Este sitio web utiliza Cookies propias y de terceros de análisis para recopilar información con la finalidad de mejorar nuestros servicios, así como para el análisis de su navegación. Si continua navegando, supone la aceptación de la instalación de las mismas. El usuario tiene la posibilidad de configurar su navegador pudiendo, si así lo desea, impedir que sean instaladas en su disco duro, aunque deberá tener en cuenta que dicha acción podrá ocasionar dificultades de navegación de la página web.

[ACEPTAR]      [CÓMO CONFIGURAR]
DETALLE DE LA SUBVENCIÓN

Axudas para investimentos que melloren a hixiene, saúde, seguridade e condicións de traballo en buques pesqueiros.(CERRADA)

01 oct
2016
Axudas para investimentos que melloren a hixiene, saúde, seguridade e condicións de traballo en buques pesqueiros.(CERRADA)

Orde do 23 de setembro de 2016 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convocan para o ano 2016 (DOG nº 187 do 30 de setembro de 2016).
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas á realización de actuacións por parte de propietarios de buques pesqueiros para fomentar unha pesca sostible desde unha perspectiva medioambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva.


Beneficiarios:
Persoas físicas, xurídicas ou pluralidade de persoas físicas.


Requisitos:
1. Ser propietario dun buque de 3ª lista do Rexistro de Matrícula de Buques e Empresas Navieiras.

2. O buque debe ter o seu porto base na Comunidade Autónoma galega e atoparse de alta no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia e no Registro Xeral da Frota Pesqueira.

3. O buque para o que solicita axuda debe ter constituído un seguro que garanta a cobertura de danos a terceiros.

4. No caso de buques cuxa primeira venda dos produtos que captura sexa en fresco e, polo tanto, obrigatoria en lonxa, o volume de vendas que se obteña da suma das notas de venda durante o ano anterior ao da convocatoria deberá ser superior ao 50 % da media obtida para ese porto base e polo segmento de frota que figuran no Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia (RBPG).

5. No caso de buques para os cales a primeira venda dos produtos que captura non sexa obrigada en lonxa, o buque debe dispor da autorización para realizar a devandita venda e debe transmitilas ao órgano competente.

6. O buque non pode ter unha resolución desfavorable de regularización, salvo que, posteriormente, se regularizase, para o cal deberá asinar o anexo IV.

7. Os investimentos para os que se solicite axuda non poderán estar iniciados antes de que se acredite o non inicio nos termos indicados no artigo 12 desta orde e non poderán estar finalizados, con independencia dos pagamentos realizados antes da data de presentación da solicitude.

8. O investimento non poderá aumentar a capacidade de pesca do buque nin que o equipamento aumente a capacidade de detectar peixe.

9. Non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións nin sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira.

10. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

11. Non ter cometido infracción grave:
- Da PPC definidas como tales en actos lexislativos do Parlamento Europeo e do Consello.
- Do Regulamento (UE) nº 1005/2008, do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada e do Regulamento (UE) nº 1224/2009, do Consello polo que se establece un réxime comunitario de control; durante os 12 meses anteriores á data da presentación de solicitudes, se o operador ten nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento UE) nº 404/2011. Cada punto de infracción acumulado que se engada aos nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento UE) nº 404/2011 suporá un mes adicional de inadmisibilidade da axuda por punto acumulado.

12. No marco do FEP ou FEMP, non ter sido declarado culpable de cometer fraude, segundo a definición do artigo 1 do Convenio relativo á protección dos intereses financeiros das comunidades europeas (DOUE serie C 316, do 27.11.1995).

13. Non estea nin estivese nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ou de buques que nin estean nin estivesen nos últimos 12 meses enarbolando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes de ao abeiro do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro de 2008, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.

14. Antes de que se dite a proposta de resolución de concesión, deben estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

15. Á solicitude acompañarase unha declaración responsable por parte do solicitante do cumprimento dos requisitos establecidos no punto 9 a 13 deste artigo. Se se trata dunha sociedade mercantil, todos os socios deberán cumprir os requisitos 11, 12 e 13 e acreditalos mediante declaración responsable.


DOCUMENTACIÓN:
Solicitude segundo o Anexo I.B
Anexo II. Declaración de non inicio do investimento, se é o caso.
Anexo III.B. Formulario de investimento.
Anexo IV. Declaración de buque non irregular.
Anexo V. Pluralidade de persoas físicas, se é o caso.
Documentación complementaria:
Se o solicitante é unha persoa física:
Copia do DNI da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
Declaración da renda da persoa solicitante dos últimos tres anos, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
Declaración resumo anual do IVE do último exercicio económico pechado, e as liquidacións trimestrais ou mensuais dispoñibles do exercicio en curso, nos que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, se é o caso.
Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias.
Informe de riscos expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España.
Plan de financiamento do proxecto: información detallada do financiamento do proxecto e achegar a disposición de recursos necesarios para realizar o proxecto:
- Certificados bancarios actualizados das contas bancarias do solicitante onde consten os fondos propios dispoñibles para realizar o investimento e tamén dos recursos alleos (préstamos de entidades de crédito).
Estudo e análise de viabilidade económico-financeira do proxecto (proxección a 5 anos) e explicación detallada da súa evolución: balance de situación; conta de perdas e ganancias; plan de investimentos e cadros de amortización; previsións de ingresos e gastos; ratios de rendibilidade; prazo de recuperación do investimento. Malia o anterior, dependendo do tipo de proxecto que se solicite, pode ser necesario que a administración requira máis información para determinar que a viabilidade económica da operación estea garantida.
Se o solicitante é unha persoa xurídica:
Certificación rexistral actualizada na que figure a constitución da sociedade e os estatutos vixentes.
Poder suficiente da persoa representante no caso de que tal poder non figure nos estatutos.
Copia do DNI da persoa representante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
Certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais depositadas no último exercicio económico pechado, incluíndo informe de auditoría, se é o caso.
Imposto de sociedades do último exercicio económico pechado no que conste o seu envío telemático ou a súa presentación.
Declaración resumo anual do IVE do último exercicio económico pechado, e as liquidacións trimestrais ou mensuais dispoñibles do exercicio en curso, nos que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, se é o caso.
No caso de existir grupo empresarial, achegar certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais consolidadas depositadas no último exercicio económico pechado, incluíndo informe de auditoría, se é o caso.
Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigacións tributarias.
Plan de financiamento do proxecto: información detallada do financiamento do proxecto e achegar a documentación económica-financeira que acredite a disposición dos recursos necesarios para realizar o proxecto:
- Recursos propios: ampliación de capital e certificados bancarios actualizados das contas do solicitante onde consten os fondos propios dispoñibles para realizar o investimento.
- Recursos alleos: préstamos de entidades de crédito.
Estudo e análise de viabilidade económico-financeira do proxecto (proxección a 5 anos) e explicación detallada da súa evolución: balance de situación; conta de perdas e ganancias; estado de fluxos de efectivo; plan de investimentos e cadros de amortización; previsións de ingresos e gastos, diferenciando gastos fixos de variables; previsións de resultados; evolución do activo circulante e a súa rotación; previsións de entradas e saídas de tesourería; estado de orixe e aplicación de fondos; cash-flow; ratios económico-financeiros; ratios de rendibilidade; análise de custos e cálculo do punto de equilibrio ou limiar de rendibilidade; cálculo do VAN, TIR, prazo de recuperación do investimento e apalancamento operativo e financeiro.
Copia do NIF da entidade solicitante, só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta.
Se os solicitantes son unha pluralidade de persoas físicas:
Acordo de nomeamento de representante ou apoderado para os efectos da solicitude da axuda, asinado por todos.
Copia do DNI de cada unha das persoas solicitantes, só no caso de non autorizar a súa consulta no anexo V.
Declaración da renda dos últimos 3 anos de cada solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
Declaración resumo anual do IVE do último exercicio económico pechado, e as liquidacións trimestrais ou mensuais dispoñibles do exercicio en curso, nos que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, de cada solicitante, se é o caso.
Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias, de cada solicitante.
Informe de riscos expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España, de cada solicitante.
Plan de financiamento do proxecto: información detallada do financiamento do proxecto e achegar a disposición de recursos necesarios para realizar o proxecto:
- Certificados bancarios actualizados das contas bancarias do solicitante onde consten os fondos propios dispoñibles para realizar o investimento e tamén dos recursos alleos (préstamos de entidades de crédito).
Estudo e análise de viabilidade económico-financeira do proxecto (proxección a 5 anos) e explicación detallada da súa evolución: balance de situación; conta de perdas e ganancias; plan de investimentos e cadros de amortización; previsións de ingresos e gastos; ratios de rendibilidade; prazo de recuperación do investimento. Malia o anterior, dependendo do tipo de proxecto que se solicite, pode ser necesario que a administración requira máis información para determinar que a viabilidade económica da operación estea garantida.
Outra documentación complementaria:
Cando o importe do gasto unitario supere a contía de 50.000 euros no caso de execución de obras ou de 18.000 euros no caso de subministración de bens ou prestación de servizos, o beneficiario deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e a elección deberá xustificarse expresamente nunha memoria cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
Facturas proforma, se é o caso, do investimento a realizar. Ademais, cando se trate de motores ou outros equipamentos: catálogos, especificacións e, de ser o caso, certificado de importación.
Certificación actualizada do Rexistro de Bens Mobles, Sección de Buques, acreditativa da propiedade do buque e o estado de cargas ou gravames deste, ou solicitude da devandita certificación ante o Rexistro, sen prexuízo da achega da dita certificación previa a ditarse a proposta de resolución.
Folla de asento actualizada (expedida nos 3 meses anteriores contados desde a data de publicación desta orde) ou acreditación de tela solicitada, sen prexuízo da achega da folla de asento previa a ditarse a proposta de resolución.
Seguro que garanta a cobertura de danos a terceiros.
Autorización ou copia da solicitude de autorización da Consellería do Mar para a realización do investimento previsto no caso de que esta sexa necesaria, sen prexuízo da achega da autorización previa a ditarse a proposta de resolución.
Se a realización do investimento require proxecto técnico ou planos, deberá achegarse e estar asinado por técnico competente. Tamén deberá xuntarse en soporte informático: formato jpg ou pdf. Deberán achegarse os planos de antes e despois da realización do investimento que se solicita.
Plan de Prevención de Riscos Laborais no buque asinado por persoa competente.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do for-mulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entida¬des dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365)
Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calque¬ra dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A documentación complementaria poderá presentarse electrónicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do do-cumento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en cal¬quera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novem¬bro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación comple-mentaria para cada procedemento.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na trami¬tación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.


Datos solicitude
Prazo de presentación : 01/10/2016 - 31/10/2016.

Un mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución : Tres meses

Sentido do silencio administrativo : Negativo

Asemar, asesoría de empresas en Vilagarcía de Arousa relacionadas relacionadas con la pesca, el marisqueo, y la acuicultura. Asemar ofrece a sus clientes un asesoramiento especializado y diferenciado, que les permite la obtención de los mejores resultados dentro del ámbito de sus negocios. Informamos de las ultimas subvenciones, noticias de interes y de los cambios importantes en la legislación en lo que al sector del mar se refiere para ayudar a nuestros clientes en el desarollo de su actividad.