Inscripcion De Las Bateas En El Rexistro Xeral De Explotacions Ganderiras

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2015 pola que se acorda a inscrición no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras das bateas para o cultivo de moluscos bivalvos
a Consellería do Mar
RESOLVE:
Primeiro. A inscrición no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras das bateas para o cultivo de moluscos bivalvos localizadas na zona marítima da Comunidade Autónoma de Galicia, que dispoñan dunha concesión de actividade en vigor na data da publicación da presente resolución.
Segundo. Unha vez inscritas as bateas, nun prazo máximo de seis meses, notificaranse ás persoas titulares os datos rexistrais, co código de identificación asignado a cada explotación e unha clave de acceso á oficina virtual da Consellería do Mar, a través da cal poderán consultar os datos rexistrais.
