Ampliado El Plazo De Extracción De Semilla Mejillón Hasta El 29 De Mayo

RESOLUCIÓN DO 28 DE ABRIL DE 2020 DA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR NA CORUÑA POLA QUE SE AMPLÍA ATA O DÍA 29 DE MAIO O PERÍODO DE EXTRACCIÓN DE SEMENTE DE MEXILLÓN EN BANCOS NATURAIS.
ANTECEDENTES:
Mediante escritos do 17 e 22 de abril de 2020, os presidentes de asociacións e organizacións do sector (Opmega, Asociación de Mexilloeiros Illa de Arousa, Federación de Asociacións de Mexilloeiros de Arousa e Norte e Femex), solicitan ampliación do período de extracción de semente de mexillón en bancos naturais do litoral da provincia da Coruña.
Con data do 22 de abril de 2020, o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (PNIA) emite informe desfavorable á ampliación do período de extracción de semente de mexillón dentro dos límites territoriais do Parque Nacional.
O día 27/04/2020, a Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica informa favorablemente a ampliación do período de extracción nun mes, a contar dende a finalización do período establecido na Orde do 26/10/2000, que abrangue dende o 1 de decembro ata o 30 de abril de cada ano.
CONSIDERACIÓNS LEGAIS E TECNICAS:
Tendo en conta a Orde de 26/10/2000 (DOG nº 228 do 24/11/2000) pola que se regula a extracción de semente de mexillón en bancos naturais que establece que en función das características conxunturais de cada campaña e cando o seguimento e avaliación dos recursos o aconselle, a xefatura territorial dentro do ámbito xeográfico da súa competencia, poderá modificar as zonas, cantidades e períodos de extracción mediante resolución motivada, respectarase en todo caso, a prohibición de extraer semente de mexillón os sábados, domingos e festivos.
Visto o informe remitido pola Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, e dado o carácter extraordinario da situación actual (tendo en conta o Real Decreto 463/2020 e o Real Decreto-lei 10/2020), esta xefatura territorial RESOLVE que se amplíe o período de extracción, nos bancos naturais da provincia de A Coruña, por un período de un mes, sendo o último día do prazo concedido o 29/05/2020, excluíndo o PNIA e incluíndo o ámbito da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro (REMIP) de Os Miñarzos, sempre que se cumpra có establecido na disposición adicional da Orde do 26 de outubro de 2000, así como na normativa que regula a devandita REMIP.
RESOLUCIÓN DO 29 DE ABRIL DO 2020 DA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR POLA QUE SE AMPLÍA O PERIODO DE EXTRACCIÓN DE SEMENTE DE MEXILLÓN EN BANCOS NATURAIS.
ANTECEDENTES
1. O 17 de abril de 2020 A Asociación de Mexilloeiros Illa de Arousa e a Federación de Asociaciones de Mejilloneros de Arousa y Norte solicitan a ampliación do período de extracción de semente de mexillón en bancos naturais ata o 30 de xuño do 2020 ou polo tempo necesario para o abastecemento, debido ao extraordinario da situación a causa do Covid-19.
2. O 22 de abril de 2020, a OPMEGA e a Federación de Asociacións de Mexilloeiros
(FEMEX), solicitan a ampliación do período de extracción debido a que algúns socios das
respectivas Asociacións non conseguiron finalizar a recollida da semente de mexillón para
as súas explotacións debido a peches de determinados polígonos e á parálise na
comercialización.
3. O 22 de abril de 2020 o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia informa desfavorablemente a petición de ampliación do prazo de extracción de semente de mexillón no seu ámbito territorial.
4. O 27 de abril de 2020 a Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación
Tecnolóxica informa favorablemente as solicitudes das Asociacións de Mexilloeiros,
indicando que non observa ningún inconveniente en que se amplíe o período de
extracción durante un mes a contar desde a finalización do período establecido na Orde
do 26.10.2000 que abrangue desde o 1 de decembro ata o 30 de abril de cada ano.
CVE: ino9K43Ee1
Verificación: https://sede.xunta.gal/cve
Concepción Arenal, 8 – 4º
CONSELLERÍA DO MAR 36201 VIGO
Xefatura Territorial de Vigo Telf.: 986 81 71 00
Fax: 986 81 71 02
CONSIDERACIÓNS LEGAIS E TÉCNICAS
1. A disposición adicional da Orde de 26 de outubro de 2000 (DOG nº 228 do 24 de novembro de 2000) pola que se regula a extracción de semente de mexillón en bancos naturais establece que en función das características conxunturais de cada campaña e cando o seguimento e avaliación dos recursos o aconselle, a xefatura territorial dentro do ámbito xeográfico da súa competencia, poderá modificar as zonas, cantidades e períodos de extracción mediante resolución motivada, respectarase en todo caso, a prohibición de
extraer semente de mexillón os sábados, domingos e festivos.
2. De conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia,
modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro; a Orde do 8 de setembro de 2017 de
delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas
direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de administración
do ente público Portos de Galicia. Así mesmo, o Decreto 168/2015, do 13 de novembro,
polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, esta xefatura territorial é
competente para resolver a petición solicitada e RESOLVE:
- Ampliar con carácter extraordinario o período de extracción de recollida de semente de
mexillón en bancos naturais dentro do ámbito territorial desta xefatura territorial durante o mes de maio do 2020, respectando a prohibición de extraer semente de mexillón os sábados, domingos e festivos.
- NON autorizar a extracción no ámbito do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, de conformidade co disposto no artigo 121 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Este prazo comenzará a contar dende o día seguinte a aquel no que perda vixencia o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-
19 e, no seu caso, súas prórrogas posteriores
CVE: ino9K43Ee1
Verificación: https://sede.xunta.gal/cve
Concepción Arenal, 8 – 4º
CONSELLERÍA DO MAR 36201 VIGO
Xefatura Territorial de Vigo Telf.: 986 81 71 00
Fax: 986 81 71 02
Vigo,
A xefa territorial,
Sonia Lorenzo Santos
CVE:
