Este sitio web utiliza Cookies propias y de terceros de análisis para recopilar información con la finalidad de mejorar nuestros servicios, así como para el análisis de su navegación. Si continua navegando, supone la aceptación de la instalación de las mismas. El usuario tiene la posibilidad de configurar su navegador pudiendo, si así lo desea, impedir que sean instaladas en su disco duro, aunque deberá tener en cuenta que dicha acción podrá ocasionar dificultades de navegación de la página web.

[ACEPTAR]      [CÓMO CONFIGURAR]
DETALLE DE LA SUBVENCIÓN

axudas destinadas aos establecementos de cocción de mexillón Prazo de presentación : 01/01/2016 - 01/02/2016

05 ene
2016
axudas destinadas aos establecementos de cocción de mexillón  Prazo de presentación : 01/01/2016 - 01/02/2016

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas aos establecementos de cocción de mexillón con destino á instalación de depuradoras de augas residuais procedentes do proceso de cocción, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2016. As axudas de transformación de produtos procedentes da pesca e a acuicultura, veñen reguladas no artigo 69 do citado Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello de 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e da pesca.

Poderán ser subvencionables de conformidade con esta orde o financiamento dos elementos de sistemas de depuración de augas residuais de industrias e construcións e elementos auxiliares aos mesmos, cuxa actividade principal sexa o proceso de cocción do mexillón e que vertan directamente as súas augas residuais industriais ao dominio público marítimo terrestre ou ás redes públicas de saneamento.

Gastos subvencionables

1. Equipamentos e instalacións de depuración de primeiro uso de augas residuais, procedentes da cocción industrial do mexillón.

2. Construcións e elementos auxiliares aos sistemas de depuración de augas residuais.

3. Os gastos de proxecto técnico, estudos técnicos de validación dos proxectos e dirección de obra ata un límite do 12 por cento do custo do investimento total indicado no proxecto, sempre que a actuación á que se refira resulte seleccionada.

No caso de investimentos materiais, será requisito imprescindible para a concesión da axuda que os servizos da consellería certifiquen o non inicio dos investimentos con anterioridade ao comezo da execución.

Non se consideran subvencionables:

1. O imposto sobre o valor engadido (IVE) ou calquera outro imposto recuperable polo beneficiario.

2. Os gastos de reparacións, conservación, funcionamento e mantemento dos bens e equipos. As substitucións de equipos e máquinas, salvo que a nova adquisición corresponda a equipos ou maquinaria distintos dos anteriores, ben pola súa tecnoloxía utilizada ou polo seu rendemento, e aporten unha mellora substancial ben nos procesos de produción ou na creación de emprego. Non obstante, serán subvencionables os investimentos que se deriven das adaptacións dos sistemas de depuración de augas residuais industriais, que así se deriven das actuacións establecidas no protocolo.

3. Os gastos de aluguer de equipos e os investimentos financiados mediante arrendamento financeiro (leasing). Para ser subvencionables estes investimentos, deberá ser exercida a opción de compra unha vez finalizado o período do leasing. En todo caso, cómpre a achega dun compromiso de adquisición do ben xunto coa solicitude.

Outros custos relacionados co contrato de arrendamento financeiro, tales como impostos, marxe do arrendador, custos de refinanciamento, gastos xerais ou seguros, non serán subvencionables. Os investimentos aprobados inicialmente como compra non poderán ser imputados como gastos de leasing ou viceversa, salvo que dito cambio sexa solicitado e aprobado polo órgano concedinte.

4. Adquisicións de maquinaria, instalacións e equipamento de segundo uso.

5. Adquisición de elementos e todo tipo de bens pagados en efectivo.

6. Calquera gasto que de acordo coa normativa aplicable resulte ser non subvencionable.

Datos solicitude

Prazo de presentación : 01/01/2016 - 01/02/2016.

A presente orde producirá efectos a partir do o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes será ata o día 15 de xuño de 2015.

Prazo de resolución : Seis meses

Sentido do silencio administrativo : Negativo

Beneficiarios:

Las persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares de establecementos xa existentes na Comunidade Autónoma de Galicia a data da publicación desta orde, cuxa actividade principal sexa a cocción do mexillón.


Obrigas dos beneficiarios.

1. Os beneficiarios, ao formalizaren a súa solicitude, sométense voluntariamente ao cumprimento das condicións que se establecen nesta orde para a concesión e pagamento das subvencións, así como ao cumprimento dos requisitos estipulados na normativa de aplicación a estas.

Obrigas dos beneficiarios

1. Os beneficiarios, ao formalizar a súa solicitude, sométense voluntariamente ao cumprimento das condicións que se establecen nesta orde para a concesión e pagamento das subvencións, así como ao cumprimento dos requisitos estipulados na normativa de aplicación a estas.

2. Os beneficiarios deberán:

a) Executar o proxecto subvencionado dentro dos prazos máximos que se establezan na respectiva resolución de concesión con cumprimento das condicións e prescricións establecidas nela, na presente orde de convocatoria ou demais normativa de aplicación, de forma que se poida realizar a comprobación documental e material do mesmo.

b) Durante os cinco anos seguintes ao pagamento final ao beneficiario, este non pode:

– Cesar ou relocalizar a actividade produtiva fóra de Galicia.

– Cambiar a propiedade da infraestrutura ou dun elemento de infraestructura de forma que proporcione unha vantaxe indebida

– Producir cambios substanciais que afecten a natureza, os obxectivos ou as condicións de execución da operación, de modo que se menoscaben os seus obxectivos orixinais.

A axuda deberá reembolsarse integramente, nos dez anos seguintes ao pagamento final ao beneficiario, a actividade produtiva sométese a unha relocalización fóra da Unión, excepto cando o beneficiario sexa unha peme.

c) Acreditar mediante declaración responsable, que non teñen pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións.

d) Destinar os bens subvencionados ao fin concreto para o que se conceda a subvención durante un período mínimo de cinco anos, de acordo co previsto no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e derógase o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello

e) Someterse ás actuacións de comprobación a efectuar polo órgano concedinte ou calquera outra comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competente, tanto nacionais como comunitarios, e aportar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

f)Comunicar ao órgano concedinte a obtención doutras subvencións e axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera administración ou ente, tanto públicos como privados.

g) Acreditar con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión que se encontra ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración Pública da Comunidade Autónoma de Galicia. De acordo co establecido no articulo 20.3 da Lei 9/2007 do 13 de xuño de subvencións de Galicia, a presentación da solicitude de concesión de subvención comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, co fin de acreditar de que o solicitante está ao corrente nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade autónoma galega. Non obstante, se por razóns técnicas ou doutras índole estes certificados non puidesen ser obtidos polo órgano xestor, poderán serlles requiridos aos interesados.

h) No caso de axudas concedidas a bens inscritibles nun rexistro público, deberá facerse constar na escritura e no rexistro público correspondente o importe de subvención concedida e o período durante o cal os bens subvencionados quedan adscritos ao fin concreto recollido na subvención.

i) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos durante un mínimo de cinco anos desde a percepción do último pagamento, para os efectos de comprobación e control.

j) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos exixidos na lexislación aplicable aos beneficiarios.

k) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable específico en relación con todas as transaccións relacionadas coa subvención que permita seguir a pista de auditoría.

l) Comunicar á Consellería do Mar calquera circunstancia que poida afectar substancialmente á execución dos fins para os que foi concedida a axuda de que se trate.

m) Darlle a adecuada publicidade ao carácter público do financiamento do investimento realizado con expresa mención á participación do Fondo Europeo da Pesca (FEP), nos termos establecidos nos artigos 32 e 33 do Regulamento (CE) nº 498/2007 da Comisión.

n) Os beneficiarios comprométense a ter a autorización de vertidos de augas residuais nos dous anos seguintes ao do cobro da axuda, o que deberán acreditar cun certificado de Augas de Galicia, ou do organismo competente. Da mesma forma, deberán aportar as autorizacións, concesións, permisos e licencias que precisen da autorización de vertidos de augas residuais para a súa obtención, nos dous anos seguintes ao do cobramento da axuda. O feito de non aportar estes documentos, poderá ser causa de reintegro da axuda.

o) Os beneficiarios deberán contar coa validación, por parte da Universidade de Santiago de Compostela, de que o proceso de tratamento proposto se axusta á mellor tecnoloxía dispoñible.

Datos solicitude

Prazo de presentación : 01/01/2016 - 01/02/2016.

A presente orde producirá efectos a partir do o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes será ata o día 15 de xuño de 2015.

Prazo de resolución : Seis meses

Sentido do silencio administrativo : Negativo

Requisitos:

- Para os efectos desta orde, enténdese que a empresa ten como actividade principal a da cocción de mexillón, cando, como mínimo, o 75 % do total das compras da materia prima sexa de mexillón en fresco para transformación, nos dous exercicios anteriores á presentación da solicitude de axuda.

- Para poder obter a condición de beneficiario destas axudas, será requisito imprescindible que o solicitante teña asinado o protocolo de colaboración entre a Consellería do Mar, Augas de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Asociación AGACOME e outras empresas, para a consecución dunha redución da carga contaminante das augas residuais provenientes do proceso de cocción industrial do mexillón. Tamén poderán ser beneficiarias destas axudas, aquelas empresas que aínda que non teñan asinado inicialmente o citado protocolo, se adhiran a el no prazo establecido para a presentación das solicitudes.

- Para poder ser beneficiario destas axudas, as empresas solicitantes deberán ter as autorizacións pertinentes para a realización do investimento, con excepción da autorización de verteduras de augas residuais.

- Non poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nin as empresas en crise, de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise (2004/C244/02).

- Non poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 45-7º do Regulamento (CE) nº 1005/2008, do Consello, de 29 de setembro de 2008, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, modifícanse os Regulamentos (CEE) nº 2847/93, (CE) nº 1936/2001 e (CE) nº 601/2004, e derróganse os Regulamentos (CE) nº 1093/94 e (CE) nº 1447/1999, nin os operadores que participen na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR, en atención ao artigo 40 do citado Regulamento.

- As axudas aos investimentos, de acordo co previsto no artigo 69 do Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello do 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e da pesca, limitaranse ás microempresas, ás pequenas e medianas tal e como se definen na Recomendación 2003/361/CE da Comisión, de 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DOCE, serie L nº 124, do 20 de maio). As empresas deberán cumprir os criterios de independencia segundo a Recomendación da Comisión do 6 de maio de 2003 sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas. Para o cálculo dos efectivos (número de persoas ocupadas) e dos importes financeiros, terase en conta o indicado na citada Recomendación.

- As empresas deberán cumprir os criterios de independencia segundo a Recomendación da Comisión do 6 de maio de 2003 sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas. Para o cálculo dos efectivos (número de persoas ocupadas) e dos importes financeiros, terase en conta o indicado na citada recomendación.

 

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

2. Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. A documentación complementaria poderá presentarse en formato electrónico, utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

4. A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

7. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

8. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

9. A solicitude e demais anexos normalizados está formada por:

– Anexo I, de solicitude da axuda.

– Anexo II, de declaración de empresas asociadas e/ou vinculadas á solicitante.

– Anexo III, declaración de persoas físicas partícipes na empresa.

– Anexo IV, autorización verificación de datos de identidade só para persoas físicas.

– Anexo V, declaración doutras axudas.

– Anexo VI, relación de ofertas solicitadas e elixidas.

– Anexo VII, de datos xerais da entidade solicitante e memoria descritiva e técnica.

10. A documentación complementaria está relacionada na epígrafe «Documentación que se presenta ou se declara estar en poder da administración» do anexo I.

11. Considérase o mínimo imprescindible para a tramitación de solicitudes a presentación da seguinte documentación:

– O anexo I de solicitude da axuda asinado cos datos da primeira folla debidamente cubertos.

– O orzamento de custos do proxecto, no cal se relacionarán todos os investimentos que se van realizar co seu correspondente importe sen IVE segundo o modelo do Cadro 2 do anexo VII.

– Informe técnico do Departamento de Enxeñería Química da Universidade de Santiago de Compostela elaborado de acordo co establecido no Protocolo de colaboración coa entidade pública empresarial Augas de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, a Asociación AGACOME e outras empresas, no que se indique que o proxecto presentado responde á mellor solución posible, e que é compatible coas características da instalación actual.

Non serán admitidas aquelas solicitudes en que se aprecie a ausencia desta documentación, emitíndose nestes casos resolución de inadmisión.

12. A solicitude e demais anexos normalizados en formato electrónico poderanse descargar das páxinas https://sede.xunta.es e http://webpesca.xunta.es

Asemar, asesoría de empresas en Vilagarcía de Arousa relacionadas relacionadas con la pesca, el marisqueo, y la acuicultura. Asemar ofrece a sus clientes un asesoramiento especializado y diferenciado, que les permite la obtención de los mejores resultados dentro del ámbito de sus negocios. Informamos de las ultimas subvenciones, noticias de interes y de los cambios importantes en la legislación en lo que al sector del mar se refiere para ayudar a nuestros clientes en el desarollo de su actividad.