernización da frota pesqueira galega mediante investimentos a bordo dos buques pesqueiros, sempre que estes investimentos poidan servir para mellorar a seguridade a bordo, as condicións de traballo, a hixiene, a calidade dos produtos, o rendemento enerxético e a selectividade.
EFICIENCIA ENERXÉTICA. As axudas á mellora da eficiencia enerxética en buques conta cun orzamento dun millón de euros e destínanse a investimentos que busquen optimizar a xeración de enerxía en relación a súa demanda, que promovan o aproveitamento da enerxía residual e aquelas que reduzan o consumo de combustible no buque. Ademais, serán subvencionables os investimentos realizados sobre o casco dun buque, sempre que diminúan a resistencia do seu avance.
PRAZO DE PRESENTACION: 4 DE JULIO DE 2014