Pe120E - Axudas Para Investimentos Que Aumenten O Valor Engadido, Calidade Dos Produtos E Utilización De Capturas Non Desexadas.(Cerrada)

PE120E - Axudas para investimentos que aumenten o valor engadido, calidade dos produtos e utilización de capturas non desexadas.(CERRADA)
11 feb
2018

Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas á realización de actuacións por parte de propietarios de buques pesqueiros para fomentar unha pesca sustentable desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva.

 

A quen vai dirixido?

Poderán ser persoas beneficiarias persoas físicas, xurídicas ou pluralidade de persoas físicas, agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica ou comunidade de bens.

 

Requisitos

1. Ser propietario dun buque de 3ª lista do Rexistro de Matrícula de Buques e Empresas Navieiras.

2. O buque debe ter o seu porto base na Comunidade Autónoma galega e atoparse de alta no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia e no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira.

3. O buque para o cal se solicita axuda debe ter constituído un seguro que garanta a cobertura de danos a terceiros.

4. No caso de buques cuxa primeira venda dos produtos que captura sexa en fresco e, por tanto, obrigatoria en lonxa, o volume de vendas que se obteña da suma das notas de venda durante o ano anterior ao da convocatoria deberá ser superior ao 50 % da media obtida para ese porto base e polo segmento de frota que figuran no Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia (RBPG).

Prazo

Prazo de presentación: ABERTO

09/02/2018 - 08/03/2018

 

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

 Tramitar en liña
 
Solicitude presencial

Documentación para a presentación

  • Solicitude segundo o Anexo I.E
  • Anexo II. Declaración responsable de non inicio do investimento, se é o caso.
  • Anexo III.E. Formulario de investimento.
  • Anexo IV. Declaración de non ter resolución desfavorable a un proceso de regularización.
  • Anexo V.1 ou V.2, segundo corresponda.
  • Anexo VI.1, VI.2 ou VI.3, segundo corresponda.
  • Anexo XI. Nomeamento de representante.
  • Anexo XII.E. Indicadores FEMP.
  • Documentación complementaria:
  • Se o solicitante e unha persoa física:
    • Informe de riscos actualizado expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España, asinado electronicamente ou debidamente asinado e selado.
    • Plan de financiamento do proxecto: indicación da forma de financiamento do proxecto, diferenciando os recursos propios e os recursos alleos, achegando a documentación correspondente:
      • Recursos propios: certificados bancarios actualizados das contas bancarias da persoa solicitante onde indiquen os fondos propios dispoñibles para realizar o  investimento.
 Anexos asociados