NORMATIVA:
ORDE do 8 de agosto de de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesion en réximen de concorrencia competitiva, axudas de carácter socioeconómico confinanciadas nun 75 % co fondo Europeo de (PESCA) e se establece a convocatoria para o ano 2014.
FINALIDADE:
A finalidade e establecer medidas de acompañamento para os traballadores afectados polos axustes da frota pesqueira, que axuden a paliar os efectos da dita reestruturación e apoien a reconversión destes traballadores.
TIPO DE AYUDAS:
A) Primas por reconversión.
A.1. Parcial: diversificación de actividades: esta medida ten como obxecto o apoio ás actividades dos pescadores fóra do sector pesqueiro, permitíndolles que sigan pescando a tempo parcial, sempre que con isto se contribúa a reducir o seu esforzo pesqueiro. O proxecto de reconversión parcial deberá supor polo menos o 35% da actividade dos solicitantes.
A.2. Total: esta medida ten como obxecto o apoio á reconversión profesional dos pescadores en actividades profesionais a tempo completo nun sector distinto ao da pesca marítima.
B) Prima non renovable.
Esta medida concíbese como unha compensación aos tripulantes de buques que paralizasen a súa actividade definitivamente como consecuencia dun plan de axuste do esforzo pesqueiro.
C) Prima pola compra do primeiro barco.
Esta medida ten a finalidade de facilitar o acceso á propiedade, parcial ou total, dun barco aos profesionais do sector que nunca tiveron un en propiedade.
BENEFICIARIOS:
Poderán ser beneficiarios os tripulantes de buques pesqueiros afectados por medidas de reestruturación da frota, que teñan porto base na Comunidade Autónoma de Galicia, ou tripulantes cuxo domicilio fiscal se atope en Galicia, e que reúnan todos e cada un dos requisitos establecidos máis adiante para cada unha das medidas.
Os beneficiarios deberán cumprir os requisitos exixidos na normativa básica do Estado non sinalados no punto anterior.
O número de beneficiarios das axudas tipificadas no artigo 5º, letra B), non poderán superar o número de postos de traballo suprimidos a bordo de buques pesqueiros como resultado da paralización definitiva das actividades pesqueiras durante todo o período de programación.
Non poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
REQUISITOS:
Requisitos específicos segundo o tipo de axuda.
A) Prima por reconversión.
1. Estar dado de alta no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do Mar.
2. Ter menos de 55 anos de idade ou, sendo maior, non ter a posibilidade de xubilarse.
3. Acreditar un mínimo de cinco anos de exercicio da profesión de pescador.
B) Prima non renovable vinculada á paralización definitiva.
1. Tripulantes que traballasen a bordo dun buque pesqueiro polo menos doce meses, sempre que o buque se sometese á paralización definitiva das actividades pesqueiras e que a dita paralización forme parte dun plan de axuste do esforzo pesqueiro.
2. Estar dado de alta no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar e ter cotizado neste réxime durante un período mínimo de doce (12) meses.
3. Ter menos de 55 anos de idade ou, sendo maior, non ter a posibilidade de xubilarse.
4. Estar enrolado e en alta ou nalgunha das situacións asimiladas á alta, ou ben atoparse en situación de expediente de regulación de emprego, no buque obxecto de axuste estrutural desde o momento en que o armador solicite a prima por paralización definitiva ata que se lle conceda a dita axuda. No caso de tripulantes enrolados en buques incluídos nos programas de adaptación da frota, obxecto de paralización definitiva, estar enrolado e de alta ou nalgunha das situacións asimiladas á alta, no momento do cesamento da actividade do buque, ou ben atoparse en situación de expediente de regulación de emprego.
C) Prima pola adquisición do primeiro barco.
1. Estar dado de alta no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar.
2. Acreditar un mínimo de cinco anos de exercicio da profesión de pescador ou formación profesional equivalente.
3. Adquirir un buque das seguintes características:
3.1. Eslora total inferior a 24 metros.
3.2. Idade comprendida entre 5 e 20 anos.
4. Non ser propietario de ningunha outra embarcación de pesca.
5. Ter menos de 40 anos na data de adquisición da embarcación sempre que presente a solicitude na convocatoria aberta nese momento ou na inmediatamente seguinte á da dita adquisición.
CUANTÍA DA AXUDA:
A) Primas por reconversión.
1.- Parcial. 21.000 € por beneficiario individual.
2.- Total, 52.000 € por beneficiario individual.
B) Prima non renovable vinculada a la paralización definitiva. 10.500 € por beneficiario individual.
C) Prima po-la compra do primer barco.
A prima po-la compra do primer barco no será superior o 15 % do coste de adquisición nin excederá de 50.000 euros.
Datos solicitude
Ver archivo adjunto.
•Prazo de presentación: 22/08/2014 - 21/09/2014
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.
Prazo de resolución: Seis meses.
•Sentido do silencio: Negativo