Circular Mexilla

CIRCULAR INFORMATIVA "MEXILLA"
GUÍA DE EXTRACCIÓN DE SEMENTE DE MEXILLÓN. PROCEDEMENTO PE515A
A tramitación electrónica é obrigatoria para as persoas autónomas.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Solicitude modelo PE515A- O solicitante ten que ser titular de tódalas bateas para as que solicita autorización.
Débese presentar unha única solicitude por batea ou polas bateas nas que coincidan tódolos titulares.
ASUNTO: Procedemento para solicitude de autorización de extracción de semente de mexillón (PE515A).
Estimados/as titulares de establecementos acuícolas,
Póñese en coñecemento que se abre o prazo para a tramitación da autorización de extracción de semente de mexillón para o ano 2025. A continuación detállase a documentación requirida e indicacións a ter en conta para evitar incidencias na tramitación.
DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA:
• Solicitude modelo PE515A por cada batea ou conxunta cando coincidan todos os titulares.
• Xustificante de pagamento de taxas modelo AI (Conselleira: Mar 12, Servizo: Acuicultura 02, Importe: 7,96 €).
• Anexo II asinado por cada titular do establecemento.
• Anexo III no caso de nomeamento de representante.
DOCUMENTACIÓN DO PERSOAL RECOLLECTOR:
• Titulares: acreditación da titularidade da batea.
• Autónomos colaboradores: certificado actualizado de alta no ISM e vida laboral.
• Traballadores por conta allea: documento actualizado de relación laboral coa empresa concesionaria.
• Comunidades de bens/sociedades civís: documento de constitución liquidado coas modificacións vixentes.
EMBARCACIÓN:
Debe indicarse unha embarcación da 4ª lista dada de alta no REXBUQ como auxiliar de acuicultura.
Lembramos que a tramitación deberá realizarse obrigatoriamente por vía electrónica a través da sede da Xunta de Galicia.
Sen outro particular, reciba un cordial saúdo.
