Orde do 20 de decembro de 2017 pola que se establece a convocatoria para o ano 2018 e se particulariza o seu importe global máximo, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo FEMP, para a conservación e restauración da biodiversidade (DOG nº 29 do 9 de febreiro de 2018).
Obxecto
A presente orde ten por obxecto fixar o importe global máximo, para o ano 2018, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo FEMP, para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables.
Proxectos obxecto de subvención.
1. Poderán ser obxecto de subvención de conformidade coa orde de bases reguladoras xerais, proxectos colectivos que se desenvolvan na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan por obxecto recuperar hábitats mariños e costeiros en favor de poboacións de especies de interese marisqueiro ou que contribúan a unha mellor xestión ou conservación dos recursos biolóxicos mariños. Serán subvencionables as seguintes actuacións: