Este sitio web utiliza Cookies propias y de terceros de análisis para recopilar información con la finalidad de mejorar nuestros servicios, así como para el análisis de su navegación. Si continua navegando, supone la aceptación de la instalación de las mismas. El usuario tiene la posibilidad de configurar su navegador pudiendo, si así lo desea, impedir que sean instaladas en su disco duro, aunque deberá tener en cuenta que dicha acción podrá ocasionar dificultades de navegación de la página web.

[ACEPTAR]      [CÓMO CONFIGURAR]
DETALLE DE LA SUBVENCIÓN

AXUDAS DE CARACTER SOCIOECONÓMICO PARA A PESCA (CONVOCATORIA CERRADA)

28 ene
2015
AXUDAS DE CARACTER SOCIOECONÓMICO PARA A PESCA (CONVOCATORIA CERRADA)

 

DATOS DE SOLICITUDE:

Prazo de presentación : 22/01/2015 - 20/06/2015.  

Primas de reconversión e Prima pola compra do primeiro barco: Desde 22.01.2015 ata 21.02.2015 / Prima non renovable vinculada á paralización definitiva: 22.01.2015 ata 20.06.2015. 

Prazo de resolución :  Cinco meses 

Sentido do silencio administrativo : Negativo 

 

OBXECTO:

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras da concesión de axudas de carácter socioeconómico e proceder á súa convocatoria para o ano 2015.

A finalidade das axudas reguladas nesta orde é a de establecer medidas de acompañamento para os traballadores afectados polos axustes da frota pesqueira, que axuden a paliar os efectos da dita reestruturación e apoien a reconversión destes traballadores.

Tipos de axudas

A) Primas por reconversión.
1. Parcial: diversificación de actividades: esta medida ten como obxecto o apoio ás actividades dos pescadores fóra do sector pesqueiro, permitíndolles que sigan pescando a tempo parcial, sempre que con isto se contribúa a reducir o seu esforzo pesqueiro. O proxecto de reconversión parcial deberá supoñer polo menos o 35 % da actividade dos solicitantes.
2. Total: esta medida ten como obxecto o apoio á reconversión profesional dos pescadores en actividades profesionais a tempo completo nun sector distinto ao da pesca marítima.

B) Prima non renovable vinculada á paralización definitiva.
Esta medida concíbese como unha compensación aos tripulantes de buques que paralizasen a súa actividade definitivamente como consecuencia dun plan de axuste do esforzo pesqueiro.

C) Prima pola compra do primeiro barco.
Esta medida ten a finalidade de facilitar o acceso á propiedade, parcial ou total, dun barco aos profesionais do sector que nunca tiveron un en propiedade.

BENEFICIARIOS:

Os tripulantes de buques pesqueiros afectados por medidas de reestruturación da frota que teñan porto base na Comunidade Autónoma de Galicia como os tripulantes que teñan o seu domicilio fiscal en Galicia.

Obrigas dos beneficiarios.

1. Os beneficiarios, ao formalizaren a súa solicitude, sométense voluntariamente ao cumprimento das condicións que se establecen nesta orde para a concesión e pagamento das subvencións, así como ao cumprimento dos requisitos estipulados na normativa de aplicación a estas.

2. Os beneficiarios deberán cumprir as seguintes obrigas:
a) Executar as actuacións obxecto da subvención dentro dos prazos máximos que se establezan na respectiva resolución de concesión con cumprimento das condicións e prescricións establecidas nela, nesta orde de convocatoria e demais normativa de aplicación, de forma que se poida realizar a súa comprobación documental e material.
b) Acreditar mediante declaración responsable que non teñen pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións.
c) No caso das axudas previstas no artigo 6 letras A) e C), os bens subvencionados deberán ser destinados ao fin concreto para o cal se conceda a subvención durante un período mínimo de cinco anos, de acordo co previsto no artigo 56 do Regulamento (CE) nº 1198/2006, do 27 de xullo, relativo ao Fondo Europeo da Pesca.
d) Someterse ás actuacións de comprobación que poida efectuar o órgano concedente ou calquera outra comprobación ou control financeiro que poidan realizar a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas ou calquera outro órgano de control competente, tanto nacional como comunitario, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
e) Comunicarlle á Consellería do Medio Rural e do Mar a obtención doutras subvencións e axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente, tanto público como privado.
f) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos durante un mínimo de cinco anos desde a percepción do último pagamento, para os efectos de comprobación e control.
g) Os beneficiarios quedan obrigados a comunicar á Consellería do Medio Rural e do Mar calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a modificación das finalidades para as cales foi concedida a axuda, o que pode levar consigo unha minoración da axuda concedida ou a súa denegación, segundo a importancia das modificacións operadas.
h) Os beneficiarios terán a obriga de dar a axeitada publicidade ao carácter público do financiamento dos investimentos realizados no caso das axudas reguladas na letra A e C do artigo 6, con expresa mención da participación do Fondo Europeo da Pesca, de conformidade co establecido no Regulamento 498/2007, do 26 de marzo.
i) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable específico en relación con todas as transaccións relacionadas coa subvención que permita seguir a pista de auditoría.


REQUISITOS:

Requisitos xerais dos beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarios tanto os tripulantes de buques pesqueiros afectados por medidas de reestruturación da frota que teñan porto base na Comunidade Autónoma de Galicia como os tripulantes que teñan o seu domicilio fiscal en Galicia, sempre que reúnan todos e cada un dos requisitos establecidos máis adiante para cada unha das medidas.
2. Os beneficiarios deberán cumprir os requisitos exixidos na normativa básica do Estado non sinalados no punto anterior. En particular deberán cumprirse as condicións recollidas no artigo 27 do Regulamento (CE) 1198/2006 do Consello, do 27 de xullo de 2006, relativo ao Fondo Europeo de Pesca e no programa operativo para o sector pesqueiro español.
3. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Requisitos específicos segundo o tipo de axuda.

A) Prima por reconversión.
1. Estar dado de alta no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do Mar.
2. Ter menos de 55 anos de idade ou, sendo maior, non ter a posibilidade de xubilarse.
3. Acreditar un mínimo de cinco anos de exercicio da profesión de pescador.

B) Prima non renovable vinculada á paralización definitiva.
1. Tripulantes que traballasen a bordo dun buque pesqueiro polo menos doce meses, sempre que o buque se sometese á paralización definitiva das actividades pesqueiras e que a dita paralización forme parte dun plan de axuste do esforzo pesqueiro.
2. Estar dado de alta no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do Mar e ter cotizado neste réxime un período mínimo de doce (12) meses.
3. Ter menos de 55 anos de idade ou, sendo maior, non ter a posibilidade de xubilarse.
4. Estar enrolado, en alta ou nalgunha das situacións asimiladas á alta, ou ben atoparse en situación de expediente de regulación de emprego, no buque obxecto de axuste estrutural desde o momento en que o armador solicite a prima por paralización definitiva.

C) Prima pola adquisición do primeiro barco.
1. Estar dado de alta no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do Mar.
2. Acreditar un mínimo de cinco anos de exercicio da profesión de pescador ou formación profesional equivalente.
3. Adquirir un buque das seguintes características:
3.1. Eslora total inferior a 24 metros.
3.2. Idade comprendida entre 5 e 20 anos.
4. Non ser propietario, nin na actualidade nin nun momento anterior, de ningunha outra embarcación de pesca.
5. Ter menos de 40 anos na data de adquisición da embarcación sempre que presente a solicitude na convocatoria aberta nese momento ou na inmediatamente seguinte á dita adquisición.


DOCUMENTACIÓN:

•A solicitude e demais anexos normalizados está formada por:

◦Anexo I de solicitude de axuda.

•A documentación complementaria está formada por:

◦a) Informe de vida laboral expedido polo Instituto Social da Mariña.
◦b) Copia cotexada de todas as follas de todos os cadernos de inscrición marítima que deberán estar actualizados.
◦c) Copia cotexada do DNI só no caso de non autorizar ao órgano xestor para comprobar os datos de identidade mediante consulta ao Sistema de verificación de datos segundo o Decreto 255/2008, do 23 de outubro (DOG nº 221, do 13 de novembro) e Orde do 7 de xullo de 2009 (DOG nº 134, do 10 de xullo).
◦d) Segundo o tipo de medida solicitada, ademais:


◦Primas por reconversión.

◾Plan e proxecto detallado destinado á pluriactividade ou á reciclaxe profesional en áreas distintas da pesca marítima, en que se acreditará o cumprimento dos requisitos e a posesión das autorizacións para levalo a cabo, de ser o caso, así como a cuantificación do seu importe. Se o proxecto é de carácter técnico deberá estar visado polo colexio profesional correspondente. Da documentación relativa a este parágrafo achegaranse dous exemplares.
◾Xustificante do Instituto Social da Mariña de non poder acceder á xubilación ordinaria no caso de ser maior de 55 anos.
◾No caso de reconversión parcial, memoria explicativa en que se especifique o tempo que os solicitantes van dedicar á actividade de pesca e o tempo que van dedicar á actividade de reconversión parcial.
◾Cando proceda, e para os efectos do artigo 13.1 I) ou II), plan detallado onde se especifique a conciliación da vida laboral e familiar.

◦Prima non renovable vinculada á paralización definitiva.

◾Documentación acreditativa da finalización da actividade laboral en relación co buque paralizado. Para o caso de que a actividade laboral non estea rematada ou non se dispuxese da documentación acreditativa no momento de presentar a solicitude esta documentación presentarase previamente ao pagamento da prima dentro do prazo de xustificación.
◾Informe COE emitido polo Instituto Social da Mariña en que conste a idade de xubilación unha vez aplicados os coeficientes redutores.

◦Primas individuais a pescadores menores de 40 anos para a compra do primeiro barco:

◾De ser o caso, documento acreditativo da formación profesional equivalente a cinco anos de exercicio da profesión de pescador.
◾Compromiso de adquisición da embarcación no cal se cuantifique o seu importe ou documento público de compravenda do buque se esta é anterior á data de presentación da solicitude.


•A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
•Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
•No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
•A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
•As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
•Prazos de solicitude:
1. Para esta convocatoria de 2015 o prazo de presentación das solicitudes previstas nas letras A) e C) do artigo 4 desta orde será dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
2. O prazo de presentación das solicitudes previstas na letra B) será desde o día seguinte á publicación desta orde e ata o 20 de xuño de 2015, excepto que a data final que resulte da aplicación do punto 1 sexa posterior, caso en que se aplicará esta última.

Asemar, asesoría de empresas en Vilagarcía de Arousa relacionadas relacionadas con la pesca, el marisqueo, y la acuicultura. Asemar ofrece a sus clientes un asesoramiento especializado y diferenciado, que les permite la obtención de los mejores resultados dentro del ámbito de sus negocios. Informamos de las ultimas subvenciones, noticias de interes y de los cambios importantes en la legislación en lo que al sector del mar se refiere para ayudar a nuestros clientes en el desarollo de su actividad.